Se solicitó a Portos de Galicia información sobre expedientes de contratos menores de obra y servicios de conservación eléctrica. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia. Esta última decide archivar el expediente ya que la administración finalmente facilitó la información el 14 de julio de 2016.
Puntos clave de la argumentación
1
Se reconoce el derecho de acceso a la información pública según la Ley 1/2016 de Galicia y la Ley 19/2013 básica.
2
La administración admitió una demora en la entrega de la información debido a que gran parte de los expedientes requerían elaboración previa.
3
El incumplimiento reiterado de los plazos de resolución se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
Al haberse remitido ya la documentación solicitada al interesado el 14 de julio de 2016, el objeto de la reclamación ha quedado satisfecho.
Texto completo
ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN
PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE
TRANSPARENCIA E BO GOBERNO
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx, mediante escrito do 12 de xullo do 2016,
a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo
o día 12 de xullo de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de
acceso á información por parte da entidade Portos de Galicia.
A persoa interesada indicaba que hai unha desestimación por silencio ante a súa petición dos
seguintes datos:
“Datos dos expedientes de contratos menores de obra tramitados polo ente público desde 1 de
xaneiro de 2014 ata a data.
Copia ou acceso aos expedientes para a contratación por lotes dos servizos de conservación,
mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia”.
O escrito viña acompañado de fotocopia da solicitude dirixida a xxxxxxxxxx, con rexistro de
entrada de 8 de abril de 2016, e copia da certificación da vixencia no cargo de xxxxxxxxxx a favor
de xxxxxxxxxx emitido polo secretario da demarcación de Galicia do colexio.
Segundo. Con data de 1 de setembro de 2016 déuselle traslado da documentación achegada
pola persoa interesada a Portos de Galicia para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración ten data do 7 de setembro de 2016.
Terceiro. Con data 6 de outubro de 2016, esta Comisión da Transparencia recibiu o informe de
Portos de Galicia e o expediente elaborado.
O informe, en resumo, indicaba que o 18 de abril de 2016 tivo entrada na entidade Portos de
Galicia unha solicitude de acceso á información pública en relación “a datos dos expedientes de
contratos de obra tramitados por esta Entidade Pública desde o 01.01.2014 ata a data, e copia
ou acceso ós expedientes para a contratación por lotes do servizo de conservación, mantemento
e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia”.
Dado que se trataba de información sobre expedientes de contratación pública que na súa
meirande parte esixían elaboración, Portos de Galicia recoñece que houbo unha demora para
achegar a información ao solicitante. Esta circunstancia produciu efectos xurídicos o silencio
administrativo negativo.
O 8 de xullo de 2016, portos de Galicia recibe unha nova petición do Colegio de Ingenieros de
Caminos, Canales y Puertos (datada do 5 de xullo) solicitando a documentación que se indicaba
na primeira solicitude, ao tempo que amplía a relación de documentos solicitados inicialmente.
Á entidade pública Portos de Galicia no lle constaba a interposición perante o Valedor do Pobo
do recurso substitutivo polo que- á vista da solicitude do 5 de xullo- Portos de Galicia resolve
conceder o acceso á información a que se refire a solicitude deducida por xxxxxxxxxx, mediante
a remisión do documentación e datos solicitada, conforme se indica, o que se acordou na data
do 14 de xullo.
O informe indica literalmente:
“O expediente de licitación e adxudicación da CONTRATACIÓN POR LOTES DOS SERVIZOS DE
CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DOS PORTOS
PERTENCENTES A PORTOS DE GALICIA está dispoñible para a súa consulta na Plataforma de
Contratos Públios de Galicia no enderezo do procedemento
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17216 Sen prexuízo do anterior, no
documento PDF: 2016¬¬_Outros expedientes solicitados aparece documentación
complementaria sobre este servizo que integra o total da información solicitada sobre tal
expediente.
En relación ao resto de documentación solicitada se remite a xxxxxxxxxx os seguintes
documentos PDF: 2016¬¬_Relación de Contratos Menores; 2014¬_Relación de contratos
menores; 2015_Relación de contratos menores”.
O informe de Portos ven acompañado do expediente de transparencia nun CD.
A resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 14 de xullo de 2016 foi notificada e recibida
por xxxxxxxxxx, o mesmo día 14 de xullo de 2016.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de
diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter
básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade
Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo
á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que,
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que
corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións
de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o
seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do
9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as
reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se
axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común
en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación
desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á
información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso,
por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes,
que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así
se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do
artigo 18 desta lei.
• Sobre a ampliación dos prazos para resolver sobre a solicitude de acceso:
O artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a resolución en que se conceda ou
denegue o acceso deberáselle notificar ao solicitante e aos terceiros afectados que así o
solicitasen no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente
para resolver. Este prazo poderase ampliar por outro mes no caso de que o volume ou a
complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo de notificación ao
solicitante.
O mesmo artigo preceptúa que serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que
concedan o acceso parcial ou a través dunha modalidade distinta á solicitada e as que permitan
o acceso cando houbese oposición dun terceiro. Neste último suposto, indicaráselle
expresamente aa persoa interesada que o acceso só terá lugar cando transcorrese o prazo do
artigo 22.2
Cuarto.- Análise do expediente
Consta que con data de 14 de xullo de 2016 se resolveu conceder o acceso á información e se
remitiu a documentación solicitada. É obriga da administración notificarlle a xxxxxxxxxx a
necesidade de elaborar a información pública demandada, e proceder a ampliar o prazo
conforme o disposto no artigo 20.1 por outro mes, o que se debe ter en conta á hora da
tramitación destes expedientes.
A lei 19/2015, do 9 de decembro, no seu artigo 20.6 establece que o incumprimento reiterado
da obriga de resolver no prazo terá a consideración de infracción grave para os efectos da
aplicación aos seus responsables para o réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora, polo que esta comisión faille expresa advertencia de que este retraso
inicia o control de esta obriga.
Quinto. En conclusión
Procede recoñecer o dereito a recibir a información por parte dos solicitantes, se ben neste caso,
esta, con retraso, xa foi achegada polo que procede o arquivo do expediente.
A comisión ten en conta o retraso da resolución nos termos previstos no artigo 20.6 da lei
19/2015, do 9 de decembro.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos e conclusión, procede:
Primeiro: Arquivar a reclamación presentada por xxxxxxxxxx como xxxxxxxxxx con data 12 de
xullo do 2016, contra a denegación por silencio de Portos de Galicia.
Segundo: Non procede darlle copia da información solicitada toda vez que xa lle foi enviada á
persoa reclamante con data de 14 de xullo do 2016 por resolución da presidencia da entidade
pública Portos de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso
contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga