Se solicitó información sobre datos numéricos de docentes a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. La administración inadmitió la solicitud alegando carácter abusivo y falta de disponibilidad de los datos. La resolución analizada es la competencia del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno para resolver la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración alegó que la solicitud tiene un carácter abusivo al no estar justificada con la finalidad de transparencia de la Ley 19/2013.
2
Se argumentó que la normativa de protección de datos exige la minimización de datos, limitando la recogida a lo estrictamente necesario para el servicio público.
3
La administración sostuvo que la información solicitada implicaría el acceso a expedientes individuales de más de 12.000 docentes, lo que paralizaría la actividad del órgano administrativo.
Texto completo
(+34) 981 5697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data 18 de febreiro de 2019 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional contesta a petición remitindo o informe e
o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 18 de febreiro de 2019, emitiuse
resolución de inadmisión da dita solicitude, por considerar, en base ao disposto no artigo
18.1.e) da Leí 19/2013 que a solicitude ten un carácter abusivo, non xustificado coa finalidade
de transparencia da Lei. Se indica que a Consellería non dispón da información solicitada, dado
que a normativa aplicable en materia de protección de datos esixe a minimización de datos,
o que implica que os datos que se soliciten deben ser adecuados, pertinentes e limitados ao
necesario en relación cos fins para os que son tratados, polo que non se recada mais
información que a estritamente necesaria para a prestación do servizo público de educación.
Considera que se trata de datos de categorías especiais, de acordo co disposto no
regulamento de protección de datos, ao referirse a datos de saúde.
No caso de que exista na Consellería algún dato parcial ao respecto, por telo comunicado o
interesado, a única forma de cuantificalo sería acceder ao expediente de cada un dos mais de
12.000 docentes de ESO e Bacharelato dependentes da Consellería, o que suporía paralizar a
actividade do órgano administrativo correspondente.
Cuarto. Con data do 19 de febreiro ten entrada un escrito complementario presentado pola
interesada, co que remite copia da resolución de inadmisión da súa solicitude, e no que
manifesta que cando menos, a Consellería dispón dos datos numéricos relativos aos
profesores procedentes das listas, dado que se coñece tanto o dato das discapacidades, os
movementos das listas e as notas obtidas que deben constar necesariamente informatizados.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.