Desestimada 22/11/2016 · 104 días en resolverse

Reclamación por acceso a la información pública contra el Concello de Baiona sobre acta de reunión de 2007

Una ciudadana solicitó al Concello de Baiona que se le explicara el motivo por el cual fue calificada de acosadora y difamadora en un acta de 2007. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación por considerar que la solicitud no constituye una petición de acceso a información pública, sino una demanda de valoración sobre premisas concretas.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de la interesada consiste en obtener una explicación o valoración sobre el contenido de un acta, lo cual no encaja en el concepto de información pública definida en el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2 La Comisión determina que la petición no se refiere a la obtención de contenidos o documentos elaborados en el ejercicio de funciones, sino a una valoración de hechos.
3 Se concluye que la documentación que originó la reunión cuestionada proviene de las propias actuaciones de la solicitante, por lo que no existe una denegación de acceso a información pública real.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por xxxxxx xxxxxx mediante escrito do 10 de agosto de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Xxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 10 de agosto de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Baiona. A interesada indicaba que o 25 de marzo de 2010 o Concello de Baiona lle deu acceso ao expediente existente sobre a súa persoa na concellería de igualdade. Nese expediente había un escrito de 27 de novembro de 2007 que literalmente dicía: “As persoas da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Traballo, preocupadas pola situación dunha veciña. Informamos: Que reunidos o dia 27 de novembro, para tratar o escrito dirixido ao Alcalde recibido o 15 de novembro, de xxxxxxxxxxxxxxx. Acordamos: pág. 1 Que neste caso, coma en outros que se puideran prantexar, débese seguir un procedemento. Sempre se debe dar resposta por escrito por parte da administración local, as reclamacións dos veciños e veciñas. Por outra banda, esta contestación, dado o coñecemento da situación persoal da veciña, sería aconsellable que dende a Alcaldía se mantivese unha reunión:  Primeiro cos posibles traballadores afectados, tamén propoñemos que cada servizo informe dos posibles problemas tidos con este veciño ou veciña.  Despois co veciño ou veciña, na que se lle expoña de maneira clara e precisa as competencias dos diferentes servizos.  Así como, que os traballadores non poden ser “acosados” ou “difamados” sen razóns. As persoas afectadas somos conscientes dos nosos deberes e obrigacións, pero tamén dos nosos dereitos.  Sería aconsellable por parte da Alcaldía a investigación das posibles causas externas a administración local que poden xerar a problemática desta veciña” A reclamación que orixina este escrito do concello viña acompañado de diversa documentación que non é necesaria para a resolución, salvo indicar que o que lle demanda a interesada ao concello por escritos de 29.08.2012 e o 17.06.2016 é que lle digan por qué nese escrito se lle chama acosadora e difamadora. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente A reclamación trae a súa orixe no documento ao que a reclamante ten acceso no Concello de Baiona e do que obtén copia no ano 2010. Dende entón demanda que o concello lle aclare a situación. Na reclamación á Comisión a interesada di “entiendan que no les solicito el comportamiento de los servidores públicos sino la documentación que ha llevado a esta reunión”. No escrito de reclamación indica que “bajo mi humilde entender, cuando cuatro servidores públicos se sientan alrededor de una mesa y exponen cuatro puntos se entiende que tienen que tener documentación. Por lo tanto, la documentación que solicito”. Pois ben da análise da documentación achegada pola propia interesada vese claramente que o persoal da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Traballo, se reúnen para tratar o escrito dirixido ao Alcalde recibido no concello o 15 de novembro, presentado pola propia reclamante. Ese é o único antecedente que orixina esa reunión. pág. 3 Como se ve nos antecedentes o que busca a interesada é que se valore por qué se lle chamou difamadora e acosadora. Por tanto se demanda unha valoración a partires dunhas premisas. Esta Comisión entende que esta solicitude non forma parte do concepto de información pública legalmente definida no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións”. O artigo 110.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro di que o erro da cualificación do recurso por parte da persoa recorrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter. A persoa interesada achega as dúas solicitudes ante o concello indicadas nos antecedentes que non corresponde, por tanto, cualificalo como unha reclamación fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro. Quinto.- En conclusión procede desestimar a petición da interesada, sen solicitar información ao concello, posto que a documentación que deu lugar a reunión de 27 de novembro de 2007, e que é a que da lugar a que a interesada se dirixa desde o ano 2010, que é cando ten coñecemento da súa existencia, ao concello para que se lle explique, trae a súa orixe nas propias actuacións desta persoa, e a petición realizada ante o Concello non é unha petición de acceso a información pública. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro. Desestimar a reclamación presentada por xxxx xxxxxxxxxx xxxxxx con data 10 de agosto de 2016, contra o Concello de Baiona por non tratarse dunha solicitude de acceso á información pública. Segundo. Notifíquese ao concello esta resolución. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 22 de novembro A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga