Estimada 02/11/2016 · 163 días en resolverse

Solicitud de acceso a los acuerdos con representaciones sindicales y al acuerdo del Pleno sobre los presupuestos municipales de 2016

El ciudadano solicitó al Concello de Marín el acuerdo con sindicatos para los presupuestos de 2016 y el acuerdo del Pleno del 13/04/2016. Alegó falta de respuesta y opacidad administrativa. La Comisión da Transparencia estima la reclamación porque la administración no respondió expresamente sobre los acuerdos sindicales y proporcionó el acuerdo del Pleno de forma extemporánea.

Puntos clave de la argumentación

1 El acceso a la información pública comprende cualquier contenido o documento elaborado o adquirido en ejercicio de las funciones administrativas.
2 El Concello de Marín proporcionó la información sobre el acuerdo del Pleno de forma tardía, publicándola en la web el 23 de mayo, cuando ya había finalizado el plazo de exposición pública el 16 de mayo.
3 La administración no resolvió expresamente la solicitud de acceso a las actas o acuerdos alcanzados con las representaciones sindicales mencionados en el informe del interventor municipal.
4 La documentación relativa a los acuerdos con representantes sindicales se encuadra dentro de la información pública delimitada en la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DA TRANSPARENCIA NA RECLAMACIÓN PRESENTADA AO AMPARO DO ARTIGO 28 DA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO En resposta á reclamación presentada por xxxxxxxxxx , mediante escrito do 23 de maio de 2016, á Comisión da Transparencia, considerando os Antecedentes e Fundamentos Xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. xxxxxxxxxx presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 23 de maio de 2016, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na súa disposición adicional 5ª, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Marín. Na súa reclamación perante o Comisionado da Transparencia, sinalaba literalmente que “aprobado el presupuesto municipal para 2016, dentro del plazo de presentación de reclamaciones, se ha solicitado por correo electrónico a su alcaldía ([email protected]), departamento de personal ([email protected]) y Alcaldesa ([email protected]) que se suministrase vía correo electrónico el contenido del acuerdo supuestamente alcanzado con las representaciones sindicales para el citado presupuesto de 2016 y al que hace referencia el. Sr. Interventor Municipal en el informe emitido en el expediente. Esta petición se hizo el 5 de Mayo de 2016 (se acompañan copias de correos y de confirmación de lectura), interesando también el día 10 de Mayo de 2016 que se facilitara el texto del acuerdo de Pleno de 13/04/2016 que aprueba dicho presupuesto. A pesar del tiempo transcurrido y de la sencillez de remisión de dichos documentos, públicos y que constan en el expediente administrativo, no se ha facilitado. El acuerdo de 13/04/2016 fue colocado en web el día 23 de Mayo de 2016”. A persoa interesada remitiu ao longo da tramitación dous novos escritos: Con data de 5 de xullo de 2016 enviou un correo electrónico relativo á falta de resposta do Concello de Marín en varios expedientes de queixa que foron tramitados polo Valedor do Pobo sobre cuestións diversas (incompatibilidades, denuncias presentadas por actuacións de persoal municipal, información sobre concesión de anticipos de soldos…), insistindo na persistencia do concello en no facilitar a información que se lle solicitara. Nun correo electrónico do 29 de agosto de 2016 solicita información sobre o estado de tramitación dos seus expedientes de transparencia, coas referencias DAIPVP008/2016 e CTG006/2016. Segundo. A solicitude de acceso á información coa referencia DAIPVP008/2016 abriuse pola recepción dun correo electrónico de data do 21 de maio de 2016 no que aludía aos retrasos imputables ao Concello de Marín na tramitación dos expedientes de queixa tramitados ante o Valedor do Pobo. Dous días despois recibiuse o seu correo do día 23 con dous reclamacións distintas polo que o expediente DAIPVP008/2016 transformouse nunha reclamación ao abeiro da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, que recibiu o nº de expediente CTG006/2016. Este expediente foi tramitado perante o Concello de Marín que na data do 13 de xuño de 2016 achegou informe indicando que o 23 de maio enviáronlle á persoa requirinte dous correos electrónicos, un no que se lle pedía desculpas pola tardanza, e se lle comunicaba que se subiría ese mesmo día á web do concello o documento para o seu acceso público; e outro, no que se lle enviaba un enlace e se lle solicitaba que confirmara que era ese o documento requirido por el, sen ter mais noticias pola súa parte. O informe do Concello de Marín xuntaba copia dos correos electrónicos achegados á persoa reclamante. Este reclamación foi arquivada por teren xa o solicitante a información ao seu dispor, relativa ao Acordo do Pleno do Concello de Marín, de 13 de abril de 2016, no que se aprobou o orzamento municipal para 2016 e que foi publicado na páxina web do concello o 23 de maio. Terceiro. A instrución do presente expediente, coa referencia CTG 0005/2016 quedou circunscrita á outra cuestión promovida na súa reclamación: que se achegase vía correo electrónico o contido do acordo supostamente alcanzado coas representacións sindicais para o citado orzamento de 2016, ao que facía referencia a intervención municipal no informe emitido no expediente. Esta petición fíxose o 5 de maio de 2016 e non foi respondida. Con data do 4 de outubro déuselle traslado ao Concello de Marín da documentación achegada pola persoa interesada para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente, indicándolle que de non recibir resposta no prazo de dez días e segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, continuaríase a tramitación do expediente. O Concello de Marín recibiu esa petición o 5 de outubro de 2016, tal e como puido constatar este Comisionado. A administración municipal non remitiu ata o 19 de outubro o informe e o expediente administrativo. O informe céntrase no carácter abusivo e repetitivo das demandas da persoa interesada. Este carácter reiterado e abusivo está referido a situacións anteriores á entrada en vigor da lei 1/2016, polo que é de manter o seguinte: Con data do 18 de outubro de 2016, a persoa interesada remite un correo electrónico no que, tras solicitar aclaracións sobre a tramitación, indica que a súa reclamación fai “referencia a que se había solicitado en diversas ocasiones del Ayuntamiento de Marín la documentación correspondiente al presupuesto municipal en exposición pública, pero fundamentalmente el contenido del acuerdo alcanzado con las representaciones sindicales para el citado presupuesto al que hacía referencia el informe del Interventor. Tal como indica el Ayuntamiento, el acuerdo plenario se puso en la web municipal el mismo día 23 de Mayo, cuando se había pedido insistentemente con anterioridad. En esa fecha, 23 de Mayo, ya había finalizado el plazo de exposición del presupuesto municipal (16 de Mayo) y por tanto, se privó del conocimiento del acuerdo plenario que se decía estar en exposición pública, pero que materialmente no lo estaba en la página web del Ayuntamiento ni se envió a esta parte como se había solicitado anteriormente los días 5 y 10 de Mayo. Tampoco se facilitó el acuerdo alcanzado con las representaciones sindicales para el citado presupuesto ni en esa fecha ni actualmente, por lo que existe la base suficiente para la queja planteada ante la Comisión de Transparencia por la ocultación de dicho acuerdo.” O escrito remitido por correo electrónico insiste na opacidade do concello ao non facilitar as actas dos procesos de negociación sindical abertos, manifestando que o concello respondeu por na data do 6 de abril de 2016, fai máis de oito meses, que dito proceso estaba en curso e non estaban redactadas as actas e que cando rematase a negociación asinaríanse. Salienta as constante demoras e escusas do concello para o cumprimento dos seus propios acordos e da Ordenanza municipal de transparencia e bo goberno de 8 de outubro de 2015 que lles obrigaría a facilitar o acceso a esta información. FUNDAMENTOS XURÍDICOS A lexislación aplicable a este procedemento ven configurada pola Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, de carácter básico, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo á que se remiten as anteriores. Primeiro. Competencia O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que, contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo. O artigo 33 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que corresponde á Comisión da Transparencia a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Segundo.- Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno preceptúa que o seu procedemento se axustará ao previsto nos números 2, 3, e 4 do artigo 24 da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, para as reclamacións perante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, pola súa parte, sinala que estamos ante unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. A Lei 19/2013, do 9 de decembro establece que o procedemento para o exercicio do dereito de acceso se iniciará coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. A Lei 30/1992, de 26 de novembro establece que é causa de inadmisión carecer a solicitude de revisión manifestamente de fundamento (artigo 102). Terceiro. Dereito de acceso á información pública  Ámbito material A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida, como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.  Lexitimación O preámbulo da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, sinala que a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información, no seu artigo 26.4.  Limitacións que poden afectar ao seu exercicio: A Lei 19/2013, do 9 de decembro, prevé nos artigos 14 e 15 uns límites ao dereito ao acceso, por razón da materia e por mor da protección dos datos de carácter persoal. Todas as solicitudes, que non entren dentro destes límites deberán ser atendidas, agás que existan limitacións e así se xustifiquen debidamente co chamado test de danos, ou algunha das causas de inadmisión do artigo 18 desta lei. O artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, sinala que a resolución en que se conceda ou denegue o acceso deberáselles notificar ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Este prazo poderase ampliar por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo de notificación ao solicitante. Serán motivadas as resolucións que deneguen o acceso, as que concedan o acceso parcial ou a través dunha modalidade distinta á solicitada e as que permitan o acceso cando houbese oposición dun terceiro. Neste último suposto, indicaráselle expresamente ao interesado que o acceso só terá lugar cando transcorrese o prazo do artigo 22.2. Cando a simple indicación da existencia ou non da información supoña a vulneración dalgún dos límites ao acceso, indicarase esta circunstancia ao desestimarse a solicitude. Cuarto.- Análise do expediente Da documentación que obra neste expediente e no relacionado con el (CTG 0006/2016) consta que o Concello de Marín deu acceso parcial ao solicitado ao trasladarlle o Acordo do Pleno de 13 de abril de 2016 no que se aprobaron os orzamentos municipais. Porén, ese acceso foi tardío pois o documento no que se recollía o acordo fíxose público na páxina web do concello o día 23 de maio, cando xa transcorrera o prazo de exposición pública do orzamento municipal aprobado o 13 de abril (que era o 16 de maio). Non consta (nin na tramitación do expediente CTG 0006/2016 nin deste expediente) que o acordo fose publicado por calquera outro medio de acceso á información pública e así se lle indicara ao solicitante como resposta aos dous correos electrónicos remitidos ao concello nas datas do 5 e do 10 de maio. En ningún documento consta que o acordo do Pleno estivera publicado ou fose accesible doutro xeito e así se lle comunicara á persoa interesada. Cómpre incidir en que o Concello de Marín non resolveu expresamente sobre a petición de acceso as actas ou aos acordos alcanzados coas representacións sindicais para o citado orzamento ao que facía referencia o informe do interventor municipal. Polo que se refire as persistentes demoras na tramitación dos expedientes de queixa tramitados ante o Valedor do Pobo nos anos 2013 e 2014, a persoa interesada é coñecedora de que se trata de expedientes xa concluídos e que teñen un réxime específico e un procedemento propio polo que a súa denuncia ten só o sentido de subliñar os problemas suscitados en canto ao acceso á información no Concello de Marín. Quinto. En conclusión A persoa interesada recibiu de forma extemporánea a información relativa ao acordo do Pleno de 13 de abril de 2016 no que se aprobaban os orzamentos municipais, transcorrido xa o prazo de exposición pública, sen que conste que o Concello de Marín lle informara que estaba accesible nalgún outro soporte ou ao seu dispor por algunha outra vía. Non se resolveu expresamente sobre a solicitude de acceso as actas ou aos acordos alcanzados na negociación coas representacións sindicais para os citados orzamentos, documentación á que alude o informe do Interventor municipal, polo que se encadraría na información pública delimitada no artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro. RESOLUCIÓN En atención aos anteriores antecedentes, fundamentos xurídicos, procede Primeiro. Estimar a reclamación presentada por xxxxxxxxxx con data 23 de maio de 2016 ante a Comisión da Transparencia, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Marín. Segundo. Instar ao Concello de Marín a que no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Petición que neste caso consiste na documentación relativa aos acordos acadados cos representantes sindicais aos que se refire o informe da Intervención municipal. Terceiro. Instar ao Concello de Marín, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia xustificante do envío e da recepción por parte da persoa interesada da información solicitada polo mesmo contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga