Desestimada 07/10/2016 · 140 días en resolverse

Solicitud de acceso a la información sobre complementos de productividad de los empleados de la Deputación da Coruña

Un representante sindical solicitó a la Deputación da Coruña información sobre las cantidades percibidas por sus empleados en concepto de productividad. El solicitante alegó que la información ya era pública internamente. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque la información ya fue obtenida o cuenta con un régimen específico de acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 El Real Decreto 861/1986 establece que las cantidades percibidas por complemento de productividad son de conocimiento público específicamente para los funcionarios de la corporación y sus representantes sindicales.
2 Se distingue entre el derecho de acceso general a la información pública y el derecho de acceso de una persona interesada en un procedimiento administrativo.
3 La solicitud relativa al ejercicio 2015 queda sin objeto ya que el propio reclamante aportó el documento donde la administración ya había publicado dicha relación nominal.
4 La solicitud sobre los anticipos de 2016 se desestima por existir una regulación especial y específica de acceso a dicha información que prevalece sobre la normativa general de transparencia.

Texto completo

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx EXPEDIENTE RSCTG 011/2016 RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA DA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 E A DISPOSICIÓN ADICIONAL 5ª DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, en calidade de representante sindical xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 20 de maio de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Juan Pablo García Serrano, en calidade de representante sindical xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de maio de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Deputación da Coruña. A persoa interesada achega o escrito de solicitude de acceso á información dirixido á Deputación da Coruña de data de 1 de abril de 2016, sobre as contías percibidas polos seus empregados públicos en concepto de produtividade, solicitude que formula na súa condición de delegado sindical. Segundo. Con data 6 de xullo de 2016 dáselle traslado da documentación achegada pola persoa interesada á Deputación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue un informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración afectada é do 11 de xullo. Non se remite informe por parte da Deputación da Coruña. Terceiro. Con data de 6 de xullo, se lle acusa recibo á persoa interesada, e nesa mesma data e por correo electrónico, a persoa interesada envía unha ampliación de datos e documentación. En relación á información, se alega que a reclamación se formula ao amparo do artigo 24 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro e o disposto no artigo 20 da lei 19/2013, do 9 de decembro en relación aos prazos. Así mesmo, se indica que o 23 de decembro de 2015 foi distribuída mediante correo electrónico na intranet da Deputación para xeral coñecemento do persoal e os deputados provinciais, a relación nominal das cantidades provisionais de produtividade individual, polo que carece de sentido entender que lle afecte unha limitación das establecidas no artigo 25 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. A documentación que achega é un documento da propia Deputación no o secretario xeral certifica un acordo aprobado pola Xunta de Goberno polo que se pon en coñecemento de todo o persoal a liquidación provisional do complemento de produtividade correspondente ao exercicio de 2015, xunto coa relación nominal das cantidades abonadas individualmente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: No mesmo preámbulo da Lei 19/2013 citada declárase: Este dereito soamente se verá limitado naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información –derivado do disposto na Constitución española– ou pola súa entrada en conflito con outros intereses protexidos. En todo caso, os límites previstos aplicaranse atendendo a un test de dano (do interese que se salvagarda co límite) e de interese público na divulgación (que no caso concreto non prevaleza o interese público na divulgación da información) e de forma proporcionada e limitada polo seu obxecto e finalidade. Así mesmo, dado que o acceso á información pode afectar de forma directa a protección dos datos persoais, a lei aclara a relación entre ambos os dous dereitos establecendo os mecanismos de equilibrio necesarios. Así, por un lado, na medida en que a información afecte directamente a organización ou actividade pública do órgano prevalecerá o acceso, mentres que, por outro, se protexen – como non pode ser doutra maneira– os datos que a normativa cualifica como especialmente protexidos, para cuxo acceso se requirirá, con carácter xeral, o consentimento do seu Titular. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. A disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, di que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso, por parte daqueles que teñan a condición de interesados nun procedemento administrativo en curso, aos documentos que se integren nel. Para esta materia o procedemento está recollido no Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime das retribucións dos funcionarios de Administración local, artigo 5 que recolle, nos seguintes parágrafos, o seu réxime específico: 4. As cantidades que perciba cada funcionario por este concepto serán de coñecemento público, tanto dos demais funcionarios da Corporación como dos representantes sindicais. 6. Corresponde ao Presidente da Corporación a distribución desta contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios que no seu caso establecera o Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir conforme ao establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril. Cuarto.- Análise do expediente 1. O réxime das retribucións dos funcionarios de Administración local conta cunha normativa específica en materia de acceso á información sobre este complemento salarial ao declarar o seu artigo 5 que as cantidades que perciba cada funcionario por este concepto serán de coñecemento público, tanto dos demais funcionarios da Corporación como dos representantes sindicais. Xa que logo, restrinxe o seu ámbito subxectivo de publicidade a determinados empregados e representantes sindicais. 2. Ao teren o reclamante a cualidade de delegado sindical xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, ten a condición de persoa interesada no procedemento. 3. A solicitude de documentación ao amparo da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e un procedemento distinto ao “dereito a coñecer o estado da tramitación dos procedementos nos que teña a condición de interesado, e obter copia dos documentos contidos nel” regulado no artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. É dicir, este procedemento deriva do dereito a acceder á información pública entendida como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións” (artigo 24 Lei 1/2016 do 18 de xaneiro). Porén, o Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, recolle o dereito de acceso á información relativa a estes complementos salariais, tanto dos demais funcionarios da corporación como dos representantes sindicais. Polo tanto, existe unha lexitimación restrinxida para acceder a estes datos e unhas limitacións na difusión desta información que derivan do deber de manter a necesaria reserva respecto dos asuntos que se coñezan por razón do traballo, cargo ou función, sendo o feito de difundilos indebidamente unha causa de infracción da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, que é de aplicación ao caso. Existe unha diferenza importante cando se pide acceso ao expediente coma persoa interesada ou cando se utiliza a vía de solicitude de acceso á información ao abeiro da lexislación en materia de transparencia. CONCLUSIÓN No exercicio do seu dereito de acceso á información garantiráselle á cidadanía “a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa “ (artigo 24.2 a) da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro); non existen máis limitacións que as derivadas da lexislación vixente en cada momento, e se lles recoñece aos cidadáns a máis ampla lexitimación. Sen embargo, os interesados que teñan coñecementos de datos nos expedientes dos que son parte, teñen que facer o uso que estea establecido, e para a súa publicidade se establecen distintas cautelas, xunto coa restrición xeral no que atinxe á protección de datos persoais. Xa que logo, a información solicitada conta cun réxime xurídico específico de acceso á información no que a representación sindical dos traballadores ten sempre a condición de interesada. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos procede: Primeiro: desestimar a reclamación presentada xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, como delegado sindical xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx con data do 20 de maio de 2016, por denegárselle o acceso á información dos complementos de produtividade da Deputación da Coruña correspondentes ao exercicio de 2015 por quedar sen obxecto. A mesma persoa reclamante achegou copia do documento publicado pola propia Deputación no que se pon en coñecemento de todo o persoal a liquidación provisional do complemento de produtividade correspondente ao exercicio de 2015, aprobado pola Xunta de Goberno, xunto coa relación nominal das cantidades abonadas individualmente. Segundo: desestimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx ao abeiro da 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por falta de acceso á información sobre as cantidades percibidas como anticipo do complemento de produtividade nas nóminas dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2016 de todos os empregados públicos da Deputación, por seren de aplicación o establecido na Disposición adicional primeira respecto das regulacións especiais do dereito de acceso á información pública e contar este suposto cun réxime específico de acceso. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Santiago de Compostela, 7 de outubro A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros María Otero Parga