Desistimiento

Reclamación por falta de respuesta del Concello de Melide sobre el funcionamiento y mantenimiento de cámaras de seguridad

El ciudadano solicitó al Concello de Melide información sobre el funcionamiento y mantenimiento de sus cámaras de seguridad. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia. Esta última decidió archivar la reclamación por desistimiento, ya que el interesado se negó a completar su identificación personal requerida por la Comisión.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia de Galicia actúa como órgano colegiado adscrito al Valedor do Pobo, pero sus procedimientos de resolución de reclamaciones son independientes y se rigen por la legislación de procedimiento administrativo común.
2 El procedimiento de reclamación se ajusta a lo previsto en la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016, teniendo la consideración de recurso administrativo sustitutivo.
3 La Comisión requiere la acreditación de la identidad del solicitante conforme al artículo 71 de la Ley 30/1992 para la tramitación de la reclamación.
4 Se desestima el argumento del recurrente sobre la validez del correo electrónico basándose en recomendaciones del Defensor del Pueblo, alegando que la Comisión no dispone de las mismas herramientas de verificación de identidad que otras administraciones.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx mediante escrito do 27 de xuño do 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Pimeiro. xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 27 de xuño do 2016, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información polo Concello de Melide en relación aos seguintes feitos: “Que o 30 de marzo de 2016 formulei ao concello de Melide solicitude de información en base á normativa de transparencia , sen que se me facilitase”. Na solicitude do 30 de marzo ao concello, consta que pide acceso a: “Información que certifique, de forma indubitada, que as cámaras do Concello de Melide estean ou non en funcionamento. Información de por que afirmou no pleno do 5 de xuño de 2014 de que o mantemento das cámaras estaba a cargo da empresa SEGURIDADE A1 e posteriormente negou que existira mantemento de ningún tipo. Información que confirme que as cámaras cumpren coa normativa vixente”. Segundo. Con data do 6 de xullo de 2016, a Comisión acusa recibo á persoa interesada da recepción da reclamación formulada, informándolle do número de expediente que se lle asigna. O 14 de xullo de 2016 se lle require que, de acordo co artigo 71 da lei 30/1992, do 26 de novembro, complete no prazo de 10 días a súa solicitude inicial, por careceren da sinatura e de acreditación inicial da súa identidade. Terceiro. Con data 6 de xullo de 2016 requiriuse á administración afectada (Concello de Melide) para que remitise o expediente e o informe previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O escrito foi recibido no concello o día 8 de xullo. Non se recibiu por parte desta Comisión da Transparencia a resposta da administración. Cuarto. O 18 de xullo de 2016 a persoa interesada remite un escrito no que comunica : “Tendo en conta a recomendación realizada polo Defensor do Pobo en relación co acceso á información por medio de correo electrónico (https://www.defensordelpueblo.es/resoluciones/recomendacion- a-la-oficina-para-la-reforma-de-la-administracion-opera-para-que-estudie-la-posibilidad-de-contemplar-como-via-de- presentacion-por-los-ciudadanos-para-el-ejercicio-del-derecho-de-acceso/) onde se recollía “estudiar la posibilidad de contemplar como vía de presentación por los ciudadanos para el ejercicio de derecho de acceso a la información pública, la solicitud por correo electrónico en la que queden reflejados los datos de identidad del solicitante con la indicación del nombre, apellidos y el número del DNI” (recomendación que foi aceptada) e que o Consello de tranparencia e bo goberno tramita calquera reclamación mediante o envío desta ao correo electrónico [email protected] (...) non se entende que a Comisión da Transparencia de Galiza (como parte da institución do Valedor do Pobo) utilice uns criterios que restrinxen o exercicio dese dereito e dunha forma diametralmente oposta aos criterios do Defensor del Pueblo”. A persoa interesada manifesta que o criterio desta Comisión é anticuado e non responde aos criterios actuais de relación coa cidadanía expostos na recomendación antedita, realizada polo Defensor del Pueblo e subliña que se a Comisión ten dúbidas sobre a acreditación da súa vontade “o feito de que a presente por rexistro ou por carta certificada non vai variar esa dúbida, pois igual que se pode remitir un correo no nome doutra persoa pódese rexistrar unha carta no nome doutra persoa. En ambos casos as responsabilidades penais son as mesmas”. Finalmente solicita aclaración a esta Comisión sobre se considera imprescindible que se lle remita a mesma solicitude que xa recibiu para tramitar unha reclamación da que xa ten coñecemento. O persoa reclamante lembra que desexa recibir todas as comunicacións da Comisión por correo electrónico. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro.- Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento axustarase ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro.- Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembre, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. Cuarto.- Análise do expediente Consta nos antecedentes que se solicitou á persoa interesada que completase a súa solicitude inicial ante esta Comisión cos datos relativos á súa identificación persoal, cousa que a persoa interesada non fixo. No seu escrito do 18 de xullo di literalmente: “(...) non se entende que a Comisión da Transparencia de Galicia (como parte da institución do Valedor do Pobo) utilice uns criterios que restrinxen o exercicio dese dereito e dunha forma diametralmente oposta aos criterios do Defensor del Pueblo”. Con carácter previo cómpre aclarar que a Comisión da Transparencia de Galicia non é parte da institución do Valedor do Pobo, senón que é un órgano colexiado adscrito a esta oficina en canto ao uso dos seus medios e recursos e na persoa titular do Valedor como presidente/a da Comisión. Porén os procedementos do Valedor do Pobo na tramitación das súas queixas son completamente distintos do previsto para a Comisión da Transparencia. O artigo 34 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro expresamente indica que “o Comisionado da Transparencia e a Comisión da Transparencia actuarán con separación das súas funcións respecto das outras que lle corresponden ao Valedor do Pobo, ben que contarán cos medios persoais e materiais asignados a esta institución”. Xa que logo, a Comisión da Transparencia resolve as reclamacións en materia de acceso á información pública polo procedemento previsto para os recursos administrativos, por ter a consideración de recursos substitutivo destes. Está totalmente suxeito á lexislación básica de procedemento administrativo común (Lei 30/1992, de 26 de novembro). Por tanto, a recepción das queixas no Valedor por correo electrónico está perfectamente xustificado pola súa normativa. A aludida recomendación do Defensor del Pueblo está dirixida a unha administración pública que, por tanto, dispón de verificación de identidade a través da plataforma de intermediación de datos, unha ferramenta da que, de momento, non conta esta Comisión, aspecto este no que se está a traballar para facilitar do xeito máis breve posible a tramitación electrónica de todos estes aspectos relacionados coa identificación da cidadanía. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos e conclusión, procede: Arquivar por desistimento a reclamación presentada por xxxxxxxxxx, con data 27 de xuño de 2016, contra a denegación de información pública por silencio do Concello de Melide. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga