El ciudadano solicitó al Concello de Vilagarcía el número de puestos de venta ambulante en vía pública y cuántos de ellos exhiben la autorización municipal. El ayuntamiento solo respondió a la primera cuestión. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por denegación parcial y falta de motivación, instando al municipio a responder a la pregunta pendiente.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración concedió un acceso parcial a la información solicitada, pero no motivó la denegación de la segunda cuestión planteada.
2
Tanto la aplicación de los límites del artículo 14 como las causas de inadmisión del artículo 18 deben recogerse expresamente en la resolución.
3
El artículo 20.2 de la Ley 19/2013 obliga a motivar las resoluciones que denieguen el acceso o concedan un acceso parcial.
Texto completo
ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN
PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE
TRANSPARENCIA E BO GOBERNO
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx, mediante escrito do 27 de xuño do 2016,
á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución::
ANTECEDENTES
Primeiro. Xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo
o día 13 de xuño de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha
solicitude de acceso á información por parte do Concello de Vilagarcía.
A persoa interesada indicaba que realizou a dito concello as seguintes preguntas ao Concello
de Vilagarcía:
-Cantos postos se instalan na súa localidade utilizando a vía pública para elo.
-Cantos postos exhiben publicamente, durante todo o tempo de venda, a obrigatoria
autorización municipal.
A reclamación veu acompañada do escrito no que solicita a información ao Concello de
Vilagarcía datado o 24 de marzo 2016.
O Concello de Vilagarcía remitiu á persoa interesada escrito de resposta no que da conta da
petición, entendendo que se solicitan datos estatísticos do mercado. Na resolución expón:
“A Xunta de Goberno Local acorda comunicarlles que o número total de postos do mercado
semanal é de 228 (Mercadiño)”.
A resolución informaba dos recursos e os seus prazos, indicándolle o prazo dun mes para a
interposición do recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno local e o prazo de
dous meses para interposición do Contencioso-Administrativo contado a partir do día seguinte
ao da notificación.
Segundo. Con data do 23 de setembro de 2016 déuselle traslado da documentación achegada
pola persoa interesada ao Concello de Vilagarcía para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de setembro de 2016. A administración
non remitiu á Comisión a información solicitada ata o 18 de outubro. O informe recoñece que
non se respostou á segunda pregunta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de
diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter
básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade
Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo
á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que,
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que
corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións
de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o
seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do
9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as
reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se
axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común
en materia de recursos.
A Lei 30/1992 do 26 de novembro, establece que o erro ou a ausencia da cualificación do recurso
por parte do recorrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu
verdadeiro carácter.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación
desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso
á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por
razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes,
que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así
se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión
do artigo 18 desta lei.
Cuarto.- Análise do expediente
xxxxxxxxxx solicitou ao Concello de Vilagarcía unha serie de datos que se consideran
información pública en poder desa autoridade municipal, ao abeiro do artigo 13 da Lei 19/2013.
A petición solicitaba información sobre o número de postos instalados na vía pública da
localidade co fin de venta ambulante e sobre cantos postos exhiben, durante todo o tempo de
venda, a obrigatoria autorización municipal.
O Concello de Vilagarcía tratou a petición como unha solicitude de datos estatísticos do
mercado, e lle deu resposta só á primeira das cuestións.
En relación á segunda parte da solicitude, que non obtivo resposta, non consta que se
demandasen datos de carácter persoal, pois se solicita o número de postos que exhiben
publicamente a obrigatoria autorización municipal durante todo o tempo de venda.
Tanto a aplicación dos límites do artigo 14, como as causas de inadmisión deben recollerse
expresamente na resolución. O artigo 20. 2 da lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que
serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan acceso parcial, ou a
través dunha modalidade distinta á solicitada.
Quinto . En conclusión
Tendo en conta o anteriormente exposto, queda claro que non se lle deu resposta a unha das
dúas cuestións feitas promovidas xxxxxxxxxx, en concreto aquela na que pedía cantos postos
exhiben publicamente durante todo o tempo de venda a obrigatoria autorización municipal.
Tanto a aplicación dos límites do artigo 14 da Ley 19/2013 xa citada, como as causas de
inadmisión do artigo 18 deben recollerse expresamente na resolución. O artigo 20.2 da mesma
lei establece que serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan
acceso parcial, ou a través dunha modalidade distinta á solicitada.
Conclúese que se concedeu neste caso acceso parcial ao solicitado, pero non consta que se
aludira a algún dos límites ou causas de inadmisión para denegar a resposta, nin tampouco a
motivación obrigada do acto.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos e conclusión, procede:
Primeiro: estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxx con data de 13 de xuño de 2016,
contra a denegación por silencio da cuestión relativa a cantos postos exhiben publicamente,
durante todo o tempo de venda, a obrigatoria autorización municipal, no Concello de
Vilagarcía.
Segundo: instar ao Concello de Vilagarcía a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada por xxxxxxxxxx , respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Terceiro: instar ao Concello de Vilagarcía, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia xustificante do envío e da recepción por parte da persoa
interesada da información solicitada polo mesmo.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso
contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga