El ciudadano solicitó la apertura de un expediente contra el Concello de Sarria por la falta de entrega de un certificado de acto presunto. Tras requerir al solicitante documentación aclaratoria y copia de su DNI, este manifestó que su intención era dirigirse al Defensor del Pueblo. La Comisión de Transparencia de Galicia decide dar por desistida la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
Se produce el desistimiento del procedimiento al no haber remitido el interesado la documentación requerida en el plazo establecido
2
La resolución se fundamenta en los artículos 21 y 68 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do
8 de agosto de 2018, a Presidenta da Comisión da Transparencia, en virtude da delegación de
competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 26 de xuño
de 2018, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 8 de agosto de 2018, unha reclamación na que solicita
apertura de expediente contra o Concello de Sarria, por incumprimento de documento
público, transcorrido con amplitude o prazo legal para a súa entrega, incumprindo as leis
vixentes. A dita reclamación acompaña copia dun escrito presentado ao Concello de Sarria no
que solicita certificado de acto presunto en relación a unha carta cuxos datos corresponden á
data do 10/11/2017 e 8/3/2018 de la Consellería de Facenda da Xunta de Galicia remitida a
este Ayuntamento.
Segundo: Con data do 31 de agosto de 2018, se lle remite requirimento pola Secretaría da
Comisión da Transparencia para que no prazo de dez días, aclare que información demandou
da Consellería de Sanidade, mediante a remisión de copia do documento no que, en base a
lexislación da transparencia, solicitou información á dita consellería, así como copia do seu
DNI.
O requirimento foi recibido o 12 de setembro de 2018 e a solicitante, con data de entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo do 26 de setembro, remite escrito no que informa que a súa
intención era dirixir o seu escrito ao Defensor del Pueblo, sen remitir a documentación que se
lle requiriu.
En base ao anterior, e de conformidade co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e en
virtude da delegación de competencias acordada pola Comisión da Transparencia en sesión
do 26 de xuño de 2018, para a resolución pola súa Presidenta das reclamacións nas que se
teña por desistido ao solicitante por non ter remitido en prazo a documentación que se lle
requira,
Acorda:
Ter por desistida da súa solicitude de apertura de
expediente contra a Consellería de Sanidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga