El ciudadano solicitó a la Xerencia del Servizo Galego de Saúde los nombres y cualificaciones de los profesionales de la Unidad Centralizada de Atención á Transexualidade. Alegó que la respuesta fue extemporánea e insuficiente al no facilitar los nombres concretos. La Comisión da Transparencia de Galicia analiza la reclamación sobre la idoneidad y fiscalización de dichos datos públicos.
Puntos clave de la argumentación
1
El solicitante cuestiona la respuesta administrativa por no incluir los nombres individuales de los profesionales, limitándose a una filiación genérica.
2
Se argumenta que la omisión de los nombres impide la evaluación externa y la fiscalización de la idoneidad y experiencia laboral de los cargos públicos.
3
El reclamante impugna la denominación de la unidad utilizada por la administración, alegando que no coincide con la instrucción de creación original.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 2 de outubro
de 2018 que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 3 de outubro, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 2 de outubro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
contestación do 27 de setembro de 2018, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, da súa
solicitude de información referente á a persoa que dirixe a Unidade, e dos profesionais
concretos que a forman (os seus nomes e cualificacións profesionais) da Unidade Centralizada
de Atención á Transexualidade, adscrita ao Servizo de Endocrinoloxía do Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
O reclamante manifesta que a resposta á súa solicitude
i foi fora do prazo legal previsto e que
non contén os extremos nos que a petición se expresaba, dado que non se recolle o nome das
persoas encargadas da Unidade, senón unicame111te, e de xeito xenérico, a súa filiación, o que
non permite comprobar as súas referencias laborais, experiencia na materia, idoneidade para
o posto que ocupan, é dicir, impídese a avaliación externa ou fiscalización dun dato, por
natureza, público. Así mesmo, o reclamante manifesta que non entende que o nome da
Unidade pase a ser "de disforia", cando na lnstrución de creación este termo non existe, e
entende que se trata dun erro.