Estimada 26/10/2018

Acceso al expediente 17545.4 relativo al yacimiento arqueológico de Os Castros y resultado favorable

El ciudadano solicitó el acceso al expediente 17545.4 sobre el yacimiento arqueológico de Os Castros a la Dirección Xeral de Patrimonio. Ante la falta de respuesta (denegación presunta), la Comisión da Transparencia estima la reclamación y acuerda instar a la administración a proporcionar la información en 15 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al tratarse de una resolución presunta, la cual puede ser recurrida en cualquier momento según la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
2 Se reconoce el derecho de acceso a la información ya que los documentos solicitados se presumen elaborados por la administración en el ejercicio de sus funciones.
3 La administración incurrió en una denegación presunta al no responder a la solicitud transcurridos cuatro meses.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto. Análise do expediente O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo interesado deriva da falta de resposta da Dirección Xeral de Patrimonio ante a solicitude de consulta do expediente 17545.4 relacionado co xacemento arqueolóxico de Os Castros (GA270005003) e obtención de copia da documentación que, trala consulta presencial, poida ser do seu interese. O interesado solicitou unha información que se presume que está en poder da referida Dirección Xeral e que foi elaborada no exercicio das súas funcións, polo que procede a estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma, que catro meses despois da súa solicitude non se lle proporcionou, se ben na información que se lle proporción deberá terse en conta os límites do dereito ao acceso establecidos polos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, e as normas para a súa tramitación que establece o artigo 19 da mesma Lei. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (actual Consellería de Cultura e Turismo) non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. , polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, a referida Secretaría Xeral Técnica non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por (Rpte. da Asociación contra a denegación presunta da solicitude de consulta do expediente 17545.4 relacionado co xacemento arqueolóxico de Os Castros (GA270005003) Segundo: Instar á Consellería de Cultura e Turismo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Cultura e Turismo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga