Inadmitida 26/10/2018 · 70 días en resolverse

Solicitud de información sobre la vía OU-113 y el expediente 2018/05 de la Axencia Galega de Infraestruturas, resuelta con inadmisión

El ciudadano solicitó a la Axencia Galega de Infraestruturas información sobre la instalación de señales en la vía OU-113, productos químicos usados para quemar maleza y el expediente 2018/05. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por interponerse prematuramente antes de que transcurriera el plazo legal.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso contra la falta de contestación a solicitudes presentadas el 16 y 24 de julio de 2018.
2 El órgano considera que no había transcurrido el plazo de un mes desde la solicitud hasta la reclamación para que operara el silencio administrativo.
3 Se determina que la reclamación fue presentada contra un acto no susceptible de recurso al no haberse agotado el tiempo de espera legal.
4 La decisión se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del procedimiento administrativo común.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamacións presentadas ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 17 de agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada o 17 de agosto de 2018, no rexistro do Valedor do Pobo, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falta de contestación á súa solicitude á Axencia Galega de Infraestruturas, de documentación referente ao á vía OU 113 e ao expediente da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense 2018/05. En concreto solicitou nas seguintes data a documentación que se relaciona a continuación: 1) En solicitude do 24 de xullo de 2018: data na que foron instalados (mes e ano) os sinais verticais que indican os puntos quilométricos na vía Ou-113 (Vilar de Barrio, Laza-Verín), qué tipo de produto químico utiliza ou ben está a utilizar AXI para queimar a maleza nas zonas anexas á vía Ou-113 (Vilar de Barrio, Laza- Verín), quen ou quen realizan tales traballos e importe dos traballos, quilómetros afectados. 2) En solicitude do 16 de xullo de 2018: informe completo do expediente da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense 2018/05, información do autor ou autores das fotografías que acompañan á proposta de resolución do expediente sancionador e desde cando a AXI Ourense ten na súa custodia tales fotografías Segundo. O 4 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a recepción do dito traslado o 10 de setembro de 2018. Terceiro: Con data do 5 de outubro de 2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda na que remite o informe e o expediente solicitado. No informe se fai constar que a solicitude de acceso á información tivo entrada no rexistro da Xunta de Galicia o 24 de xullo de 2018, con data do 10 de agosto de 2018 ditouse resolución polo Director da Axencia Galega de Infraestruturas que se remitiu ao interesado coa mesma data e foi recibida polo mesmo con data do 20 de agosto de 2018. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado presentou as súas solicitudes de acceso á información o 16 e 24 de xullo de 2018, e a reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude, no Rexistro da Xunta de Galicia o 10 de agosto de 2018, tendo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 17 do mesmo mes. De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, desde a presentación da súa solicitude no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Inadmitir, por presentarse contra un acto non susceptible de recurso, a reclamación presentada por . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga