El ciudadano solicitó un certificado de acto presunto a Política Social de Lugo. Tras presentar reclamación ante la Comisión de Transparencia de Galicia, el organismo requirió al solicitante documentación aclaratoria y copia del DNI, la cual no fue aportada. La Comisión de Transparencia de Galicia decide tener por desistida la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución se basa en los artículos 21 y 68 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.
2
Se produce el desistimiento al no haber remitido el solicitante en el plazo establecido la documentación requerida por la Secretaría de la Comisión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do
8 de agosto de 2018, a Presidenta da Comisión da Transparencia, en virtude da delegación de
competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 26 de xuño
de 2018, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 8 de agosto de 2018, unha reclamación na que solicita
apertura de expediente contra política Social de Lugo, por incumprimento de documento
público, transcorrido con amplitude o prazo legal para a súa entrega, incumprindo as leis
vixentes. A dita reclamación acompaña copia dun escrito presentado “a la atención de Política
Social de Lugo” no que solicita certificado de acto presunto en relación a unha carta cuxos
datos corresponden á data do 10/11/2017 e 8/3/2018 de la Consellería de Facenda da Xunta
de Galicia remitida a este organismo.
Segundo: Con data do 31 de agosto de 2018, se lle remite requirimento pola Secretaría da
Comisión da Transparencia para que no prazo de dez días, aclare que información demandou
a Política Social de Lugo, mediante a remisión de copia do documento no que, en base a
lexislación da transparencia, solicitou información á dita consellería, así como copia do seu
DNI.
O requirimento foi recibido o 12 de setembro de 2018 e a solicitante, con data de entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo do 26 de setembro, remite escrito no que informa que a súa
intención era dirixir o seu escrito ao Defensor del Pueblo, sen remitir a documentación que se
lle requiriu.
En base ao anterior, e de conformidade co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e en
virtude da delegación de competencias acordada pola Comisión da Transparencia en sesión
do 26 de xuño de 2018, para a resolución pola súa Presidenta, das reclamacións nas que se
teña por desistido ao solicitante, por non ter remitido en prazo a documentación que se lle
requira,
Acorda:
Ter por desistida da súa solicitude de apertura de
expediente contra Política Social de Lugo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga