Estimada parcialmente 22/11/2016 · 111 días en resolverse

Solicitud de información sobre expedientes de vallados de obras y cumplimiento de normativa de publicidad estática en el Concello de Santiago de Compostela

El ciudadano solicitó al Concello de Santiago de Compostela el número de expedientes abiertos por incumplimiento de la obligación de disponer de vallados para comunicación social y si se pensaba cumplir la normativa de publicidad estática. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar el dato numérico pero denegando la consulta sobre planes futuros.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de información sobre si la administración piensa cumplir la normativa de publicidad estática no constituye información pública al requerir una valoración y no un documento o contenido elaborado en el ejercicio de sus funciones.
2 La información relativa al número de expedientes abiertos no se encuentra sujeta a los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
3 La reclamación presentada frente a una denegación por silencio administrativo no está sujeta a plazo según el criterio 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DA DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxx xxxx xxxxxxx, mediante escrito do 5 de xullo do 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:: ANTECEDENTES Primeiro. Xxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 3 de agosto, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Santiago de Compostela. A reclamación á Comisión da Transparencia solicita que: En base a normativa de transparencia se lle achegue a seguinte información: Páx. 1 “O número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das obras de valados para a comunicación social. No caso de que non abrera ningún, agradecería que se informara sobre: Esa administración pensa dar cumprimento ao previsto na normativa de publicidade estática?”. Segundo. Con datas de 1 de setembro e 3 de outubro de 2016 dáselle traslado da documentación achegada polo interesado ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. Na segunda ocasión xe lle recorda que o prazo de presentación da documentación é de 10 días, transcorridos os que continuarase a tramitación. A recepción da solicitude pola administración é de 5 de setembro e 5 de outubro de 2016, sen que se remita informe. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, di que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente O 18 de abril de 2016 Xxxxxxxxxx solicita ao concello de Santiago de Compostela que en base a normativa de transparencia se lle achegue a seguinte información: “O número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das obras de valados para a comunicación social. No caso de que non abrera ningún, agradecería que se informara sobre: Esa administración pensa dar cumprimento ao previsto na normativa de publicidade estática? ”. Páx. 3 O interesado indica que ten coñecemento de que a Asesoría Xurídica do Concello de Santiago, conclúe, segundo lle consta noutro expediente do que foi parte, que “as autoridades velarán para que os promotores dispoñan no cercado das obras para facilitar os canles de expresión previstos nas ordenanzas municipais, polo que, de acordo co manifestado na Resolución desa institución, (Valedor do pobo) considerarase a aceptación da recomendación formulada, dándose traslado ao servizo de licencias do Concello para que esixa á habilitación dun espazo específico nos valados das obras para a colocación de carteis ou anuncios destinados á comunicación social”. O mesmo 18 de abril, desde o servizo de información cidadá do concello, se lle indica que se remite a consulta ao departamento municipal de Secretaría para que proceda á súa tramitación, e se lle facilita o enderezo da páxina da dita área, onde atopar información de contacto. En relación ao consentimento do interesado, desde o expediente RSCTG/0014/2016, constan na Comisión os datos necesarios para dispor da identidade do solicitante. A reclamación ante a Comisión da Transparencia está presentada en tempo e forma, tendo en conta o criterio 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que di que “ De acuerdo con reiterada doctrina jurisprudencial y con las previsiones normativas contenidas en los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas relativas a la interposición de recurso de alzada y reposición, respectivamente, respecto de resoluciones presuntas, la presentación de una reclamación ante el Consejo de Transparencia y Buen Gobierno frente a la desestimación de una solicitud de acceso a la información por silencio no estará sujeto a plazo.” En relación as cuestións formuladas na solicitude que a persoa reclamante dirixiu ao Concello de Santiago, a segunda das cuestións –que no caso en que non se abriran expedientes por incumprimento, se lle informe de se pensa cumprir o previsto na normativa–, se demanda unha valoración a partir dunhas premisas. Esta Comisión entende que esta parte da solicitude non ten relación co concepto de información pública, legalmente definida no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións”. Para o resto da información solicitada, indicar que, non se está ante unha información que requira a aplicación dos artigos 14 e 15 da lei 19/2013, do 9 de decembro. Non se poden aplicar as causas de inadmisión do artigo 18 da mesma norma, posto que só poden ser aplicadas polo suxeito que ten a información pública no momento da resolución e sempre que a súa aplicación estea motivada. Quinto. En conclusión, procede facilitarlle á persoa interesada a información pública que se refire ao número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das obras de valados para a comunicación social. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede: Primeiro: estimar parcialmente a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxx, con data de 18 de abril de 2016, contra a denegación por silencio do Concello de Santiago de Compostela no que fai a que se lle facilite o número de expedientes abertos por incumprimento da obriga de dispor no cercado das obras de valados para a comunicación social. Segundo: instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada polo interesado, respectando, de ser de aplicación, os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: instar ao Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia xustificante do envío e da recepción por parte do interesado da información solicitada polo mesmo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga Páx. 5