Una asociación solicitó a la Xefatura Territorial de Ourense de la Consellería de Economía, Emprego e Industria copia de un expediente. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. La resolución se produce tras remitir la administración la documentación solicitada durante el proceso de reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud versaba sobre un expediente iniciado a instancia de la propia asociación solicitante, ostentando esta la condición de interesada en el procedimiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
, mediante escrito do 2 de Xaneiro de 2019, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación da
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 02/01/2019, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, a súa
solicitude de obtención de copia á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía,
Emprego e Industria, do expediente relativo á súa solicitude presentada con data do 1 de
outubro de 2018, mediante documento con rexistro 2018/2463528
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude de acceso á información e copia de
certificado da secretaria da na que se fai constar o
nomeamento de como
.
Segundo. Con data 18 de Xaneiro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria, remitíndoselle por erro, copia
da documentación correspondente ao expediente RSCTG 5/19. Advertido o erro, con data do
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
18 de febreiro de 2019, se lle remite copia da documentación presentada pola interesada
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data 11 de Marzo de 2019 a Consellería de Economía, Emprego e Industria
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a Asociación presentou o 30
de setembro de 2018, no rexistro da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego
e Industria n Ourense (núm. rexistro 00999027) unha solicitude de información e copia de
documentación en relación coas explotacións mineiras OU/C/4587.1 Fondevila, OU/C/4847
Osmo, OU/C/5190 Macarena, OU/C/5249 Maite e OU/C/5243 Brués- San Amaro, no termo
municipal de Boborás.
Con data 15 de novembro de 2018 , con DNI , en
representación da Asociación presentou un segundo escrito no que solicita copia do
expediente relativo á solicitude rexistrada na Xefatura Territorial da Consellería de Economía,
Emprego e Industria en Ourense con rexistro 2018/2463528.
A solicitude efectuada versa sobre un expediente iniciado a instancia da devandita asociación,
cal é o propio expediente de acceso á información iniciado pola propia asociación, no que ten
a condición de interesada
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.