Archivada

Solicitud de bases del plan de empleo de la Deputación de Pontevedra 2016 al Concello de Baiona

El ciudadano solicitó al Concello de Baiona las bases del plan de empleo de la Deputación de Pontevedra 2016. Tras alegar la inactividad del ayuntamiento, la Comisión da Transparencia de Galicia decide archivar la reclamación ya que el derecho de acceso a dicha información ya había sido reconocido previamente en el expediente RSCTG 026/2016.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión fundamenta su decisión en que el derecho de acceso a la información solicitada ya fue reconocido previamente en el expediente RSCTG 026/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxx xxxxxxxxxxxxx xxxxxxxx, mediante escrito do 10 de agosto do 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro xxxxxx xxxxxxxxxxxxx xxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 10 de agosto do 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información polo Concello de Baiona en relación aos seguintes feitos: A persoa interesada indica que a Concellería de Emprego do Concello de Baiona non lle achegou unha documentación e solicita “que se me faciliten dichas bases”. Os escritos en cuestión son os que o concello recibiu o 27 de xuño e 10 de marzo de 2016. A interesada os cita nesta orde. -O escrito da interesada, do 27 de xuño de 2016, está dirixido ao Concello de Baiona e solicita as bases do concello relacionadas co plan de emprego da Deputación de Pontevedra 2016. -O escrito de 10.03/2016 é a primeira solicitude, que a interesada dirixe ao Concello de Baiona requirindo as bases sobre o plan de emprego provincial de Pontevedra de cooperación de obras e servizos do ano 2016. pág. 1 Segundo. A petición se corresponde co solicitado no expediente RSCTG 26/2016 para o Concello de Baiona, e que da lugar a unha estimación do seu dereito de acceso a información pública para a obtención das citadas bases. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública pág. 2  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente Neste expediente se requiren as mesmas bases do concello relacionadas co plan de emprego da Deputación de Pontevedra 2016. Quinto.- En conclusión, esta Comisión xa lle ten recoñecido o seu dereito de acceso a información pública en relación á petición das bases do concello relacionadas co plan de emprego da Deputación de Pontevedra 2016, no expediente RSCTG 026/2016. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede pág. 3 Primeiro: arquivar a reclamación presentada por xxxxxx xxxxxxxxxxxxx xxxxxxxx con data de 10 de agosto de 2016, no que fai referencia ás bases relacionadas co plan de emprego da Deputación de Pontevedra 2016 solicitadas ao Concello de Baiona por ter esta comisión xa recoñecido o seu dereito de acceso a información pública no expediente RSCTG 026/2016. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, únicamente cabe, en caso de disconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución,de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga pág. 4