Inadmitida 26/10/2018 · 87 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por falta de respuesta a una queixa sanitaria confundida con solicitud de transparencia

El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre los criterios de alta médica para pacientes con lesión del nervio facial. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el solicitante utilizó un formulario de queja y el procedimiento se rige por la ley de calidad de los servicios públicos y no por la ley de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no impugna la falta de contestación a una solicitud de acceso a la información, sino a un procedimiento de queixa sobre atención sanitaria.
2 El interesado utilizó un formulario de queixa (modelo PR 002A 100 A) y no una solicitud de acceso a la información pública.
3 El procedimiento se rige por la Ley 1/2015 de garantía de la calidad de los servicios públicos y el Decreto 129/2016 de atención a la ciudadanía en Galicia.
4 Al no tratarse de un acto susceptible de recurso en materia de acceso a la información pública, procede la inadmisión según el artículo 116.c de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 31 de xullo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 31 de xullo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Sanidade. O reclamante indicaba que solicitou á referida Consellería repetidamente que se lle informe de a partir de que ano de residencia pode un facultativo dar de alta a un paciente con lesión (permanente) do nervio facial e mordida aberta e que esa consulta nunca foi contestada. O escrito viña acompañado da súa solicitude de acceso á información pública mediante modelo de solicitude de Queixa PR 002A 100 A da Xunta de Galicia con data de entrada no Rexistro do 26 de xuño de 2018. Segundo. Con data7 de agosto de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Servizo Galego de Saúde para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de agosto de 2018 Terceiro. Con data 11 de setembro de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o interesado presentou no seu momento multitude de escritos referidos ao seu desacordo coa operación cirúrxica realizada no Hospital da Coruña. Nos seus escritos fai referencia a que non se lle informou adecuadamente sobre os resultados da operación, sinala a súa disconformidade coa alta hospitalaria que lle deron, e que se iniciara un expediente disciplinario a un facultativo. 0 expediente ten relación en todo momento coa atención sanitaria prestada nun centro hospitalario e o interesado ven utilizando en todo momento a vía establecida pola Lei 1/2015, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración desenvolta polo Decreto 129/2016, do 15 de setembro. En ningún momento solicita o acceso a ningunha información ou documentación pública, polo que o expediente non ten relación algunha co establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. En conclusión, a relación do interesado coa Consellería de Sanidade e co Servizo Galego de Saúde, ten orixe na queixa presentada de forma reiterada (máis de 100 escritos electrónicos) polo que considera mala atención sanitaria e pola disconformidade co resultado da operación cirúrxica, polo que entendemos que o recurso plantexado non debería ser admitido, por non ter relación coa Lei de transparencia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente o solicitante presentou a súa reclamación o 31 de xullo de 2018, unha vez transcorrido o prazo dun mes desde a solicitude sen que a Administración resolvese expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado presenta unha reclamación en materia de acceso á información pública, por non ter resposta a unha solicitude de queixa, presentada nun formulario correspondente a ese procedemento e dirixido á Consellería de Sanidade, Secretaría Xeral Técnica, no que mostra a súa desconformidade coa atención recibida no Servizo Galego de Saúde. Non existe no presente caso unha solicitude de información pública non atendida fronte ao que o interesado reclame, senón un procedemento de queixa no que o reclamante é interesado, e que se rexe polo disposto na Lei 1/2015, do 1 de abril de garantía da calidade dos servizos públicos da boa administración e no Decreto 129/2016, do 15 de setembro polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia. De acordo co anterior, ao non ter por obxecto a reclamación presentada polo impugnar a falta de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón a falta de contestación a un procedemento de queixa plantexado ao Servizo Galego de Saúde, de conformidade co disposto no artigo 116.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, por non tratarse dun acto susceptible de recurso en materia de acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 31 de xullo de 2018, contra a falta de contestación por parte do Servizo Galego de Saúde a unha queixa en materia de atención sanitaria. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga