El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Función Pública y a la Consellería de Cultura documentación sobre la amortización de una plaza y un expediente disciplinario de 2002. La administración denegó el acceso por considerarlo abusivo y repetitivo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legal de un mes.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada el 4 de junio de 2018 frente a una resolución recibida el 16 de abril de 2018, superando el plazo de un mes establecido en el artículo 24.2 de la Ley 19/2013.
2
La administración alegó que la solicitud era manifiestamente repetitiva y abusiva dado que el interesado ya había tenido acceso íntegro a la documentación en procesos judiciales previos.
3
Se procedió a la inadmisión de la reclamación por extemporánea conforme al artículo 116.d) de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamacións
presentadas ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 4 de xuño de
2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos
que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito do 4 de xuño de 2018, que tivo
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de setembro de 2018, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a resolución da Dirección Xeral de Función Pública do 16 de abril de 2018,
pola que solicitou copia da documentación relativa á amortización da praza Xefe de Sección
de Asesoramento Lingüístico, da Dirección Xeral de Política Lingüística, coa tramitación
administrativa que se seguiu para ese obxecto, desde o inicio do procedemento ata o
momento no que se declara oficialmente amortizada a praza, incluídos os informes e
comunicacións que se rexistrasen e que xustifiquen tal actuación, tanto relativos á
modificación inicial coma á posterior supresión e creación doutra e copia da documentación
que obre en poder da Xunta de Galicia respecto do expediente disciplinario que se seguiu
contra o solicitante no ano 2002.
O reclamante considera que a resposta da Administración que recibiu o 16 de abril de 2018,
fai unha interpretación abusiva do criterio do que deben entenderse como solicitude
manifestamente repetitiva dado que non poden entenderse como tal unha solicitude que se
atendeu hai once anos, e fai unha serie de consideracións sobre o procedemento de
amortización do posto que o reclamante ocupaba e sobre o procedemento de remoción da
súa praza.
Segundo. O 12 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Dirección Xeral de Función Pública para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a
recepción do dito traslado o 24 de setembro de 2018.
Terceiro. O 4 de outubro de 2018 ten entrada no rexistro do Valedor do Pobo oficio da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co
que remite copia do expediente de acceso á información pública e informe no que en síntese
manifesta que en referencia á petición de información sobre o expediente disciplinario
incoado ao solicitante no ano 2002, que é a parte da solicitude que é competencia desa
Consellería, a petición do reclamante foi respondida con data do 11/06/2018, polo director
xeral de Centros e Recursos Humanos, inadmitindo o acceso solicitado no mesmo senso que
na resolución da Dirección Xeral da Función Pública, dado o carácter abusivo e repetitivo da
solicitude do reclamante, tendo en conta que o interesado tivo acceso íntegro a toda a
documentación do expediente, non só na súa condición de parte demandante no
procedemento abreviado 170/2003 do Xulgado do contencioso Administrativo N.1 de
Santiago de Compostela (rematado mediante a sentenza do 29/03/2014), senón tamén na
súa condición de parte interesada durante a tramitación administrativa previa do expediente
disciplinario que foi obxecto de impugnación posterior a través do devandito procedemento
xudicial.
Cuarto. Con data do 9 de outubro de 2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
informa da Dirección Xeral de Función Pública, no que en síntese manifesta que a
contestación da Dirección Xeral de Función Pública xustifica o non acceso á documentación
por considerala, en aplicación da normativa vixente e a interpretación que da mesma fai o
Consello de Transparencia e Bo Goberno (CI 003/2016, do 14 de xullo), reiterativa e abusiva,
dado que no referente á documentación sobre a amortización do posto de xefatura de
sección, tal e como consta no Antecedente de Feito segundo da Sentenza n2 18/07, do
Xulgado Contencioso Administrativo n9 2 de Santiago de Compostela da que xunta copia, o
expediente administrativo de referencia xa foi reclamado á Administración demandada,
ambas partes compareceron e foron practicadas as probas admitidas, non constando que se
reclamara por parte da demanda nova ou complementaria documentación non obrante no
expediente remitido.
Ademais indica que as solicitudes realizadas xa foron contestadas no mesmo senso, directa
ou incidentalmente, con anterioridade (unha vez adquiriron firmeza en vía xudicial os
expediente solicitados) por diversos escritos no ano 2015.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se
axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que
as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa, debendo a
reclamación interporse dentro do prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado.
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, a
resolución da Dirección Xeral de Función Pública que se impugna, tivo saída o 10 de abril do
2018, e se recibiu polo interesado o 16 do mesmo mes. O reclamante presentou a súa
reclamación o 4 de xuño de 2018, segundo consta na súa reclamación, polo que transcorreu
o prazo dun mes que establece o artigo 24.2 da Lei 9/2013, procedendo en consecuencia a
inadmisión da reclamación presentada por extemporánea, de conformidade co disposto no
artigo 116.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a resolución da
Dirección Xeral de Función Pública do 16 de abril de 2018, pola que se resolve a súa
solicitude de acceso á información.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga