Inadmitida 26/10/2018 · 70 días en resolverse

Solicitud de documentación sobre el Mosteiro de Trandeiras y resultado de inadmisión por prematura

El ciudadano solicitó al Concello de Xinzo da Limia documentación sobre el Mosteiro de Trandeiras. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque se interpuso antes de que transcurriera el plazo de un mes necesario para que operara el silencio administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue interpuesta el 17 de agosto de 2018, habiendo recibido el Ayuntamiento la solicitud original el 27 de julio de 2018.
2 No transcurrió el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación.
3 Al no haberse producido los efectos del silencio administrativo, la reclamación se presenta contra un acto no susceptible de recurso según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia nas reclamacións presentadas ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 17 de agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada o 17 de agosto de 2018, no rexistro do Valedor do Pobo, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5º da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falta de contestación á súa solicitude ao Concello de Xinzo da Limia, de documentación referente ao Mosteiro de Trandeiras, sempre que se trate dun ben de titularidade municipal. Segundo. O 4 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Xinzo da Limia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Consta a recepción do dito traslado o 9 de setembro de 2018. Terceiro. O 14 de setembro de 2018 ten entrada no rexistro do Valedor do Pobo oficio do Concello de Xinzo da Limia, no que informa que debido ao volume de traballo do Gabinete técnico municipal e o período de vacacións, non foi posible o cumprimento do solicitado con data do 27 de xullo de 2018, e que o pasado 9 de setembro se remitiu a información ao solicitante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado presentou a súa solicitude de acceso á información o 24 de xullo de 2018, que tivo entrada no Concello de Xinzo da Limia, segundo consta no seu informe, o 27 de xullo de 2018. A reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude, a presentou o interesado no Rexistro da Xunta de Galicia o 10 de agosto de 2018, tendo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 17 do mesmo mes. De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Xinzo da Limia, órgano competente para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Inadmitir, por presentarse contra un acto non susceptible de recurso, a reclamación presentada por . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga