Se solicitó a la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural el acceso a documentos relativos al Castro de Flores-Monte da Trinidade. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el ciudadano reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud por ser información pública elaborada en el ejercicio de sus funciones.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitible al tratarse de una resolución presunta, las cuales pueden impugnarse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2
Se reconoce el derecho de acceso a la información solicitada ya que se presume que está en poder de la administración y fue elaborada en el ejercicio de sus funciones.
3
La Comisión recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
Expediente. Nº RSCTG 104/2018
Correo electrónico:
da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 3 de setembro de
2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , representante da Asociación ,
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 3 de setembro de 2018,
unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo unha solicitude
dirixida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria) de consulta do documento remitido pola Delegación Provincial de Lugo da Consellería
de Cultura á Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais o 19 de febreiro de
2008, relacionado co Castro de Flores-Monte da Trinidade (claves GA27027012-GA27030022) e a
contestación da Subdirección Xeral de Conservación á Delegación Provincial de Lugo, así como copia
da documentación que, trala consulta presencial, poida ser do seu interese
O interesado presentou a súa solicitude con data do 25 de xuño de 2018, no portelo único do Concello
de Cervo (rexistro xeral da Xunta de Galicia), sen que ata a data recibira resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información e copia do DNI do
solicitante.
Segundo. Con data do 7 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de setembro de 2018, sen que ata a data se
recibise o informe e copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co
disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación
en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a
definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto
na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o
solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de
18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir
o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a
transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos
fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a
escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se
manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio
dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente
e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia
cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que
supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas
de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en
materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de
acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa
impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do
acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno,
de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos
122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente,
respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente,
debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo interesado deriva da falta
de resposta da Dirección Xeral de Patrimonio ante a solicitude de consulta do documento remitido
pola Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura á Subdirección Xeral de Conservación e
Restauración de Bens Culturais o 19 de febreiro de 2008, relacionado co Castro de Flores-Monte da
Trinidade (claves GA27027012-GA27030022) e a contestación da Subdirección Xeral de Conservación
á Delegación Provincial de Lugo, así como copia da documentación que, trala consulta presencial,
poida ser do seu interese.
O interesado solicitou unha información que se presume que está en poder da referida Dirección Xeral
e que foi elaborada no exercicio das súas funcións, polo que procede a estimación do presente recurso,
por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma,
que catro meses despois da súa solicitude non se lle proporcionou, se ben na información que se lle
proporción deberá terse en conta os límites do dereito ao acceso establecidos polos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, e as normas para a súa tramitación que establece o artigo 19 da mesma Lei.
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (actual
Consellería de Cultura e Turismo) non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. ,
polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos
da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa
reguladora.
Así mesmo, a referida Secretaría Xeral Técnica non remitiu o informe e o expediente solicitado por
esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa
obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por (Rpte. da Asociación
) contra a denegación presunta da consulta do documento remitido
pola Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura á Subdirección Xeral de Conservación e
Restauración de Bens Culturais o 19 de febreiro de 2008, relacionado co Castro de Flores-Monte da
Trinidade (claves GA27027012-GA27030022) e a contestación da Subdirección Xeral de Conservación
á Delegación Provincial de Lugo, así como copia da documentación que, trala consulta presencial,
poida ser do seu interese.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura e Turismo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Cultura e Turismo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 26 de outubro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga