El ciudadano solicitó al Concello de Santiago de Compostela el número de expedientes abiertos por incumplimiento de la obligación de disponer de vallados para comunicación social y si la administración pensaba cumplir dicha normativa. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación, obligando a facilitar el número de expedientes.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de valoración sobre la intención de la administración de cumplir la normativa no constituye información pública según la definición del artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
No concurren límites al derecho de acceso basados en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 para la información relativa al número de expedientes.
3
Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 solo pueden ser aplicadas por el sujeto que posee la información y deben estar debidamente motivadas.
4
La presentación de una reclamación ante el órgano de transparencia frente a una denegación por silencio administrativo no está sujeta a plazo.
Texto completo
ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA
RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DA DISPOSICIÓN ADICIONAL
QUINTA DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO
GOBERNO
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxx xxxx xxxxxxx, mediante escrito do 5 de
xullo do 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos
Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución::
ANTECEDENTES
Primeiro. Xxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do
Pobo o día 3 de agosto, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida
unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Santiago de Compostela.
A reclamación á Comisión da Transparencia solicita que:
En base a normativa de transparencia se lle achegue a seguinte información:
Páx. 1
“O número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das
obras de valados para a comunicación social.
No caso de que non abrera ningún, agradecería que se informara sobre: Esa administración
pensa dar cumprimento ao previsto na normativa de publicidade estática?”.
Segundo. Con datas de 1 de setembro e 3 de outubro de 2016 dáselle traslado da
documentación achegada polo interesado ao concello para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente.
Na segunda ocasión xe lle recorda que o prazo de presentación da documentación é de 10
días, transcorridos os que continuarase a tramitación.
A recepción da solicitude pola administración é de 5 de setembro e 5 de outubro de 2016, sen
que se remita informe.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de
diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter
básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade
Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento
administrativo á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que,
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que
corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás
resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
di que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro,
de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de
resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o
seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as
reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación
con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que
se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo
común en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso
á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso,
por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as
solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan
limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das
causas de inadmisión do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
O 18 de abril de 2016 Xxxxxxxxxx solicita ao concello de Santiago de Compostela que en
base a normativa de transparencia se lle achegue a seguinte información:
“O número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das obras
de valados para a comunicación social.
No caso de que non abrera ningún, agradecería que se informara sobre: Esa administración
pensa dar cumprimento ao previsto na normativa de publicidade estática? ”.
Páx. 3
O interesado indica que ten coñecemento de que a Asesoría Xurídica do Concello de
Santiago, conclúe, segundo lle consta noutro expediente do que foi parte, que “as
autoridades velarán para que os promotores dispoñan no cercado das obras para facilitar os
canles de expresión previstos nas ordenanzas municipais, polo que, de acordo co manifestado na
Resolución desa institución, (Valedor do pobo) considerarase a aceptación da recomendación
formulada, dándose traslado ao servizo de licencias do Concello para que esixa á habilitación
dun espazo específico nos valados das obras para a colocación de carteis ou anuncios destinados
á comunicación social”.
O mesmo 18 de abril, desde o servizo de información cidadá do concello, se lle indica que se
remite a consulta ao departamento municipal de Secretaría para que proceda á súa
tramitación, e se lle facilita o enderezo da páxina da dita área, onde atopar información de
contacto.
En relación ao consentimento do interesado, desde o expediente RSCTG/0014/2016, constan
na Comisión os datos necesarios para dispor da identidade do solicitante.
A reclamación ante a Comisión da Transparencia está presentada en tempo e forma, tendo
en conta o criterio 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que di que “ De
acuerdo con reiterada doctrina jurisprudencial y con las previsiones normativas contenidas en
los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las
Administraciones Públicas relativas a la interposición de recurso de alzada y reposición,
respectivamente, respecto de resoluciones presuntas, la presentación de una reclamación ante
el Consejo de Transparencia y Buen Gobierno frente a la desestimación de una solicitud de acceso
a la información por silencio no estará sujeto a plazo.”
En relación as cuestións formuladas na solicitude que a persoa reclamante dirixiu ao Concello
de Santiago, a segunda das cuestións –que no caso en que non se abriran expedientes por
incumprimento, se lle informe de se pensa cumprir o previsto na normativa–, se demanda
unha valoración a partir dunhas premisas. Esta Comisión entende que esta parte da solicitude
non ten relación co concepto de información pública, legalmente definida no artigo 24 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no
exercicio das súas funcións”.
Para o resto da información solicitada, indicar que, non se está ante unha información que
requira a aplicación dos artigos 14 e 15 da lei 19/2013, do 9 de decembro. Non se poden aplicar
as causas de inadmisión do artigo 18 da mesma norma, posto que só poden ser aplicadas polo
suxeito que ten a información pública no momento da resolución e sempre que a súa
aplicación estea motivada.
Quinto. En conclusión, procede facilitarlle á persoa interesada a información pública que se
refire ao número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado
das obras de valados para a comunicación social.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede:
Primeiro: estimar parcialmente a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxx, con data de
18 de abril de 2016, contra a denegación por silencio do Concello de Santiago de Compostela
no que fai a que se lle facilite o número de expedientes abertos por incumprimento da obriga
de dispor no cercado das obras de valados para a comunicación social.
Segundo: instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, se responda á petición de información solicitada polo interesado, respectando, de
ser de aplicación, os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: instar ao Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia xustificante do envío e da recepción por
parte do interesado da información solicitada polo mesmo.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga
Páx. 5