Inadmitida 26/10/2018 · 77 días en resolverse

Reclamación contra medidas provisionales de acceso a expedientes de derechos mineros y su posterior desistimiento

El Sindicato solicitó expedientes administrativos de varios derechos mineros a la Consellería de Economía, Emprego e Industria. Alegó que las medidas provisionales de acceso presencial eran onerosas y vulneraban sus derechos. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por considerar que la información es de naturaleza medioambiental y debe tramitarse según la Ley 27/2006.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada versa sobre el estado de elementos del medio ambiente y medidas administrativas que afectan a sectores ambientales, encajando en el concepto de información ambiental del art. 2 de la Ley 27/2006.
2 De acuerdo con la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013, las materias con régimen jurídico específico, como la información ambiental, deben tramitarse por su normativa propia.
3 La normativa de transparencia tiene un carácter supletorio respecto a aquellas materias que ya cuentan con una regulación específica de acceso a la información.
4 La Comisión carece de competencia para resolver la reclamación debido al carácter ambiental de la información solicitada, lo que excluye la valoración sobre la onerosidad de las medidas adoptadas.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada por en representación do Sindicato , mediante escrito presentado con data do 10 de agosto de 2018, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. en representación do Sindicato , presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de agosto de 2018, unha reclamación ao amparo da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a medida provisional adoptada por Resolución do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no expediente de solicitude de información referente aos expedientes AIP-MI-0O2018/031 AIP-MI-0O2018/052 e AIP-MI- 0O2018/081, no que solicita a declaración da nulidade de pleno dereito da referida resolución, por vulnerar dereitos das persoas interesadas e ao prescindir do procedemento legalmente establecido na tramitación do acceso á información solicitada e solicita a revisión do acordo adoptado, previa declaración da nulidade radical do mesmo, e que se diferencia entre a documentación histórica á que poden acceder sen trabas as persoas lexitimadas, a documentación ambiental á que poden acceder ás persoas interesadas nos termos da Lei 27/2006 e o resto da documentación administrativa á que se lle aplicará a Lei 19/2013. Segundo. O 5 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación presentada polo interesado á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. O requirimento recibiuse pola administración o 15 de setembro de 2018. Terceiro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu con data do 25 de setembro de 2018, o informe correspondente a esta solicitude da Dirección Xeral de Enerxía e Minas no mesmo senso que o remitido nas reclamacións contra solicitudes de información idénticas e que foron obxecto de expedientes desta Comisión cos números RSCTG 57/2018, RSCTG 58/2018, RSCTG 59/2018, RSCTG 60/2018, RSCTG 61/2018, RSCTG 62/2018 e RSCTG 65/2018, no que en síntese manifesta o seguinte: O Sindicato presentou escritos con datas 2 de outubro de 2017, 8 de marzo de 2018 e 5 de xuño de 2018, respecto dos cales se formula a reclamación RSCTG 092/2018. O primeiro dos escritos ten como asunto "Alegacións ao proxecto de explotación, plan de restauración e estudio de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael ng 2946", que foi presentado como alegacións durante a información pública da actualización do proxecto de explotación da concesión, polo que a súa tramitación seguiu o seu curso ata o momento no que se produciu a análise das 2.000 alegacións presentadas e se comprobou que incluía entre as diversas consideracións e alegacións unha petición de acceso a información, motivo polo cal non se lle deu tramitación como solicitude de acceso ata o 8 de maio de 2018. En concreto entre as diversas consideracións e alegacións incluía, en cumprimento do disposto na Lei 27/2006, acceso á información, participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, alén do disposto na Lei 1/2016, se lle facilite copia en formato dixital do expediente administrativo completo relativo á concesión de explotación AC/C/2946 "San Rafael", dende os inicios e ata a actualidade, excluíndo apenas aqueles datos (e non documentos) obxecto de protección persoal e que en virtude do anterior, se facilite copia en formato dixital dos expedientes administrativos completos relativos aos dereitos mineiros AC/C/7116 "Fornás", AC/C/7168 "Boqueixón", AC/C/7144 "Gamás", AC/C/7115 "Fuente Rosas", AC/C/7119 "Fuente Rosas Oeste" e AC/C/7167 "Touro". O segundo escrito é idéntico no seu teor literal ás peticións formuladas nas solicitudes acumuladas no expediente n2 ce2946.10.04.2018/31-ACUM, respecto do cal xa tivo oportunidade de pronunciarse a Comisión de Transparencia de Galicia (en adiante CTG) dado que dou lugar á presentación das reclamacións números RSCTG66/2018, RSCTG62/2018, RSCTG61/2018, RSCTG60/2018, RSCTG59/2018, RSCTG58/2018 e RSCTG57/2018, todas elas inadmitidas. Por último, o 5 de xuño de 2018, preséntase un terceiro escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña no que se formulan as seguintes peticións: -En cumprimento do disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, polo que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, alén do disposto no Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, se lle facilite copia en formato dixital, do expediente administrativo completo relativo á concesión de explotación AC/C/2946 "San Rafael", dende os inicios e ata a actualidade, excluíndo apenas aqueles datos (e non documentos) obxecto de protección persoal e dos expedientes administrativos completos relativos aos dereitos mineiros AC/C/7116 "Fomás", AC/C/7168 "Boqueixón", AC/C/7144 "Gamás", AC/C/7115 "Fuente Rosas", AC/C/7119 "Fuente Rosas Oeste" e AC/C/7167 "Tauro". En síntese o mesmo solicitante presenta tres escritos, o primeiro constitúe un escrito de alegacións nun procedemento en tramitación e nel inclúese unha petición de información substancialmente idéntica á que posteriormente se presenta no terceiro escrito, ambos afectan a 7 dereitos mineiros entre os que se encontra a concesión de explotación San Rafael nº 2946. O segundo dos escritos circunscríbese á concesión de explotación San Rafael e, como xa se dixo, é idéntico ás solicitudes que foron obxecto de acumulación no expediente n9 ce2946.10.04.2018/31-ACUM. Dada a presentación sucesiva de solicitudes de petición de información polo mesmo solicitante, aínda que non se acordou expresamente unha acumulación, debido á súa similitude, o día 2 de xullo de 2018, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña acorda, para as tres solicitudes, a adopción da medida provisional de acceso mediante a posta a disposición do solicitante de toda a documentación que conforma os múltiples expedientes relativos aos 7 dereitos mineiros, San Rafael 2946, Fornás n9 7116, Boqueixón n2 7168, Gamás nº 7144, Fuente Rosas n9 7115, Fuente Rosas Oeste n2 7119 e Touro nº 7167, para que o solicitante proceda á adecuada identificación dos expedientes e documentos concretos do seu interese, ao abeiro do disposto no artigo 56.1 da Lei 39/2015, do 31 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con data 5 de xullo de 2018 a Xefatura Territorial remite o acordo de adopción de medida provisional ao Sindicato , así como aos demais interesados, Río Narcea Nickel SA, Explotaciones Gallegas SL, Minas Metálicas del Noroeste SL, Cobre San Rafael SL e Explotaciones Gallegas del Cobre SL, en canto solicitantes ou titulares dos dereitos mineiros, e se lle advertía expresamente que, de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, transcorrido o prazo de quince días indicado sen que se produza a identificación dos concretos expedientes e documentos do seu interese, entenderase incumprido o requirimento e teráselle por desistido da súa solicitude. O Sindicato recibiu a comunicación da adopción da medida provisional con data 13 de xullo de 2018, e durante o prazo concedido non compareceu nin presentou escrito algún no que identificara ou concretara a información que solicita, nin solicitou unha ampliación do prazo concedido. Con data 10 de xullo de 2018 a sociedade Cobre San Rafael SL, titular da concesión de explotación San Rafael n2 2946, recibe a notificación do acordo das medidas provisionais e o 30 de xullo de 2018 ten entrada na Xefatura Territorial da Coruña o seu escrito no que manifesta a súa total oposición ao acceso. Con data 7 de agosto de 2018 as sociedades Minas Metálicas del Noroeste SL, como solicitante do permiso de investigación Fornás nº 7116, e a sociedade Explotaciones Gallegas del Cobre SL, como titular dos permisos de investigación Gamás n2 7144, Fuente Rosas nº 7115 e Fuente Rosas Oeste nº 7119, presentan ante o Valedor do Pobo sendos recursos potestativos de reposición (E.7.Q/17237/18) e (E.7.Q/17238/18), contra a adopción das medidas provisionais acordadas, os cales foron remitido por esa Institución do Valedor do Pobo á Consellería de Economía, Emprego e Industria o 24 de agosto de 2018, onde están sendo obxecto de tramitación como recursos administrativos ao abeiro da normativa xeral reguladora do procedemento administrativo, dado o réxime de recurso establecido para os supostos de información medioambiental. Cuarto. Con data do 9 de outubro de 2018, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria remite oficio con informe complementario do director xeral de Enerxía e Minas, e documentación relativa ao acordo de acumulación de solicitudes emitida pola Xefatura Territorial da Coruña. No informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas reitérase a solicitude de inadmisión da reclamación presentada ante a Comisión da Transparencia de Galicia, tendo en conta que se trata de solicitudes de información de contido medioambiental e, subsidiariamente, a desestimación da reclamación dada a resolución finalizadora do procedemento pola que se declara ao Sindicato Labrego Galego desistido das súas solicitudes. O acordo da Xefatura Territorial da Coruña do 28 de setembro de 2018, acumula os expedientes referentes ás solicitudes correspondentes aos dereitos mineiros San Rafael n2 2946, Fornás nº 7116, Boqueixón n2 7168, Gamás n2 7144, Fuente Rosas n2 7115, Fuente Rosas Oeste n2 7119 e Touro n2 7167. Pola súa banda, a resolución da Xefatura Territorial do 1 de outubro de 2018 resolve ter por desistido da súa solicitude ao Sindicato , por canto con data do 2 de xullo de 2018, acordouse a adopción da medida provisional de acceso mediante a posta a disposición do solicitante de toda a documentación que conforma os múltiples expedientes relativos aos 7 dereitos mineiros, para que procédese á adecuada identificación dos expedientes e documentos concretos do seu interese, o Sindicato recibiu a comunicación da adopción da medida provisional con data 13 de xullo de 2018, e durante o prazo de quince días concedido en ningún momento nin compareceu nin presentou escrito algún no que identificara ou concretara a información que solicita, nin solicitou a ampliación do prazo concedido. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que, segundo consta no informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas recibiu a resolución agora impugnada con data do 13 de xullo de 2018 e presentou a reclamación con data do 10 de agosto de 2018, débese considerar que o recurso está presentado en prazo. Quinto.- Análise do expediente O Sindicato considera que a resolución da Xefatura Territorial do 5 de xullo de 2018 referido á adopción de medidas provisionais na tramitación de expedientes de acceso á documentación, de 5 de xullo de 2018, notificada en data 13 de Xullo de 2018, non deben impedir o acceso á información pública, que as medidas provisionais responden á excepcionalidade da tramitación administrativa, e polo tanto, sempre deben adoptarse en base aos principios de proporcionalidade, efectividade e menos onerosidade e as ditadas son en exceso onerosas para as persoas lexitimadas, en tanto en canto, se lle require comparecer presencialmente ante a Administración, no prazo indicado por esta, e nas condicións expresadas no acordo adoptado, tendo en conta que como persoas interesadas afectadas teñen dereito a coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesadas e o dereito a acceder e a obter copia dos documentos contidos de acordo co artigo 53 da Lei 39/2015. Na documentación solicitada débese distinguir entre:  A documentación histórica, expresamente recoñecida a súa existencia no acordo ditado con data do 08/05/2018, no que segundo a Lei 15/1999, de 13 de outubro e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas, o carácter histórico de determinada documentación é compatible co acceso á mesma.  A documentación de carácter ambiental, á que se Ile aplica a Lei 27/2006.  A documentación sometida á Lei 9/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. De feito, segundo a Disposición adicional primeira deste texto legal referido ás Regulacións especiais do dereito de acceso á información pública: O Sindicato alega que segundo o artigo 56.4 da Lei 39/2015, non se poden adoptar medidas provisionais que poidan causar prexuizo de difícil ou imposible reparación aos interesados ou que impliquen violación de dereitos amparados polas leis e consideran que o acordo impugnado vulnera de xeito flagrante o dereito das persoas interesadas no seu lexítimo acceso á información, derivándose a súa nulidade de pleno dereito do feito de que a adopción de medidas provisionais non suspende a tramitación do expediente principal que é a autorización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), e polo tanto, sería moi posible que o acceso á información pública das persoas interesadas se prolongara máis alá da tramitación administrativa deste último, desvirtuando por tanto, o lexítimo acceso das persoas interesadas no acceso á información solicitada. A resolución supedita o acceso á información das persoas lexitimadas durante un prazo limitado a 15 días e de forma presencial, baixo a supervisión dos funcionarios e condiciona o acceso ao visto e bó do titular dos dereitos mineiros, o que estaría obstaculizando o acceso á información sobre unha documentación que xa debera estar a exposición do público no propio trámite de información pública incoado o 25 de agosto do ano pasado, e con respecto á cal, existe o dereito de acceso en tiña a través da sede electrónica da Administración, recoñecido pola propia Lei 39/2015, de 1 de outubro De acordo cos artigos 10, 11 e 12 da Lei 27/2006, non se contempla o trámite de audiencia algún en relación a terceiras persoas, posto que estamos a falar de información ambiental, polo que non se pode supeditar o acceso desta parte ao visto e prace do titular da explotación. Consideran que non se debe debe confundir o acceso xenérico á información administrativa co acceso específico á información ambiental, e por último, hai un tipo de documentación, a de carácter histórico a que si poden acceder as persoas interesadas sen traba algunha. Pola súa banda a Dirección Xeral de Enerxía e Minas fai constar que as peticións formuladas polo Sindicato na primeira e na terceira das solicitudes presentadas son xenéricas, referíndose aos expedientes completos de cada un dos dereitos mineiros San Rafael 2946, Fornás nº 7116, Boqueixón n2 7168, Gamás nº 7144, Fuente Rosas n2 7115, Fuente Rosas Oeste nº 7119 e Touro nº 7167, e nas que se invoca polo propio solicitante a Lei 27/2006, de acceso á información en materia de medio ambiente, e as peticións de documentación da segunda solicitude están referidas a autorizacións, requirimentos, informes ou actas relacionados coa restauración do espazo afectado pola explotación ou que teñan contido relevante desde un punto de vista medioambiental, polo que débese concluír que se trata de solicitudes de información ambiental que corresponde tramitar ao abeiro do réxime xurídico establecido na Lei 27/2006. Entrando na análise da información solicitada, debemos considerar que a información que se solicita ten carácter medioambiental, e así o considera tanto a Dirección Xeral como o propio sindicato tanto nas solicitudes iniciais como na reclamación. Por tanto, e como indica a Dirección Xeral no seu informe e como alude o Sindicato reclamante no seu escrito de reclamación, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva. De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 7/2006, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita, e sen que proceda entrar a valorar a onerosidade que o reclamante se limita a alegar sen xustificar, nin sobre a parte de documentación que pode considerarse histórica, que o reclamante non concreta. Como en anteriores resolucións desta Comisión, reitérase que as medidas adoptadas pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña para a identificación polos solicitantes da documentación do seu interese, é respectuosa en todo momento cos principios de eficiencia na actuación administrativa e de transparencia no acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Inadmitir a reclamación presentada por en representación do Sindicato , contra a medida provisional adoptada por Resolución do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no expediente de solicitude de información referente aos expedientes AIP-MI- 0O2018/031. AIP-MI-0O2018/052 e AIP-MI-0O2018/081. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga