Desestimada 22/11/2016 · 43 días en resolverse

Solicitud de acceso a la información sobre planes de empleo

La interesada solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria documentación sobre presuntas irregularidades en informes del INEM. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque la solicitante ya dispone de la información y el resto de sus peticiones consisten en valoraciones, lo cual no encaja en el concepto legal de información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud no constituye un derecho de acceso a la información pública ya que se requiere una valoración de contenidos y no la aportación de documentos existentes.
2 El derecho de acceso se limita a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas, según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
3 Se determina que la información relativa a los programas ya fue facilitada a la interesada en expedientes previos (RSCTG 3/2016 y RSCTG 4/2016).

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx, mediante escrito do 10 de outubro de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 11 de outubro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Baiona. A interesada indicaba que a Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Galicia , mediante a directora da oficina de emprego de Baiona, redactou todos os informes elaborados polo INEM e solicita “documentación de las mentiras que, aun poniendo en conocimiento con documentación, lo han consentido durante años” . A interesada menciona uns escritos, que ela presentara na Consellería e que din que non se lle contestaron e que son de 22/04/2016 número 814/RX1079180 e de 03/06/16 con número e rexistro 1107/RX1513393. O contido dos informes recollen a atención que se lle deu tanto a xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx como a xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx e da datos como que se lle pide información “mesmo sobre cuestións que transcenden o ámbito competencia desta oficina de emprego” e que fan preguntas páx. 1 “sobre procedementos de selección de candidatos, ofertas de emprego e cursos de formación, en moitas ocasións xa pechados fai tempo” igualmente se indica noutro que “ o que xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx demandaba, non era información, tal e como se fai referencia na súa queixa, se non a descrición absoluta e total dos procesos e pasos seguidos polos funcionarios no desenvolvemento do seu traballo, no referente a ofertas, orientación, formación. Tamén reclama información sobre Internet, para acceder as distintas administracións e despois pedir información dos programas que xa non están vixentes.” FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará páx. 2 na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente A reclamación trae a súa orixe en tres informes da oficina de Emprego de Baiona, aos que a reclamante tivo acceso nunhas queixas presentadas ante o Valedor do Pobo e dos que obtén copia entre os anos 2014 e 2016. Dende entón demanda que a Consellería lle aclare a situación. Os tres informes xa están en poder da reclamante. Os programas que se refire a interesada xa lle foron achegados a interesada nos expedientes RSCTG 3/2016 e RSCTG 4/2016. A petición en realidade corresponde a Consellería de Economía, Emprego e Industria. páx. 3 Como se ve nos antecedentes o que busca a interesada non son os programas ou informes, que xa ten a súa disposición se non que se valore o contido dos tres informes, por tanto se demanda unha valoración a partires dunhas premisas. Esta Comisión entende que esta solicitude non forma parte do concepto de información pública legalmente definida no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións”. Quinto.- En conclusión procede desestimar a petición da interesada do 10 de outubro, por ter a súa disposición a información pública demandada, e quedar o resto das peticións fora do concepto de información pública legalmente definida. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro. Desestimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxxx con data 10 de outubro de 2016, contra a Consellería de Economía, Emprego e Industria por xa ter os programas a súa disposición e non tratarse, o resto das cuestións dunha solicitude de acceso á información pública. Segundo. Notifíquese a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga páx. 4