Estimada 02/11/2016 · 98 días en resolverse

Acceso a información sobre la gestión y control de puestos de venta ambulante en el Concello de Ponteareas

El ciudadano solicitó al Concello de Ponteareas información sobre la gestión de puestos de venta ambulante. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia. Esta última estima la reclamación, instando al Ayuntamiento a responder a las solicitudes que versan sobre información pública, excluyendo aquellas que piden valoraciones personales del alcalde.

Puntos clave de la argumentación

1 La información pública se define como contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas, no incluyendo la solicitud de opiniones o valoraciones personales de cargos públicos.
2 La solicitud de información sobre la previsión de sorteos para puestos vacantes solo es considerada información pública si existe un acuerdo previo del pleno o una ordenanza que lo exija.
3 El silencio administrativo del Ayuntamiento ante la solicitud original y ante el requerimiento de la Comisión constituye un incumplimiento de la obligación de resolver en plazo.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, mediante escrito do 27 de xullo do 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 27 de xullo de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Ponteareas. A petición da persoa interesada versaba sobre diferentes cuestións relacionadas co funcionamento dos mercadiños de venda ambulante neste termo municipal. En concreto solicitou información ao Concello de Ponteareas sobre 11 cuestións: “1. Cantos postos ambulantes se instalan nos mercadiños de Ponteareas? 2. Cantos postos ambulantes expoñen á vista publica e durante todo o tempo de venda, a obrigatoria autorización municipal de venda ambulante? 3. Cantas autorizacións municipais de venda ambulante están concedidas pola Xunta de Goberno Municipal? 4. Cantos solicitantes presentan a alta e mailo certificado de non ter débedas, do Imposto de Actividades Económicas? 5. Cantos solicitantes presentan a alta e mailo certificado de estar ó día nas cotizacións da Seguridade Social? 6. Tódolos titulares de postos ambulantes e mailos suplentes, cotizan á Seguridade Social, polo menos polas horas de duración dos mercadiños? 7. Cada un dos solicitantes presenta coa solicitude de posto, ou renovación anual, o seu correspondente seguro de Responsabilidade Civil? 8. En tódalas actividades económicas que se realizan na vía pública durante todo o ano, se lle require a presentación do correspondente IAE, para poder vender fora dun establecemento comercial? 9. A Ordenanza Fiscal de Taxas de ocupación de vía pública para o exercicio dunha actividade económica, se pide a tódalas persoas que exerzan a venda? 10. A inmediata orde de levantamento por parte da Policía Local dun posto ambulante que oculte, ou careza da obrigatoria exposición pública da autorización municipal de venda ambulante e a súa posterior denuncia ante a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, evitará que certos vendedores intrusos que acoden ós mercadiños có día gaño, poidan seguir aproveitándose do traballo do resto dos comerciantes ambulantes autorizados. É este o mesmo sentir do Señor Alcalde? 11. Prevé o Concello de Ponteareas, celebrar un sorteo democrático e coa publicidade obrigatoria, para a adxudicación de postos ambulantes que quedaron vacantes dende a anterior renovación de 2014 e 2015?” A reclamación achegada a esta Comisión veu acompañada da solicitude de información ao Concello de Ponteareas cursada con data de 26 de decembro de 2015. Esa solicitude, tal e como indica a persoa que a promove, non foi respondida pola autoridade municipal. Segundo. Con data de 1 de setembro de 2016 déuselle traslado da documentación achegada pola persoa interesada ao Concello de Ponteareas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente que propiciou a petición de acceso á información de xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de setembro de 2016. A administración non remitiu a esta Comisión a información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. A Lei 30/1992 do 26 de novembro, establece que o erro ou a ausencia da cualificación do recurso por parte do recorrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx solicitou ao Concello de Ponteareas unha serie de datos que se consideran información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13 da Lei 19/2013. O antedito concello non respondeu á solicitude cursada pola Comisión da Transparencia co obxecto de poder coñecer o expediente que, no eido municipal, propiciou a petición de acceso á información cursada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx. Analizadas as cuestións que propiciaron a petición da persoa reclamante perante o Concello de Ponteareas, e que non obtiveron resposta, poden agruparse en solicitudes relativas a: datos estatísticos sobre as autorizacións de venda ambulante, datos sobre o cumprimento por parte dos solicitantes das autorizacións de venda ambulante dos requisitos regulamentariamente establecidos, sobre as funcións de policía en relación ao control tanto das autorizacións como do resto da documentación requirida para dispoñer desa autorización e previsión futura para a adxudicación dos postos ambulantes vacantes. De todas estas peticións, cómpre analizar polo miúdo dúas: a primeira delas, citada co número 10 nos antecedentes da presente resolución busca unha opinión ou valoración do alcalde en relación co uso da orde de levantamento dun posto ambulante. Na segunda, a número 11 dos antecedentes, inclúe unha pregunta da persoa promotora acerca de se se prevé polo concello celebrar un sorteo democrático e coa publicidade obrigatoria, para a adxudicación de postos ambulantes que quedaron vacantes dende a anterior renovación de 2014 e 2015. Neste caso, dado que información pública está perfectamente delimitada a contidos ou documentos que obren en poder dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da norma, solo se existise un acordo previo do pleno do concello, ou ordenanza municipal que o esixa, en relación á celebración de sorteos con publicidade deste tipo de postos ambulantes, estaríamos ante unha petición de información pública. Da análise de todas estas peticións obsérvase, por outra banda, que non existen datos de carácter persoal que teñan que ser protexidos. Agora ben, as peticións citadas cos números 10 e 11 (no caso do nº 11 coas premisas anteditas) a persoa reclamante demanda por medio da súa solicitude ao Concello unhas valoracións a partires de premisas. Esta Comisión entende que esta parte da solicitude non forma parte do concepto de información pública legalmente definida no artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro que fai referencia a “contidos e documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación do título I da lei 19/2013, do 9 de decembro, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións”. Tanto a aplicación dos límites do artigo 14, como as causas de inadmisión deben recollerse expresamente na resolución. O artigo 20. 2 da lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan acceso parcial, ou a través dunha modalidade distinta á solicitada. O artigo 20.6 establece que o incumprimento reiterado da obriga de resolver en prazo terá a consideración de infracción grave aos efectos da aplicación aos seus responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. O silencio da administración implica a existencia dun antecedente nesta dirección. Quinto. En conclusión Tendo en conta o anteriormente exposto, queda claro que non se lle deu resposta as cuestións pedidas e que entran dentro do concepto de información pública, salvo a cuestión relativa á opinión ou criterio do alcalde sobre as supostas consecuencias da inmediata orde de levantamento por parte da Policía Local, dun posto ambulante que oculte, ou careza da obrigatoria exposición pública da Autorización Municipal de Venda Ambulante e a súa posterior denuncia ante a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, que aparece co nº 10 na relación de peticións so antecedente primeiro. Neste caso entendemos que se pide que o alcalde do concello faga unha declaración da súa valoración en relación a unhas premisas, que nada teñen que ver co dereito á información pública. No caso do número 11, solo corresponderá considerala información pública polo concello para o caso que exista acordo do pleno ou obriga de telo, nos termos expostos nestes fundamentos xurídicos. O Concello non fixo uso dalgún dos límites ou causas de inadmisión para denegar a resposta a esta cuestión. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos e conclusión, procede: Primeiro: estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx con data de 13 de xuño de 2016, contra a denegación por silencio da cuestión relativa a cantos postos exhiben publicamente, durante todo o tempo de venda, a obrigatoria autorización municipal, no Concello de Ponteareas. Segundo: instar ao Concello de Ponteareas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Terceiro: instar ao Concello de Ponteareas, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia xustificante do envío e da recepción por parte da persoa interesada da información solicitada polo mesmo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga