Inadmitida 26/10/2018 · 57 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información de expediente sancionador e infracciones caducadas en Ourense

El ciudadano solicitó información sobre un expediente sancionador y datos de infracciones caducadas a la Consellería de Infraestruturas e Vivenda. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque el acceso a la información de un expediente donde el solicitante es interesado se rige por la normativa del procedimiento administrativo y no por la de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 El acceso a la información de un procedimiento administrativo en curso por parte de quien tiene la condición de interesado se rige por la normativa reguladora de dicho procedimiento y no por la Ley de Transparencia.
2 La reclamación relativa a expedientes caducados fue inadmitida al no combatir el interesado los motivos de la resolución impugnada ni fundamentar la reclamación en motivos de nulidad o anulabilidad.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamacións presentadas ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 30 de agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada o 30 de agosto de 2018 no rexistro do Valedor do Pobo, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 17 de agosto de 2018, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información pública presentada ante a referida Consellería o 19 de xullo de 2018, relativa ao procedemento sancionador OU/2018/5, así como a súa solicitude de información sobre o número de infraccións caducadas en materia de estradas que se reiniciaron despois da súa fase de caducidade en Ourense. O interesado considera que se lle negou a información solicitada, que a consellería de forma sistemática non aplica a normativa vixente nin respecta o dereito dos cidadáns, valores superiores que contan con amparo constitucional e pide que se eleva a queixa ante a comisión de peticións do Parlamento de Galicia e ante o ministerio público, e que non se lle remitiu información sobre o número de expedientes sancionadores en fase de caducidade que se activaron de oficio pola delegación provincial de Ourense. Acompaña co seu escrito de recurso, copia da resolución do 17 de agosto de 2018, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda contra a que reclama. Segundo. O 4 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a recepción do dito traslado o 13 de setembro de 2018. Terceiro: Con data do 26 de setembro de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda remite o expediente e o informe solicitado no que en síntese manifesta o seguinte: O 18/07/2018 tivo entrada no Rexistro da Xunta de Galicia un escrito de no que solicita diversa documentación relacionada cun expediente sancionador que se lle está a tramitar en materia de estradas e con data do 17/08/2018 ditouse resolución expresa sobre a petición formulada, que se notificou ao solicitante. Por tanto a solicitude de foi debidamente resolta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso a resolución impugnada foi recibida polo interesado o 17 de agosto de 2018, e a reclamación interpúxose o 30 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente. Segundo consta na resolución da Secretario Xeral Técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, o solicitou inicialmente a seguinte información:  Autorización dos propietarios no expediente sancionador OU/2018/5.  Orde de encargo ao xefe de servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense para realizar informe no expediente sancionador OU/2018/5.  Datos de realización de informe para o expediente sancionador OU/2018/5.  Petición de expedientes caducados en materia de estradas de Ourense e número de infraccións caducadas que se reiniciaron despois da súa fase de caducidade en Ourense. De acordo coa mesma resolución, a información refírese a un procedemento administrativo sancionador (OU/2018/5), que se atopa en curso, e no cal o solicitante ten a condición de interesado, feito este que non é negado polo reclamante. Por tanto, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados no mesmo, polo que debe ser a normativa que rexe o expediente no que o reclamante ten a condición de interesado, pola que se rexa o acceso á información solicitada, procedendo a inadmisión da reclamación presentada respecto da solicitude da información que forma parte deste expediente. Por outra banda, respecto da solicitude dos expedientes caducados en materia de estradas de Ourense e o número de infraccións caducadas que se reiniciaron despois da súa caducidade, o informe refire que se trata dunha solicitude xa resolta con data de 20 de maio de 2018 na que se inadmitiu a solicitude en base á causa de inadmisión do artigo 18.1. c) da Lei 19/2013, dado que se trata dunha información para cuxa divulgación é necesaria unha acción previa de reelaboración, así como no 18.1.e) que establece como causa de inadmisión as solicitudes-que sexan manifestamente repetitivas ou teñan carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei. O artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que contra as resolucións poderán interpoñerse polos interesados os recursos de alzada e potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 desta Lei. O artigo 115.b) establece que os recursos deberán expresar a razón da súa impugnación, e o 116.e) establece como causa de inadmisión, que o recurso careza manifestamente de fundamento. No presente caso, o interesado non combate os motivos de inadmisión da resolución que impugna, nin fundamenta a súa reclamación en ningún motivo de nulidade ou anulabilidade da resolución impugnada, polo que procede a inadmisión da reclamación interposta. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a resolución da Secretario Xeral Técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 17 de agosto de 2018. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga