Desestimada 22/11/2016 · 42 días en resolverse

Reclamación por falta de respuesta a solicitud de documentación sobre atención social en la Consellería de Política Social

Dos ciudadanos solicitaron a la Consellería de Política Social documentación relativa a un informe de 2011 sobre su atención social. Tras la falta de respuesta, reclamaron ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta desestima la solicitud por considerar que lo pedido no constituye información pública, sino una valoración de premisas sobre documentos que ya poseen los interesados.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud no encaja en el concepto de información pública definido en el artículo 24 de la Ley 1/2016, ya que se refiere a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas.
2 Se determina que, dado que la documentación base ya está en poder de los interesados, lo que realmente se demanda es una valoración a partir de premisas y no el acceso a documentos.
3 La Comisión concluye que la petición no constituye una solicitud de acceso a la información pública legalmente definida en la legislación de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx e : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx, mediante escrito do 11 de outubro de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx e : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx presentaron, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 11 de outubro de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Política Social. Os interesados indicaban que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia non lle achegou documentación e solicitaba “la documentación detallada en dichos escritos enviados a la Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia”. Os escritos en cuestión, que eles presentaron na Consellería e que din que non se lle contestaron son de 22/04/2016 número 815/RX1079207 e de 03/06/16 con número e rexistro 1105/RX1513287. En relación ao de 22/04/2016 Solicita pedían que se lles enviara a documentación exposta. A documentación que se pretende ter pedido foi : pág. 1 “ que se me envíe la documentación del departamento del consorcio según consta en el informe redactado por la : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx en el año 2011. En dicho informe contan diferentes contradicciones además de errores por lo tanto solicito documentación de lo siguiente: 1ª.- Julio 2011: Consta que hemos percibido la prestación de mayores de 45 años. 2º.- Agosto 2011: se dice que he sido denunciada por la trabajadora social por acoso. 3º.- Septiembre 2011: No me dado de baja no se atiene a las profesiones de mi curriculum. Se me da de baja en el plan de inclusión por negarme a participar en acciones formativas. 4º.- Documentación del por qué se ha excluido a : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx por parte del consorcio gallego de exclusión. 5º.- Documentación que acredite las acutaciones que han realizado con : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx al igual que con : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx. 6º.- Que se me envíe el currículo que exponga que solicitaba acciones formativas de cocina según el informe y el por qué lo he rechazado. Le envío el informe sobre lo relacionado con la documentación que solicito.” En relación ao escrito de 03/06/16, o que pedían era que se lle dera resposta ao de 22 de abril de 2016. A reclamación que orixina este escrito ante a Consellería de Política Social viña acompañada de diversa documentación que non é necesaria para a resolución. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación pág. 3 O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente A reclamación trae a súa orixe no documento ao que a reclamante ten acceso que é un informe que o departamento de inclusión emitido pola Asesora de Coordinación dos equipos de inclusión social e dirixido á Xerencia do Consorcio titulado “Informe sobre a atención realizada a dous usuarios do II PGIS no Equipo Comarcal de Inclusión Social de Gondomar” e do que obtén copia. Dende entón demanda que a Consellería lle aclare a situación. Na reclamación á comisión a interesada di “permitanme puntualizar que lo que estoy solicitando es documentación”. Como se ve nos antecedentes a documentación está xa en poder dos interesados, o que se demanda é unha valoración a partires dunhas premisas. Esta Comisión entende que esta solicitude non forma parte do concepto de información pública legalmente definida no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións”. Quinto.- En conclusión procede desestimar a petición dos interesados, sen solicitar información á consellería, posto que a petición que se realizou ante a Consellería de Política Social non entra dentro do concepto de información pública legalmente definida na lexislación de transparencia. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro. Desestimar a reclamación presentada por : xxxxxxxxx xxxxxxxxx xxxxxxxx con data 11 de outubro de 2016, contra Consellería de Política Social por non tratarse dunha solicitude de acceso á información pública. Segundo. Notifíquese a Consellería de Política Social. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga pág. 5