Estimada 26/10/2018 · 74 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante solicitud de información sobre fondos y actividades de un profesor en la Universidad de Vigo

Se solicitó a la Universidad de Vigo información sobre actividades, subvenciones y fondos públicos destinados a un profesor. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el reclamante acudió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación e insta a la universidad a entregar la información en 15 días.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada se encuadra dentro del concepto de información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2 La Universidad de Vigo tiene la obligación de proporcionar la información solicitada en el menor plazo posible.
3 El uso del correo electrónico para la solicitud fue admitido por la Universidad a pesar de no ser el canal oficial previsto en su Portal de Transparencia.
4 La entrega de la información debe respetar los límites relativos a los derechos de terceros y la protección de datos de carácter personal según los artículos 15 y 19.3 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en representación da Plataforma mediante escrito do 13 de agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. , en representación da Plataforma , presentou mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 13 de agosto de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información á Universidade de Vigo, sobre actividades relacionadas cos servizos públicos do Sr , Másters, Subvencións ou axudas para Xornadas-foros-eventos relacionados, fondos públicos da Universidade de Vigo destinados como contraprestacións na súa actividade de profesor, relator, suplementos, dietas, investigación, etc entre outras que consten nos orzamentos da Universidade de Vigo. A reclamación ven acompañada de copia de diversas follas con información sobre a Universidade de Vigo.. Segundo. Con data do 4 de setembro de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Reitorado da Universidade de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de setembro de 2018 e con data do 14 de setembro o Secretario da Universidade de Vigo remite un escrito no que informa que o interesado enviou por correo electrónico unha solicitude de información pública o día 30 de maio de 2018, que debido ao proceso de traspaso de poderes entre o equipo saínte e o entrante despois das eleccións a Reitor, non foi comunicada debidamente á Secretaría Xeral a devandita solicitude, que a recibiu con data do 5 de setembro de 2018. Non obstante, no marco do sistema de garantía de calidade da Universidade de Vigo, o medio de presentación de solicitudes de información non é o correo electrónico, senón a través do procedemento previsto no "Portal de Transparencia" da Universidade de Vigo, ou no rexistro xeral, auxiliares ou os lugares previstos na lei de Procedemento Administrativo das Administracións Públicas. O día 11 de setembro remitiuse ao interesado a recepción da solicitude de información enviada por correo electrónico, comunicándolle que será tramitada á maior brevidade posible. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado. Dado que Universidade de Vigo non resolveu expresamente, a reclamación debese considerar presentada en prazo. Quinto. Análise do expediente O Sr. presentou ante a Universidade de Vigo unha solicitude de acceso a unha documentación que considera está en poder da referida Institución, que sen ben a presentou mediante correo electrónico, que non é o medio de presentación de solicitudes de información na citada Universidade, senón a través do procedemento previsto no se Portal de Transparencia, no rexistro xeral, auxiliares ou os lugares previstos na lei de Procedemento Administrativo das Administracións Públicas, foi admitida pola Universidade. O informe da Universidade de Vigo recoñece as dificultades xurdidas para remitir a información solicitada no prazo establecido na lei, pero manifesta a súa vontade de remitila ao solicitante á maior brevidade posible. A documentación solicitada pode encadrarse dentro do concepto de información pública que establece o artigo 24 da Lei 1/2016, polo que a Universidade de Vigo ten a obriga de proporcionarlla ao solicitante no menor prazo posible, se ben dado que a información solicitada pode afectar a dereito ou intereses de terceiras persoas, debe de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, concederlle un prazo para que o interesado poida facer alegacións, e no caso de que a información conteña datos de carácter persoal, proporcionarllos de conformidade co establecido no artigo 15 da mesma norma. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por , en representación da Plataforma contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de información á Universidade de Vigo. Segundo: Instar á Universidade de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, a que responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Universidade de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada ao reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga