Se solicitó información sobre fondos del FSE, criterios de selección y plazas de peón forestal a la Consellería de Economía, Emprego e Industria y al Concello de Baiona. No hubo alegaciones explícitas de límites, pero las administraciones no acreditaron haber respondido. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena remitir la información en 15 días.
Puntos clave de la argumentación
1
El hecho de que la información solicitada se encuentre en publicidad activa no exime a la Administración de la obligación de dar una respuesta concreta en los plazos legales.
2
La remisión genérica a portales o sedes electrónicas es insuficiente; la respuesta debe ser precisa y dirigir al solicitante de forma inequívoca a la información exacta.
3
La Administración no ha acreditado haber facilitado la normativa y las bases de las convocatorias de los programas mixtos de formación y empleo solicitadas.
4
La falta de remisión del expediente administrativo completo a la Comisión de Transparencia constituye un incumplimiento de los procedimientos de resolución de reclamaciones.
Texto completo
Xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
Xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
EXPEDIENTE RSCTG 004/2016
RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO
ARTIGO 28 E DISPOSICIÓN ADICIONAL 5ª DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E
BO GOBERNO
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 6 de maio
de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.- xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 4 de maio do 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 e
disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desatendida unha solicitude de acceso á información pola Consellería de Economía, Emprego e
Industria e polo Concello de Baiona en relación cos seguintes feitos:
Petición de información en relación a fondos comunitarios e subvencións, en concreto do Fondo Social
Europeo (FSE) que cofinancia o Concello de Baiona, por ser xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx nos obradoiros
de emprego.
Tendo transcorrido o prazo legalmente previsto para que o órgano competente facilitase a
información, sen que a mesma fose trasladada á persoa interesada, esta formula unha reclamación ao
amparo do artigo 28 e da disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno.
Con data de 30 de maio de 2016, vía correo electrónico, a Comisión acusa recibo da recepción da
reclamación formulada informando xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx do número de expediente que se lle
asigna. xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxinsta xunto con esta, outra cuestión que ten que ver cos
obradoiros de emprego aos que asistiu xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx entre os anos 2010 a 2015, polo
que, en paralelo, se inicia tamén o expediente RSCTG 004/2016.
Segundo.- Con data 31 de maio de 2016, vía correo electrónico, requírese ás administracións afectadas
para que remitan o expediente e o informe previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, co
seguinte contido :
Solicitude de información á Consellería de Economía, Emprego e Industria:
A solicitude remitida dende a Comisión pide informe sobre os seguintes aspectos:
- Se tal como consta nesta Comisión, non se lle respondeu ás súas demandas de información
sobre os programas de peón forestal reservados para xente nova.
- Por que nas contratacións solo aparece o colectivo de menores de 30 anos.
Solicitude de información ao Concello de Baiona:
A solicitude remitida dende a Comisión pide informe sobre os seguintes aspectos:
- Se tal como consta nesta Comisión non se lle respondeu ás súas demandas de información
sobre os programas dos anos 2010, 2011 e 2012 de peón forestal reservado para xente nova.
- Por que nas contratacións solo aparece o colectivo de menores de 30 anos.
- Criterios de selección dos colectivos.
Terceiro.- Os oficios remitidos a ambas as dúas administracións públicas, ao seren realizados por
correo electrónico sen que constase acuse de recibo, foron reiterados por correo ordinario con data
de 30 de xuño de 2016.
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, xa que logo, insta dúas cuestións que deron lugar a iniciación dos
expedientes RSCTG 003/2016 e RSCTG 004/2016, se ben a resposta das administracións afectadas é
única para ás dúas peticións.
Con data do 28 de xullo de 2016, o Concello de Baiona remite un informe técnico e unha copia do
escrito que o alcalde-presidente do Concello remitira a xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxna data do 4 de
agosto do 2014. O informe do Concello de Baiona cita unicamente o expediente RSCTG 004/2016,
aínda que o seu contido atinxe aos talleres de emprego, en xeral.
O informe indica que as cuestións suscitadas xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxforon contestadas o 4 de
xuño de 2014 e na resposta se incluíron explicacións para a dicente sobre a regulación dos programas
mixtos de formación e emprego.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola súa banda, remite o 29 de xullo de 2016 un
informe para ambos os dous expedientes, o que se recolle así de xeito explícito.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de
transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa
lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á
Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á
información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu
procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante
o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará
na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que
fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O preámbulo da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla,
sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa
solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón
da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes que non entren
dentro destes límites deberán ser achegadas aos particulares, salvo que existan limitacións, e así se
xustifiquen debidamente co chamado test de danos, algunha das causas de inadmisión do artigo 18
desta lei.
En relación aos límites e as causas de inadmisión da lei 19/2013, do 9 de decembro hai que ter en conta
os criterios publicados na páxina web1 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Para este caso
concreto, cómpre salientar o referido ao dereito de acceso á información nas materias que son obxecto
de publicidade activa polo organismo de que se trate. O Criterio 9/2015 di que:
I. A publicidade activa é unha obriga establecida na Lei 19/2013, de 9 de decembro, que
afecta á administración e ao resto dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei.
II. O feito de que unha información solicitada por calquera persoa se atope en publicidade
activa, non exime da obriga de dar unha resposta concreta nos prazos e condicións que
sinale a lei.
III. No caso de que o suxeito que realiza a solicitude manifestara expresamente a súa vontade
de relacionarse de xeito non electrónico coa administración, a información terá que
servirse integramente polo medio escollido na solicitude de información, sen remisión a
ningunha plataforma ou dirección xenérica nin previa colgada na rede.
IV. Si non se optara por ningún sistema específico de relación coa administración ou a opción
é relacionarse por medios electrónicos, sería de aplicación o artigo 22.3 e procedería a
indicación do lugar web onde a información se atopa en publicidade activa.
En ningún caso será suficiente unicamente a remisión xenérica ao portal ou a sede ou
páxina web correspondente. É necesario de que se concrete a resposta. Esta poderá
redireccionalo á información de publicidade activo sempre que tal información satisfaga
totalmente a información solicitada pero deberá sinalar expresamente o link que accede a
información e, dentro deste, as epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se
refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de
forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin
de sucesivas buscas.
V. Se polas súas características –especialmente de complexidade ou volume-, a información
fora dificilmente subministrable nun soporte non electrónico, a Administración contactará
co solicitante para, ben mediante concreción dos datos, ben mediante comparecencia, ben
pola súa aceptación dun sistema ou soporte electrónico (CD, remisión a un correo, etc.)
puidera ver satisfeito o seu dereito.
Cuarto.- Análise do expediente
Da análise da documentación obsérvase que xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxsolicitou información á
Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao Concello de Baiona en relación a fondos
comunitarios e subvencións, en concreto do Fondo Social Europeo (FSE) que cofinancia o Concello de
Baiona , por seren xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxparticipantes nos obradoiros de emprego entre os anos
2010 a 2015.
En particular, ao concello se lle solicitou tamén información sobre a praza de peón forestal na que
participou xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxe sobre se solicitou o acceso a algún programa que fose
reservado para xente nova. En canto á consellería se lle requiría o reparto de participantes nestes
obradoiros entre os anos 2010 e 2015, e os criterios para a baremación e selección, e os datos das
prazas de peóns forestais solicitadas xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxnon
demanda datos que afecten a terceiros, non pide a baremación doutros participantes nos talleres, tan
so solicita coñecer os criterios e para a sondaxe e selección e o número de alumnos, e a situación das
prazas de peóns forestais e se estaban reservadas unicamente a xente nova.
O Concello de Baiona informou que o programa aludido é un programa mixto de formación e emprego
indicando literalmente que a súa regulamentación “(...) está perfectamente definida nas ordes de
convocatoria dos distintos programas que anteriormente publicaba no DOG a Consellería de Traballo
e Benestar (actual Consellería de Economía, Emprego e Industria) e nas Bases de convocatoria
redactadas pola consellería e aprobadas polo grupo mixto de traballo. Ditas bases están a disposición
dos demandantes nas distintas oficinas de emprego, no momento de iniciar os procesos de selección
(entre eles, o Obradoiro Ergasía que contaba con unha especialidade de traballo forestal tal e como
menciona xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxno seu recurso de queixa) coa finalidade de que calquera
administrado/a poda consultalas e no seu caso exercitar os recursos administrativos ou contencioso-
administrativos para tratar de impugnalas si se considera que se teñen motivos para elo (...).
O informe continúa recollendo a orde de convocatoria de 27 de xullo de 2012 polo miúdo e engade
que se achega a resposta da solicitude realizada xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, que se lle remitira o 27
de xaneiro de 2011.
O escrito de 4 de xuño de 2014, que lle fóra remitido xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxe do que se achega
copia, di no seu paragrafo primeiro que os empregados públicos do Concello de Baiona e da Consellería
de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en todas as súas actuacións, se ateñen ás obrigas do artigo
52 da lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público sendo totalmente imparciais
no exercicio da súa actividade profesional, máis aínda nun proceso de selección de persoal.
A Consellería de Economía, Industria e Emprego subliña no seu informe que a orde do 18 de marzo de
2010, pola que se procedía á convocatoria, establecía que, para a selección do alumnado traballador,
o grupo de traballo mixto determinaría o perfil das persoas candidatas de acordo co resto dos
requisitos previstos. Textualmente indica:
“En base a isto, dedúcese da documentación revisada que o grupo de traballo mixto deu prioridade ás
persoas aspirantes e alumnos traballadores na mesma orde de prioridade que establece o artigo 16.3.b
da antes citada norma (menores de trinta anos, mulleres, mulleres vítimas de violencia de xénero,
traballadores que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración,
maiores de 45 anos...)
Así, as convocatorias realizadas do ano 2010 a 2015, segundo o informe aportado pola Consellería,
resúmense nunha táboa na que se recolle a situación do posible beneficiario mencionado pola
reclamante no seu escrito.
O informe conclúe que a persoa aludida non puido ser seleccionada para ningún dos obradoiros
indicados, ao non cumprir co perfil ou requisitos establecidos polas diversas comisións mixtas, de
conformidade co indicado nas diversas ordes de convocatoria.
Se ben os informes achegados dan resposta favorable ao acceso parcial da solicitude, cómpre destacar
que nin a Consellería de Economía, Industria e Emprego nin o Concello de Baiona remiten os
expedientes a esta Comisión da Transparencia, nos termos previstos para os recursos pola vixente
lexislación de Procedemento Administrativo Común, que establece que deberán remitirse o informe e
unha copia completa e ordenada do expediente no prazo de dez días. O expediente ao que fai
referencia a nosa solicitude de informe non é o que orixina a petición de información ante a
administración afectada, senón que debe remitirse copia do expediente ao que deu lugar o
procedemento para o exercicio do dereito de acceso. Xa que logo, refírese á tramitación que se lle deu
á solicitude de información, que propicia o recurso de reclamación por denegación da información
pública, ben de forma expresa ou por silencio.
CONCLUSIÓN
Á vista dos informes das administracións públicas, ningunha delas pon en cuestión o dereito
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx a acceder á información. É mais, o informe do concello salienta que ditas
bases están a disposición dos demandantes mas distintas oficinas de emprego, no momento de iniciar
os procesos de selección coa finalidade de que calquera administrado/a poda consultalas e no seu caso
exercitar os recursos administrativos ou contencioso-administrativos para tratar de impugnalas si se
considera que se teñen motivos para elo.
Porén, da documentación achegada non se deduce que se lle dera acceso a información solicitada. O
que se pedía era a normativa e as bases das convocatorias dos programas mixtos de formación e
emprego dos anos 2010 ao 2015 e os datos das prazas de peóns forestais solicitadas
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx.
Malia seren información exposta no seu día, non exime da obriga de entregala ou facilitar o acceso.
Neste sentido o artigo 22.3 da lei 19/2013, en relación á formalización ao acceso di que si a información
xa fora publicada, a resolución poderá limitarse a indicar ao solicitante como pode acceder a ela. Nesta
Comisión non consta xustificante da súa remisión á persoa solicitante, polo que terá que ser remitida.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos e conclusión, procede
Primeiro: estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, con data de 4 de maio
2016, contra a denegación de información pública solicitada á Consellería de Economía, Emprego e
Industria e ao Concello de Baiona.
Segundo: instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao Concello de Baiona, a que, no
prazo máximo de 15 días hábiles, remitan a xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxa información solicitada.
Terceiro: instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao Concello de Baiona a que, no
prazo máximo de 15 días hábiles, remitan a esta Comisión da Transparencia copia do envío e a
recepción da información solicitada xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso
contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga