Archivada 27/06/2016

Solicitud de copias del catálogo de puestos de trabajo del Concello de Cedeira

El ciudadano solicitó al Concello de Cedeira copias del catálogo de puestos de trabajo vigente desde 2014. Tras la reclamación, la Comisión da Transparencia decide archivar el expediente debido a que el propio ayuntamiento ya remitió la información solicitada al interesado el 30 de marzo.

Puntos clave de la argumentación

1 La resolución se basa en la verificación de que la administración reclamada ya ha cumplido con la entrega de la información solicitada.
2 Se aplica la normativa de transparencia autonómica y estatal para determinar la competencia de la Comisión da Transparencia en la resolución de reclamaciones frente a entidades locales.

Texto completo

Asunto: EXPEDICIÓN DE COPIAS DE DOCUMENTOS O 09.02.2016 (rex entrada 837) xxxx xxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx xxxx presenta un escrito no que solicita poder facer fotocopias do catálogo de postos de traballo do concello de Cedeira que estea en vigor dende o ano 2014. Considerando o previsto no artigo 105.b) da Constitución Española, que contempla o acceso dos cidadáns os arquivos e rexistros administrativos, desenvolvido polos artigos 35.a), 35.h) e 37 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o previsto no artigo 70.3 da Lei de Bases de Réxime Local, así como na Lei 19/2013 de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. En uso das atribucións que me confire a normativa vixente, RESOLVO: COMISIÓN DA TRANSPARENCIA Primeiro.- Expedir a xxxx xxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx xxxx copia do Catálogo de Postos de Traballo do concello de Cedeira, aprobado por decreto de Alcaldía núm. 21 de 21.01.2014, coa advertencia de que este acceso non ampara un uso antixurídico ou indebido da información facilitada“. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno establece que a resolución das reclamacións previstas no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno establece que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno establece que o seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2,3,e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consello de Transparencia e Bo Goberno. RESOLUCIÓN En atención aos antecedentes e fundamentos xurídicos descritos, procede: -Arquivar a reclamación presentada por xxxx xxxxxx xxxxxxxxxxxxxxx xxxx, contra a denegación de información do Concello de Cedeira, que xa foi remitida ao interesado o 30 de marzo polo propio concello, segundo informa este. Contra este resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga