Desistimiento 26/06/2018

Reclamación contra la Consellería de Sanidade por incumplimiento en la entrega de documento público y resultado de desistimiento

El ciudadano solicitó la apertura de un expediente contra la Consellería de Sanidade por el incumplimiento en la entrega de un documento público. Tras requerir al solicitante que aclarase la información demandada y aportase su DNI, este manifestó que su intención era dirigirse al Defensor del Pueblo. La Comisión de Transparencia de Galicia decide tener por desistida la solicitud.

Puntos clave de la argumentación

1 La resolución se basa en los artículos 21 y 68 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común para declarar el desistimiento por falta de aportación de documentación requerida en plazo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 8 de agosto de 2018, a Presidenta da Comisión da Transparencia, en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 26 de xuño de 2018, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 8 de agosto de 2018, unha reclamación na que solicita apertura de expediente contra a Consellería de Sanidade, por incumprimento de documento público, transcorrido con amplitude o prazo legal para a súa entrega, incumprindo as leis vixentes. A dita reclamación acompaña copia dun escrito presentado á Consellería de Sanidade no que solicita certificado de acto presunto en relación a unha carta cuxos datos corresponden á data do 10/11/2017 e 8/3/2018 de la Consellería de Facenda da Xunta de Galicia remitida a este Ayuntamento. Segundo: Con data do 31 de agosto de 2018, se lle remite requirimento pola Secretaría da Comisión da Transparencia para que no prazo de dez días, aclare que información demandou da Consellería de Sanidade, mediante a remisión de copia do documento no que, en base a lexislación da transparencia, solicitou información á dita consellería, así como copia do seu DNI. O requirimento foi recibido o 12 de setembro de 2018 e a solicitante, con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 26 de setembro, remite escrito no que informa que a súa intención era dirixir o seu escrito ao Defensor del Pueblo, sen remitir a documentación que se lle requiriu. En base ao anterior, e de conformidade co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e en virtude da delegación de competencias acordada pola Comisión da Transparencia en sesión do 26 de xuño de 2018, para a resolución pola súa Presidenta, das reclamacións nas que se teña por desistido ao solicitante, por non ter remitido en prazo a documentación que se lle requira, Acorda: Ter por desistida da súa solicitude de apertura de expediente contra a Consellería de Sanidade. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga