Inadmitida 26/10/2018 · 66 días en resolverse

Solicitud de acceso a expedientes de diversos derechos mineros y resultado de inadmisión de la reclamación

El ciudadano solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria copia íntegra de expedientes de siete derechos mineros. Tras un requerimiento de concreción no respondido por el solicitante, la administración lo dio por desistido. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación al considerar correcta la actuación administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración actuó conforme al artículo 19.2 de la Ley 19/2013 al requerir la identificación suficiente de la información solicitada debido a la generalidad de la petición.
2 Se puso a disposición del interesado la totalidad de la documentación y el asesoramiento de funcionarios para concretar la solicitud, opción que el ciudadano no utilizó.
3 La resolución de desistimiento fue correcta ya que el interesado no respondió al requerimiento de concreción ni se personó en la sede administrativa.
4 La Comisión considera que las medidas de identificación de documentación adoptadas por la administración son respetuosas con los principios de eficiencia y transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada por , mediante escrito presentado con data do 21 de agosto de 2018, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. , presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de agosto de 2018, unha reclamación ao amparo da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada pos silencio administrativo, unha solicitude de información presentada con data do 13 de xullo no Rexistro do Concello de Triacastela dirixida á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na que solicitaba copia íntegra e ordenada, en formato dixital (DVD ou sistema de transferencia de arquivos), da totalidade dos documentos que formen parte de expedientes individualizados (outorgamento de permisos de investigación/autorización/concesión, proxecto mineiro, plano de restauración, planos de labores, avaliación e seguimento ambiental, transmisión de titularidade, modificacións ou revisións de proxectos mineiros e planos de restauración, caducidade, clausura, ou calquera que obren en poder do organismo), coa única excepción dos expedientes sancionadores non finalizados e expedientes relativos a accidentes laborais de traballadores individualizados, correspondentes aos dereitos mineiros de San Rafael n°2946, Fornás n.°7116, Boqueixón n°7168, Gamás n°7144, Fuente Rosas n°7115, Fuente Rosas Oeste n°7119 e Touro n°7167. Segundo. O 4 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación presentada polo interesado á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. O requirimento recibiuse pola administración o 10 de setembro de 2018. Terceiro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu con data do 26 de setembro de 2018, copia do expediente e o informe correspondente a esta solicitude da Dirección Xeral de Enerxía e Minas no que en síntese manifesta o seguinte: Con data do 27 de xullo de 2018, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña remitiu requirimento a para que no prazo de 10 días identificase de forma suficiente a información solicitada, de conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 19/2013, indicándolle que, no caso de non facelo, se lle tería por desistido da súa petición, e que se suspende o prazo para ditar resolución. No dito requirimento, a efectos de identificar a documentación do seu interese indicábaselle que se poñía á súa disposición toda a documentación que conforma os diferentes expedientes relativos aos dereitos mineiros solicitados. O interesado recibiu a notificación do requirimento con data do 16 de agosto de 2018, sen que lle dera resposta ao mesmo nin presentara escrito algún e sen que fixera uso da opción de personarse na xefatura territorial, polo que con data 25 de setembro de 2018 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña resolve telo por desistido da súa solicitude. Por outra banda o informe manifesta que a solicitude encerra múltiples solicitudes acceso á información ás que se lles aplicaría un marco lexislativo diferente, dependo do tipo de documentación que conteña o documento ou expediente do dereito mineiro que se pretenda coñecer. Non é posible identificar toda a documentación solicitada dada a xeneralidade intencionada da petición en termos como "Copia íntegra e ordenada, en formato dixital, da totalidade dos documentos que formen parte de expedientes individualizados" ou "calquera que obren en poder do organismo", polo que resulta imprescindible a súa concreción. A documentación administrativa relativa a un dereito mineiro constitúese por multitude de expedientes ao longo do tempo de extensión e duración variable relacionados con diferentes aspectos dos dereitos mineiros ou ámbitos da actividade. Como resulta evidente pola redacción da petición estase pedindo a totalidade dos expedientes citándose a modo de exemplo, entre parénteses, os tipos de expedientes que poden formar parte dun dereito mineiro, engadindo incisos tan xenéricos como "totalidade dos documentos que formen parte de expedientes individualizados" e "calquera que obren en poder do organismo" e non para un dereito mineiro, senón para sete. Indícase a titulo de exemplo que soamente coa explotación solicitada, San Rafael n° 2946, a documentación posta a disposición do solicitante consta aproximadamente de 20.000 folios contidos en 52 caixas de arquivo. A solicitude se fai durante a actual tramitación do expediente de "Actualización del Proxecto de Explotación vixente de cobre de Touro" relativo á explotación mineira San Rafael n° 2946, do que xa rematou o período de información publica o 6/10/2017 e no que foron recibidas máis de 2.000 alegacións moitas das cales inclúen tamén solicitudes de acceso á información que afectan tanto a esta explotación mineira como ás restantes existentes nos concellos de Touro e O Pino, que provoca unha situación de colapso administrativo que impide o normal funcionamento dos servizos administrativos e a tramitación nos reducidos prazos previstos legalmente para o acceso á información. Considera que pese a que a actuación deliberada do reclamante na inconcreción da solicitude podería dar lugar, por si mesma, á aplicación do criterio interpretativo do CTBG Cl/003/2016 consonte o cal unha solicitude pode entenderse abusiva, a Administración mineira, dende un posicionamento activo a prol da transparencia non inadmitiu a solicitude por este motivo, senón que intentou tramitar a solicitude requirindo a súa concreción e facilitándolle medios parta facelo, para o que se puxo a súa disposición toda a documentación que conforma os diferentes expedientes relativos aos 7 dereitos mineiros sobre os que versa a solicitude, concedéndolle un prazo de dez días durante o cal podería personarse na Xefatura Territorial as veces que o considerase necesario e co asesoramento dos funcionarios presentes durante a consulta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Quinto.- Análise do expediente Debe terse en conta en primeiro lugar que a información que se solicita ten carácter medioambiental, polo que de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Por outra banda, tal e como consta no informe e na copia do expediente remitido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas, dende a Xefatura Territorial da Coruña, requiriuse ao solicitante para que de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, identificase de forma suficiente a documentación do seu interese, dado que a solicitude estaba referida a sete dereitos mineiros, constituído cada un deles por multitude de expedientes. No requirimento indicábaselle que se poñía á súa disposición toda a documentación que conforma os diferentes expedientes relativos aos dereitos mineiros solicitados, que podería personarse na Xefatura Territorial as veces que considerase necesario e que contaría co asesoramento dos funcionarios presentes na consulta. Tal e como establece a Lei, indicóuselle que, no caso de non identificar de forma suficiente a información solicitada, se lle tería por desistido da súa petición, e que o requirimento suspende o prazo para ditar resolución. O interesado recibiu a notificación do requirimento con data 16 da agosto de 2018, sen que lle dera resposta ao mesmo nin presentara escrito algún e sen que fixera uso da opción de personarse na xefatura territorial, presentando en cambio reclamación ante esta Comisión o 21 de agosto de 2018. De acordo co anterior, procede a inadmisión da reclamación presentada por carecer a reclamación de fundamento, de conformidade co disposto no artigo 116.1.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, constatado que a Xefatura Territorial tramitou o expediente de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, realizando correctamente o requirimento de identificación do contido da solicitude que o interesado non concretou, polo que, con data do 25 de setembro de 2018 resolveu telo por desistido da mesma, sen que proceda entrar a valorar nesta reclamación, o carácter ambiental ou non da información solicitada e non concretada polo reclamante. Como en anteriores resolucións desta Comisión, reitérase que as medidas adoptadas pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña para a identificación polos solicitantes da documentación do seu interese, é respectuosa en todo momento cos principios de eficiencia na actuación administrativa e de transparencia no acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Inadmitir a reclamación presentada por , contra a tramitación da súa solicitude de acceso á información en materia de diversos dereitos mineiros presentada ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria o 13 de xullo de 2018. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga