Desestimada 22/11/2016 · 112 días en resolverse

Reclamación contra la resolución de la Universidad de Vigo relativa al acceso a información sobre datos económicos y datos del peticionario

El interesado solicitó a la Universidad de Vigo el texto y datos del peticionario de una solicitud de información sobre sus datos económicos, alegando indefensión y vulneración de protección de datos. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar que la información era pública y que la universidad actuó conforme a la ley.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere motivación, siendo irrelevante la relación del solicitante con la entidad o su lugar de residencia.
2 La información relativa a subvenciones y ayudas de investigación es objeto de publicidad activa y no requiere trámite de audiencia al afectado si los datos ya estaban publicados.
3 No se considera que exista vulneración de la protección de datos cuando la información es pública y no concurren causas de inadmisión ni datos especialmente protegidos.
4 La solicitud de anulación del procedimiento administrativo es improcedente al no concurrir ninguna de las causas taxativas de nulidad o anulabilidad previstas en la ley.
5 La administración actuó correctamente al denegar la identificación del peticionario original basándose en las causas de inadmisión de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX, mediante escrito do 2 de agosto de 2016, a Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 2 de agosto de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Universidade de Vigo. O interesado solicitaba á Comisión: “Primero.- Que se ANULE la Resolución del Sr. Rector de la Universidad de Vigo de 7 de Julio 2016 por haber incurrido en INDEFENSION manifiesta a XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX y vulneración del artículo 19 de la Ley 19/2013, de 9 de diciembre y del artículo 27 de Ley 1/2016, de 18 de enero relativas a las Leyes de Transparencia Estatal y de Galicia respectivamente, pág. 1 resolviendo la solicitud presentada fecha 10 de mayo de 2016, y accediendo a enviar la información solicitada. Segundo.- Que se ordene al Rectorado de la Universidad de Vigo que se admita y se ponga a disposición de XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX el texto de la solicitud presentada fecha 10 de mayo de 2016, que ha sido denegado en la Resolución del Rector de la Universidad de Vigo, de 7 de julio de 2016, que se recurre mediante la presente Reclamación, retrotrayendo el expediente administrativo al trámite preceptivo de dar traslado al interesado XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX que establecen los artículos citados de ambas Leyes de Transparencia, haciendo cumplir el plazo de 15 días para que presente las alegaciones que se establecen en dichos artículos. Tercero.- Que se ordene al Rectorado de la Universidad de Vigo que se inicien los oportunos expedientes informativos, con carácter previo a los sancionadores que puedan corresponder, en relación a los cargos competentes y directamente implicados en materia de transparencia, y en concreto en relación con la solicitud de información tramitada contra XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX, así como al personal de la Universidad relacionado por su indebida e ilegal actuación en la ilícita publicidad del procedimiento a personal universitario y administrativo ajeno a los órganos estrictamente competentes, de conformidad con el régimen sancionador citado de la Ley 1/2016, de 18 de enero y en la Ley 1/2016, de 18 de enero, y las leyes de aplicación a los funcionarios públicos. Cuarto.- Que se ordene al Rectorado que se reparen de forma efectiva los daños y perjuicios que han ocasionado al honor y a la imagen de XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX la tramitación del expediente iniciado con solicitud presentada con fecha 10 de mayo de 2016, y resuelto por Resolución del Rector de la Universidad de Vigo de 6 de junio de 2016 notificada parcialmente y de forma incompleta a XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX con la Resolución de 7 de julio aquí impugnada, y la ilícita publicidad que de ello ha realizado los cargos y personal administrativo tramitador del procedimiento. Quinto.- Que se ordene al Rectorado que se reparen de forma efectiva los daños a XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX que el inadecuado tratamiento y la ilícita publicidad que de los datos personales se han realizado en la tramitación y resolución del procedimiento iniciado con solicitud con fecha 10 de mayo de 2016, y resuelto por Resolución del Rector de la Universidad de presentada Vigo de 6 de junio de 2016 notificada parcialmente y de forma incompleta a XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX con la Resolución de 7 de julio aquí impugnada, al incumplir las obligaciones establecidas en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre de protección de Datos de Carácter Personal.” Ademais hai que destacar as seguintes cuestións que o reclamante indica: a. A universidade non lle indica o prazo para interpoñelo recurso perante o Valedor do Pobo. b. Non se lle deu trámite de audiencia na solicitude de 10 de maio do 2016, cando se pedían datos que lle eran propios. c. A universidade formula erroneamente a solicitude inicial que falaba de programa de investigación e non de subvencións. d. Non se identificou de forma suficiente a información. e. Prescíndese do procedemento. f. Incumprimento da lexislación de protección de datos, pois o agora reclamante coñece do asunto por terceiros alleos á tramitación. Na reclamación se fai unha relación de persoas que sabían do expediente sen formar parte del. g. Falta de motivación da resolución. h. Ausencia de interese público, e ser o solicitante de 10 de maio alleo á Universidade e non ser de Galicia. i. Falta de ponderación por parte da universidade dos intereses en xogo. O reclamante pertence ao corpo de catedráticos de universidade e é profesor nesta universidade. O 13 de xuño de 2016, o reclamante requiriu á Universidade de Vigo o acceso á pág. 3 información pública en relación a unha resolución de acceso á información sobre datos económicos relativos a súa persoa da que tivo coñecemento que se estaba a tramitar. Tras saber dese expediente, no que non foi considerado interesado, o reclamante requiriu da Universidade de Vigo que lle achegase “la información textual de la petición y el nombre y datos del peticionario, la no admisión de la petición por parte de la Universidad de Vigo, la situación actual del procedimiento administrativo iniciado por parte de la Universidad de Vigo”. O escrito viña acompañado das resolucións da Universidade, e dos datos económicos que considerou oportuno. Segundo. Con data do 1 de setembro do 2016, a Comisión da Transparencia traslada á Universidade de Vigo a reclamación achegada polo interesado para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente que propiciou a solicitude de acceso á información pública. A recepción da solicitude pola administración é de 6 de setembro de 2016. Terceiro. Con data do 11 de novembro de 2016 se recibiu o informe da Universidade de Vigo e o expediente elaborado. O informe, en resumo, incide en todos os aspectos das alegacións realizadas polo reclamante, detalla que se trata de información xa pública, indica o procedemento que se segue para o tratamento da información, así como a intervención do persoal nas distintas fases. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. pág. 5  Lexitimación O artigo 12 da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente Neste expediente corresponde entrar nas seguintes cuestións: 1.- Cuestións procedimentais derivadas do dereito de acceso á información pública. 2.- Cuestións de procedemento administrativo común. 1.- Cuestións procedimentais derivadas do dereito de acceso á información pública 1.1. Sobre o que se solicita na reclamación O réxime de impugnacións que orixina a reclamación prevista na lexislación da transparencia ten a súa orixe na resolución na que se concede ou denega o acceso a información pública. Neste caso concreto, ante unha solicitude de acceso a información pública o agora reclamante non é parte neste expediente, do que di ter coñecemento por persoas alleas. O 13 de xuño de 2016, XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX solicita á Universidade “La información textual de la petición y el nombre y datos del peticionario, la no admisión de la petición por parte de la Universidad de Vigo, la situación actual del procedimiento administrativo iniciado por parte de la Universidad de Vigo”. O 11 de xullo a universidade resolve a solicitude de 13 de xuño e lle indica que “A petición inicial sobre a que se solicita información, relativa ás axudas de investigación recibidas por XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX, foi tramitada pola Universidade de Vigo que emitiu Resolución con data 6 de xuño de 2016. Dita resolución foi enviada ao solicitante. En relación coa situación actual do procedemento, infórmase de que, con data 7 de xullo de 2016 remítese oficio ao Departamento de Debuxo da Universidade de Vigo no que se informa da finalización do procedemento. Con respecto á identificación do peticionario e texto da petición aludida no seu escrito, esta petición atópase entre as causas de inadmisión establecidas pola Lei 1/2016”. A resolución da Universidade de Vigo continúa concedendo o acceso parcial á petición de XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX, e procede ao envío da información solicitada; en concreto se lle remite: “ -copia da RR de 6 de xuño de 2016 pola que se resolve a solicitude. -copia dos documentos enviados ao peticionario xunto coa resolución. -copia do documento enviado ao departamento de debuxo.” Así mesmo, a universidade inadmitiu á solicitude no que respecta á identificación e texto da petición iniciada por un terceiro en virtude do establecido no artigo 18.1 e) da Lei 19/2013. A reclamación achegada á Comisión entra en cuestións máis aló do dereito de acceso á información pública tales como a apertura de expedientes informativos para a xestión de expedientes sancionadores, o dereito ao honor ou a petición de reclamacións patrimoniais, que exceden do ámbito da transparencia e poderían, no seu caso, ser promovidos noutras vías polo interesado. Polo tanto, cómpre centrar a cuestión no que se pediu á universidade e na resposta que se lle deu o 11 de xullo ao interesado. pág. 7 1.2. Protección de datos, ponderación de interese e publicidade de datos especialmente protexidos A reclamación sinala a existencia dunha publicidade do procedemento a persoal universitario e administrativo alleo aos órganos estritamente competentes e o incumprimento da lexislación de protección de datos en relación á documentación solicitada no expediente que trae a súa orixe do escrito de 10 de maio de 2016. -Protección de datos O artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que o acceso unicamente se poderá autorizar co consentimento expreso e por escrito do afectado se se trata de datos especialmente protexidos. Son datos especialmente protexidos ós que se refiren os apartados 2 e 3 do artigo 7 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal. Nese artigo, o parágrafo 2 fai referencia a datos sobre ideoloxía, afiliación sindical, relixión e crenzas e o parágrafo 3 se refire aos de orixe racial, saúde e vida sexual. Tamén son datos especialmente protexidos os datos relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas que non leven consigo a amoestación pública ao infractor. Con carácter xeral, se concederá o acceso a información que conteña datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública do órgano. A resolución de 11 de xullo di expresamente que se solicita información sobre as axudas de investigación recibidas por XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX. A resolución de 7 de xuño, na que se lle remitira a un terceiro a documentación solicitada, di expresamente que se solicita información relativa á concesión de subvencións a XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX ao longo dos últimos cinco anos. O artigo 2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia da un concepto amplo de subvención baseado en que se trate de unha disposición dineraria realizada pola Administración da Comunidade Autónoma, ou por unha entidade vinculada ou dependente dela, a favor de persoas públicas ou privadas, e que cumpra os seguintes requisitos: que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios, que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á execución dun proxecto, á realización dunha actividade, á adopción dun comportamento singular, xa realizados ou por desenvolver, ou á concorrencia dunha situación, e que o beneficiario cumpra as obrigas materiais e formais que se establecesen. O proxecto, a acción, a conduta ou a situación financiada debe ter por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou a promoción dunha finalidade pública. O emprego do termo subvención ten un significado técnico-xurídico e tamén un uso xeral na lingua. Neste caso define unha mesma realidade e un mesmo contido e, no relativo á información pública, a ambos os dous solicitantes se lles achegou a documentación relativa ás contías económicas percibidas polo agora reclamante. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, no artigo 17, establece que serán obxecto de publicidade activa as subvencións, e en concreto se publicará o texto íntegro e a concesión das devanditas axudas. Este mesmo artigo exclúe aqueles supostos en que a publicación dos datos das persoas beneficiarias sexa contraria ao respecto e salvagarda da honra e da intimidade persoal e familiar. Por tanto, a ponderación de que información específica das subvencións – entendido este concepto no sentido establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño–, pódese publicar ou non debe facerse no momento en que se decide a información que vai a ser publicada. Para que a universidade teña elementos para avaliar esta decisión podería terse establecido un mecanismo na convocatoria que indique este feito, a fin de que os interesados puidesen telo advertido. En todo caso, o membro da comunidade universitaria podería telo pág. 9 alegado durante eses cinco anos, cousa que tampouco fixo. Por tanto, tal como di a resolución, toda a documentación estaba xa publicada na páxina da Universidade de Vigo. O reclamante tamén alega o incumprimento da lexislación de protección de datos, pois el mesmo coñeceu do asunto por terceiros alleos á tramitación. Na reclamación se fai unha relación de persoas que, segundo di o promotor, sabían do expediente sen formar parte del, e cita un curso de transparencia no que saíu o seu caso. A reclamación di que “de ser cierta la información comunicada...en relación a lo sucedido en el Curso de formación, impartido...el pasado día 5 de julio que se ha realizado un curso para los PAS concerniente a las nuevas herramientas de gestión económica....En el citado curso, mi caso fue expuesto por el Vicegerente en el ámbito de formación de los PAS en la exposición pública y posteriormente también con detalle con un grupo de asistentes al mismo vulnerándose la confidencialidad a la que está obligado, y manifestando en el mismo varios PAS que de dicho caso ya conocían con carácter anterior a dicho curso los nombres del solicitante de la información y el mío como profesor de la Universidad afectado por dicha solicitud”. Non procede ter en conta este feito, pois recolle opinións de terceiros anónimos ás que o propio reclamante non lles da o debido crédito pois el mesmo inclúe o inciso “de ser certa a información”, sen aportar datos concretos que permitan a esta Comisión investigar. Pola súa parte, o informe da universidade entra expresamente na cuestión indicando que un asistente, entre os que só había persoal da universidade responsable da xestión económica e, polo tanto, coñecedores da tramitación destes expedientes, preguntou sobre unha información de datos de carácter persoal -en relación ao expediente de acceso á información do que o reclamante agora quere saber o nome do solicitante- sendo a contestación “que non se tiña información ao respecto”. -Ponderación de interese e publicidade de datos especialmente protexidos O artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que cando a información solicitada non conteña datos especialmente protexidos, o órgano ao que se dirixa a solicitude concederá o acceso logo de ponderación suficientemente razoada do interese público na divulgación da información e os dereitos dos afectados cuxos datos aparezan na información solicitada, en particular o seu dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal. Agora ben, cando a universidade achega a información ao terceiro do que o reclamante quere coñecer a identidade, indica dúas cousas: que se ten comprobado que a información solicitada non se atopa en ningunha das causas de inadmisión da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e que a información solicitada xa está publicada a través das canles establecidas. Por tanto, a ponderación a que fai referencia o interesado, non tiña sentido facela, toda vez que durante o quinquenio sobre o que se piden os datos á universidade non lle constaba que o interesado puidera estar incurso nalgún dos supostos que a normativa de protección de datos considera especialmente protexidos e por isto estaban xa publicados. A información era pública, e se comprobou que non se atopaba en ningunha das causas de inadmisión propias da lexislación da transparencia. Cómpre analizar tamén o feito de que o reclamante indica que a persoa que fixo a solicitude sobre os seus datos económicos “no tiene ningunha relación nin con la universidad, ni con la materia de la que solicita información, y no vive tampoco en Galicia”. O concepto de interesado, en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades que convén salientar. O dereito de acceso á información pública se recoñece a todas as persoas (artigo 12 Lei 19/2013, do 9 de decembro). É suficiente coa identidade do solicitante (artigo 17.2 Lei 19/2013, do 9 de decembro), non existe obriga de motivación da solicitude (artigo 17.3 Lei 19/2013, do 9 de decembro), e se se dan os motivos “poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude”. En todo caso, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pág. 11 pois no artigo 24 equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O artigo 24 reforza o dereito desta cidadanía e di que no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantiráselle a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen mais limitacións que as derivadas desta ou doutras leis. Por tanto, é irrelevante que o solicitante de información pública teña ou non relación coa universidade, coa materia da que solicita información, ou o lugar de residencia. O dereito de acceso á información pública non ven determinado polo feito do interese, senón polo feito de que se fai unha solicitude sobre unha materia que non está excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido mais amplo, calquera información pública que xulgue oportuna. Sobre os datos solicitados, por todo o sinalado en relación a se se trata de datos especialmente protexidos ou non, está claro que non o son, agás que existan razóns que a universidade coñeza de antemán, que obriguen a non dalos. Neste caso non constan, porque o reclamante non di que se tivera informado á reitoría ou ao departamento de persoal, dalgunha circunstancia que xustificara que estes datos non se publicaran. En canto ao feito de que non se lle dera trámite de audiencia na solicitude de 10 de maio do 2016, cando se pedían datos que lle eran propios, é irrelevante, toda vez que o seu contido non se tivo en conta, pois de terse considerado, tivera dado lugar a un expediente informativo para investigar os feitos, o que non ocorreu. Pola contra, ao solicitante da petición de información inicial se lle achegan os datos que demostran e xustifican o bo uso dos fondos públicos por parte do agora reclamante, e cando o reclamante quere ter acceso aos datos que se lle entregaron ao solicitante de 10 de maio, se lle achegaron todos eles. Así o confirma a universidade cando indica a través do informe do Vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais que “comenta en el escrito de XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX de que se le acusa de una mala gestión sobre los gastos realizados al amparo de las ayudas de investigación. Esta vicegerencia non entra en ningún momento a valorar si la gestión fue eficaz, adecuada o pertinente, dando por hecho que el procedimiento administrativo habitual ya es suficiente garante de estas características, y se limita unicamente a proporcionar la información solicitada por el interesado en el portal de transparencia, sin ningún tipo de valoración al respecto”. 2.- Cuestións de procedemento administrativo común Para que se poida declarar a nulidade dun procedemento, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, determina, entre outras causas, que se prescinda total e absolutamente do procedemento legalmente establecido. O artigo 62 desa lei establece unhas causas taxadas para a nulidade. O artigo 63 do mesmo texto legal, declara a posible anulabilidade cando o acto careza dos requisitos formais indispensables, motivo de anulabilidade que tras o análise deste expediente concreto, non concorre. Quinto.- En conclusión, en relación ao procedemento administrativo, non procede anular a resolución, pois foron observadas as prescricións legais. Non existiu indefensión do interesado, porque eran datos publicados, sen que o interesado tivera manifestado a súa oposición pola existencia de motivos que obrigasen a unha especial protección de datos. Ao tratarse de datos públicos non é necesario darlle trámite de audiencia á persoa que ten recibido os fondos públicos para un destino concreto relacionado coa actividade susceptible de acadar esa financiación. RESOLUCIÓN pág. 13 En atención aos anteriores antecedentes e fundamentos xurídicos, procede Desestimar a reclamación de 2 de agosto de 2016 presentada por XXXXXX XXXXXXX XXXXXXXX, contra a resolución de 11 de xullo da Universidade de Vigo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, o interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga