Desestimada 02/11/2016 · 124 días en resolverse

Solicitud de información sobre tarjetas bancarias institucionales de la Xunta de Galicia y resultado desestimado

El ciudadano solicitó a la Consellería de Facenda información sobre la existencia y uso de tarjetas bancarias institucionales en la Xunta. Tras dos respuestas administrativas, recurrió al Comisionado de Transparencia alegando ambigüedad. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar que la administración respondió satisfactoriamente a lo solicitado sin necesidad de reelaboración.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación contra la primera resolución fue inadmitida por presentarse fuera del plazo legal de un mes.
2 La motivación de la respuesta no es exigible cuando la administración aporta toda la información requerida sin denegarla.
3 La reelaboración como causa de inadmisión se aplica cuando la información debe elaborarse expresamente usando diversas fuentes o el organismo carece de medios técnicos para extraerla.
4 Se determina que la administración respondió a la solicitud basándose en los datos disponibles sin requerir un nuevo tratamiento de la información.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx, mediante escrito do 1 de xullo de 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 1 de xullo de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Facenda. A persoa interesada indica literalmente que, “tras presentar dúas peticións de transparencia ante a Consellería de Facenda para coñecer se existen na Xunta tarxetas bancarias institucionais e que uso se fai delas, a ambigüidade das respostas obtidas non se pode considerar transparente e os argumentos empregados carecen da motivación esixible a todo acto administrativo”. O que solicita é que “o Valedor do Pobo, como Comisionado da Transparencia, interveña e me informe de se existen na Xunta as anteditas tarxetas bancarias institucionais, cantas hai, quen as ten, que gastos se realizan con elas, se Facenda supervisa ou non as que poidan existir noutros departamentos ou calquera dato que, sen atentar contra a seguridade e privacidade dos datos da Xunta, permitan un cumprimento efectivo dos obxectivos da Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno” O escrito ven acompañado da copia das dúas resolucións emitidas pola Consellería de Facenda de datas de 6 de maio e 9 de xuño 2016, pero non se achegan as solicitudes que a persoa que promove esta reclamación dirixiu á consellería. Segundo. Con data 11 de xullo de 2016 dáselle traslado da documentación achegada pola persoa interesada á Consellería de Facenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración é de 13 de xullo de 2016. Terceiro. Con data de 29 de setembro de 2016 se recibe o informe da Secretaría Xeral do Patrimonio e o expediente elaborado. O informe, en síntese, indica que “na primeira solicitude de información(...) que estendía a súa solicitude a toda a Xunta de Galicia, atopábamos no suposto do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, que ampara a denegación da información, por esixir a contestación necesariamente, dunha previa reelaboración, ao non dispoñer a Consellería de Facenda da información solicitada. Na segunda das solicitudes de acceso á información se facía referencia a “Datos dos que dispoña xa a Consellería de Facenda sen ter que reelaborar sobre quen da Xunta ten tarxeta bancaria institucional e seus gastos”. Por resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Facenda, de 9 de xuño de 2016, concédeselle o acceso a información demandada e se lle comunican os datos dos que dispón xa a consellería, sen ter que reelaborar. O informe remata manifestando que transmitíuselle a información da que dispón a Consellería, polo que se entende respondida a súa solicitude e subliña que non se denega a información, senón que se lle dá, ao informar que “dende o ano 2009 non existen tarxetas bancarias institucionais a disposición dos seus altos cargos.”. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Para este expediente en concreto hai que ter en conta o disposto no artigo 115.2 da Lei 1/2015, do 1 de outubro que di que o erro ou a ausencia da cualificación do recurso por parte do recorrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala no seu artigo 26.4. que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 os límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións, e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión previstas no artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente Neste expediente corresponde entrar nas seguintes cuestións: 1. O asunto solicitado ao Comisionado da Transparencia 2. As peticións realizadas á Consellería 3. A necesidade de motivación para este tipo de procedementos 4. O prazo utilizado pola Administración para contestar 1. O asunto solicitado ao Comisionado da Transparencia A persoa interesada se dirixe ao Valedor do Pobo como Comisionado da Transparencia. O Comisionado é un órgano independente de control do cumprimento das obrigas comprendidas no título dedicado á transparencia da actividade pública da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro (artigo 32 da citada norma). Entre as súas funcións se recollen as de responder ás consultas formuladas polos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei, adoptar recomendacións para o mellor cumprimento das obrigas legais, asesorar en materia de transparencia do dereito de acceso á información pública, emitir informes sobre os proxectos de normativa sobre transparencia, e efectuar, por iniciativa propia ou por mor de denuncia, requirimentos para a emenda dos incumprimentos que se poidan producir das obrigas establecidas en materia de publicidade activa. A solicitude realizada quere que o Comisionado da Transparencia informe dos datos que se recollen nos antecedentes. Da análise do artigo 32 da lei 1/2016, queda claro que non é función do Comisionado da Transparencia intervir e obter información para un particular. O artigo 110.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro di que o erro da cualificación do recurso por parte da persoa recorrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter. A persoa interesada achega as dúas resolucións da administración, corresponde por tanto, cualificalo como unha reclamación fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro. 2. As peticións realizadas á consellería A persoa que promove a reclamación ante a Comisión da Transparencia fai referencia no seu escrito a dúas solicitudes de acceso á información: -Unha primeira petición de 7 de abril de 2016 Esta solicitude foi resolta o 6 de maio de 2016, constando notificación da resolución por correo electrónico do 9 de maio. Esta resolución está incorporada á documentación que obra en poder da Comisión da Transparencia ao seren remitida unha copia ordenada e completa de todo o expediente por parte da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda. O artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a reclamación potestativa interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado. Pola súa parte, o artigo 113.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, permite a resolución por causa de inadmisión dos recurso. Concorrendo, neste caso, que teña transcorrido o prazo para a súa interposición. A reclamación formulada o 1 de xullo ante a Comisión da Transparencia contra a resolución da Consellería de Facenda do 6 de maio, está fora de prazo e procede inadmitila. -Unha segunda petición de acceso á información, de data de 12 de maio de 2016 Esta segunda solicitude de acceso foi resolta o 9 de xuño e notificada o 13 de xuño, polo que a presentación da reclamación ante a Comisión da Transparencia, de data de 1 de xullo, esta dentro do prazo legal. Procede, por tanto, admitir esta reclamación. 3. A necesidade de motivación para este tipo de procedementos O artigo 20.2 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, di que serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan o acceso parcial ou a través dunha modalidade distinta á solicitada e as que permitan o acceso cando teña habido oposición dun terceiro. Por tanto a motivación non é necesaria se a consellería achega todo o que se lle require. A resolución da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda de 9 de xuño de 2016 da resposta completa á solicitude de acceso á información nos seus propios termos, xa que os datos dos que dispón xa a Consellería de Facenda –sen ter que reelaborar– refírense a 2009 e á propia Consellería de Facenda. A persoa promotora da reclamación delimita esta petición cando sinala á consellería que a información que demanda é a que non teña que ser reelaborada. Non é preciso, por tanto, motivar unha resposta cuxa concreción deriva da propia persoa solicitante. En relación ás reelaboracións, o criterio 7/2005 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno xa ten determinado que a reelaboración supón un novo tratamento da información e non debe confundirse con outros supostos, tales como o volume ou a complexidade da información solicitada, a inclusión de datos persoais susceptibles de acceso parcial ou de anonimización ou o acceso parcial da información, supostos estes contemplados nos artigos 20.1, 15.5 e 16 da Lei 19/2013, que non supoñen causas de inadmisión en si mesmos. A reelaboración haberá de basearse en elementos obxectivables de carácter organizativo, funcional ou orzamentario, identificando estes na correspondente resolución motivada. Textualmente, “el concepto de reelaboración como causa de inadmisión ha sido interpretado por este Consejo de Transparencia y Buen Gobierno en diversas resoluciones de tal manera que puede entenderse aplicable cuando la información que se solicita, perteneciendo al ámbito funcional de actuación del organismo o entidad que recibe la solicitud, deba: a) Elaborarse expresamente para dar una respuesta, haciendo uso de diversas fuentes de información, o b) Cuando dicho organismo o entidad carezca de los medios técnicos que sean necesarios para extraer y explotar la información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar la información solicitada”. De toda a documentación achegada á Comisión da Transparencia pola administración non consta ningún outro dato que non fose coñecido pola persoa interesada. Quinto. En conclusión Estamos ante unha reclamación fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro realizadas pola persoa interesada os días 7 de abril e 12 de maio do 2016. Cómpre inadmitir o recurso contra a resolución de 6 de maio de 2016 (con iniciación o 7 de abril) por estar fora de prazo. Respecto á resolución de 9 de xuño (presentada o 9 de maio) se conclúe que a consellería deu resposta á solicitude de información presentada, e que se refire aos datos xa dispoñibles na Consellería de Facenda, sen ter que facer unha reelaboración dos mesmos. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede DESESTIMAR a reclamación única presentada por xxxxxxxxxx na data do 1 de xullo de 2016 contra a resolución da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda de 9 de xuño de 2016. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga