El ciudadano solicitó al Concello de Vimianzo datos sobre la eficacia de cámaras de seguridad y su autorización gubernativa. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia. Esta última decide retrotraer el expediente para que la administración requiera al solicitante que concrete la información requerida, ya que la petición es imprecisa.
Puntos clave de la argumentación
1
La mera conjetura del solicitante sobre la intención del ayuntamiento de activar cámaras no otorga por sí misma el derecho de acceso a la información pública.
2
La pluralidad de regímenes jurídicos de las cámaras de videovigilancia (según su uso y ubicación) exige que el solicitante concrete a qué dispositivos se refiere para valorar el derecho de acceso.
3
La Comisión considera que, al no estar identificadas las cámaras, no es posible determinar la existencia del derecho de acceso a la información en este caso concreto.
Texto completo
ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN
PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE
TRANSPARENCIA E BO GOBERNO
En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx, mediante escrito do 5 de xullo do 2016,
á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución::
ANTECEDENTES
Primeiro. Xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo
o día 5 de xullo, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha
solicitude de acceso á información por parte do Concello de Vimianzo.
A persoa interesada indica que o 5 de maio do 2016 formulou ao concello de Vimianzo solicitude
de información en base á normativa de transparencia , sen que se lle facilitase.
Na solicitude do 5 de marzo ao concello, expón e solicita o seguinte:
“ Expón: Que teño coñecemento de que ese concello ten intención de activar, no caso de que
estean apagados, varias cámaras de seguridade.
Solicita: En base a normativa de transparencia, que informe sobre os datos obxectivos que
avalarían a eficacia deses dispositivos para lograr os fins desexados”.
O escrito, nun primeiro momento, ven acompañado dunha solicitude no Rexistro Electrónico
Común da Administración xeral do Estado, da mesma data do 5 de xullo, de solicitude de acceso
á transparencia solicitando que se informe se o Concello de Vimianzo dispón de autorización
gubernativa para a utilización de cámaras por parte das Forzas e Corpos de Seguridade.
Segundo. Con data 11 de xullo de 2016 dáselle traslado da documentación achegada pola persoa
interesada ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración é de 12 de xullo de 2016, sen que se remita
informe.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de
diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter
básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade
Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo
á que se remiten as anteriores.
Primeiro.- Competencia
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que,
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo.
O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que
corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións
de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
Segundo.- Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o
seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do
9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as
reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se
axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común
en materia de recursos.
Terceiro.- Dereito de acceso á información pública
Ámbito material
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación
desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
Lexitimación
O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información
pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso
á información, no seu artigo 26.4.
Limitacións que poden afectar ao seu exercicio:
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por
razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes,
que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así
se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión
do artigo 18 desta lei.
• No ámbito concreto das cámaras de vídeo-vixilancia utilizadas polas Forzas e Corpos
de Seguridade aplícase a Lei orgánica 4/1997, de 4 de agosto, que regula estas instalacións en
lugares públicos e a súa utilización policial con fins de seguridade. Esta lei habilita ás
comunidades autónomas con competencias para a protección das persoas e dos bens e para o
mantemento da orde pública para regular e autorizar a utilización de vídeo cámaras polas súas
forzas policiais e polas dependentes das entidades locais radicadas no seu territorio. Contan
cun réxime específico a custodia das gravacións obtidas, a responsabilidade sobre o seu ulterior
destino e as peticións de acceso e cancelación. En calquera caso, aplícase plenamente a Lei
orgánica de protección de datos.
Cuarto.- Análise do expediente
A solicitude da persoa interesada é que se informe sobre os “datos obxectivos que avalarían a
eficacia deses dispositivos para lograr os fins desexados”.
O primeiro que cómpre salientar é que non hai coincidencia literal entre o contido da petición
ao concello de Vimianzo na data do 5 de maio, na que expón que “ten coñecemento de que o
concello ten intención de activar, no caso de que estean apagadas, varias cámaras de
seguridade”; o contido da reclamación presentada ante esta Comisión na data do 5 de xullo, na
que se refire aos “datos obxectivos que avalarían a eficacia deses dispositivos para lograr os fins
desexados” e o contido da solicitude presentada ante o Registro Electrónico Común da
Administración Xeral do Estado, na mesma data, na que solicita que se informe se o Concello de
Vimianzo ten autorización gubernativa para a utilización de cámaras por parte das Forzas e
Corpos de Seguridade.
A Comisión, dado que a exposición da solicitude ao concello non o indica, descoñece a que
cámaras de seguridade se está referir a persoa interesada, cando as instalacións de vídeo-
vixilancia teñen un réxime xurídico diferenciado segundo os seus usos. Por outra banda, perante
o concello formula unha exposición baseada nunha mera conxetura. A mera declaración do
solicitante de que ten coñecemento de que o concello ten intención de activar, en caso de que
estean apagadas, determinadas cámaras, non da dereito ao acceso á información pública no
sentido en que se recolle na normativa de transparencia.
Quinto. En conclusión
A Comisión descoñece a que cámaras concretas se refire a persoa interesada, polo que non pode
valorar se existe ou non o dereito de acceso á información pública.
É preciso concretar a que dispositivos se refire xa que as cámaras de vídeo-vixilancia teñen unha
regulación diferente en función do seu uso público ou para fins de seguridade privada e en
función dos espazos controlados (cámaras con acceso á vía pública, cámaras en espazos públicos
de uso privado, cámaras en contornas escolares ou de menores, con fins de control empresarial
ou con outras finalidades). Esta pluralidade de supostos na captación de imaxes por vídeo-
cámaras implican un tratamento diferenciado que incide no dereito de acceso á información.
Xa que logo, o demandante deberá dirixirse novamente ao concello e reformular a súa petición
de información, concretando os dispositivos sobre os que require información.
RESOLUCIÓN
En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede:
Estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxx, con data 27 de xuño de 2016, contra a
denegación de información pública por silencio do Concello de Melide, ordenando retrotraer o
expediente para que a administración lle requira que concrete a súa petición .
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso
contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga