El ciudadano solicitó a la Consellería de Infraestruturas e Vivenda el expediente sancionador AXI/OU/2018/05 y la identidad del autor de las fotografías adjuntas. Tras la denegación, el interesado reclamó alegando vulneración de sus derechos. La Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación porque el solicitante es interesado en el expediente, debiendo aplicar la normativa administrativa común.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión determina que, al tener el solicitante la condición de interesado en el expediente sancionador en curso, se aplica la disposición adicional primera de la Ley 19/2013.
2
Se establece que la normativa reguladora del procedimiento administrativo específico prevalece sobre la normativa general de transparencia para quienes tengan la condición de interesados.
3
La reclamación es inadmitida al considerarse que el acceso a la información en este caso concreto debe regirse por la normativa del procedimiento administrativo y no por la ley de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamacións
presentadas ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 30 de
agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada o 30 de
agosto de 2018, no rexistro do Valedor do Pobo, unha reclamación ao amparo do disposto
no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
Resolución da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 17 de agosto de 2018, pola que se
inadmite a súa solicitude de acceso á información pública presentada ante a referida
Consellería o 18 de xullo de 2018, na que solicita Informe completo do expediente
sancionador AXI/OU/2018/05 e información do autor das fotografías que acompañan á
proposta de resolución do expediente
O interesado considera que se lle negou a información solicitada, que a consellería de forma
sistemática non aplica a normativa vixente nin respecta o dereito dos cidadáns, valores
superiores que contan con amparo constitucional e pide que se eleva a queixa ante a
comisión de peticións do Parlamento de Galicia e ante o ministerio público.
Acompaña co seu escrito de recurso, copia da resolución do 17 de agosto de 2018, da
Consellería de Infraestruturas e Vivenda contra a que reclama.
Segundo. O 4 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para que,
en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e
ordenada do expediente. Consta a recepción do dito traslado o 13 de setembro de 2018.
Terceiro: Con data do 26 de setembro de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Infraestruturas e Vivenda remite o expediente e o informe solicitado no que en síntese
manifesta o seguinte:
O 18/07/2018 tivo entrada no Rexistro da Xunta de Galicia un escrito de
no que solicita diversa documentación relacionada cun expediente sancionador que
se lle está a tramitar en materia de estradas e con data do 17/08/2018 ditouse resolución
expresa sobre a petición formulada que se notificou ao solicitante. Por tanto a solicitude
presentada por foi debidamente resolta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se
axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que
as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
No presente caso a resolución impugnada foi recibida polo interesado o 27 de agosto de
2018, e a reclamación interpúxose o 30 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente.
Segundo consta na resolución da Secretario Xeral Técnico da Consellería de Infraestruturas e
Vivenda, o Sr. solicitou inicialmente a seguinte información:
Informe completo do expediente sancionador AXI/Ou/2018/05
Autor das fotografías que acompañan á proposta de resolución do sancionador.
No referido expediente, que se atopa en curso, o reclamante ten a condición de interesado,
polo que, de acordo do disposto na disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debe ser a
normativa reguladora dese procedemento administrativo e non a normativa xeral de
transparencia, a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados no
mesmo, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada respecto da reclamación
da información que forma parte deste expediente.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a resolución
da Secretario Xeral Técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 17 de agosto de
2018.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/11008, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga