Estimada 07/05/2019 · 64 días en resolverse

Solicitud de información sobre publicaciones de un instructor en el Taboleiro Edictal Único del BOE y resultado estimatorio

El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade el número de publicaciones realizadas por un instructor en el Taboleiro Edictal Único del BOE desde octubre de 2016. La administración alegó que la solicitud requería una reelaboración de la información. La Comisión da Transparencia estima la reclamación, instando al organismo a proporcionar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La denegación basada en la necesidad de reelaboración no es aceptable ya que la Consellería de Sanidade puede consultar telemáticamente los anuncios remitidos al Taboleiro Edictal Único de forma sencilla.
2 Aunque la información solicitada pueda estar relacionada con un expediente en el que el reclamante fue interesado, al estar finalizado el procedimiento es aplicable la normativa de transparencia y no la de procedimiento administrativo.
3 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo la solicitud de acceso a la información tiene la consideración de infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 4 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 04/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude á Consellería de Sanidade, de información sobre cantas publicacións realizou o instrutor , no Taboleiro Edictal Único do BOE dende 01-10-2016 ata a actualidade, en relación as notificacións infrutuosas en papel, no contexto de expedientes de reclamación patrimonial O escrito viña acompañado copia da súa solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data 6 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de marzo de 2019 Terceiro. Con data 28 de Marzo de 2019 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela :. ,, A Coruña t; r1 [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de información debe entenderse relacionado coa reclamación patrimonial presentada contra o Servizo Galego de Saúde por presuntos danos sufridos durante a atención sanitaria prestada, na que se realizaron todos os trámites establecidos na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No uso do seu dereito o recorrente utilizou libremente os medias e recursos que estimou oportunos. Finalmente o expediente foi resolto e notificado o 9 de marzo de 2019. Ademais o recorrente presentou recurso de alzada "contra trámite de alegacións" que foi resolto e notificado o 5 de marzo. Por outra parte, no referido á petición concreta do recorrente constátase que é necesario revisar cada expediente de responsabilidade patrimonial para comprobar se existe unha notificación infrutuosa, realizada polo instrutor, o que supón necesariamente unha labor de reelaboración. Non existe outra posibilidade dado o carácter singular da petición que formula o recorrente. Iso supón que a persoa asignada a esa función teña que realizar as comprobacións necesarias sen poder desenvolver o seu traballo habitual. Ademais tal e como esta solicitado o acceso pode resultar que non existiran notificacións infrutuosas e que polo tanto o resultado sexa negativo, no senso de que non fora necesario acudir á vía da publicación no BOE.. En conclusión, esta Consellería entende que a solicitude de acceso formulada polo recorrente esixe unha reelaboración para revisar todos os expedientes nos que o foi instrutor o inspector médico referido e que en consecuencia procede atender a causa de inadmisión e desestimar o recurso presentado ante esa Comisión de Transparencia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.gal O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación -, (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente polo que polo que debese admitir a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente. O interesado solicitou o número de publicacións realizou un determinado instrutor da inspección de servizos sanitarios no Taboleiro Edictal Único do BOE dende 01 10 2016 ata a actualidade, en relación as notificacións infrutuosas en papel, en expedientes de reclamación patrimonial. A Consellería de Sanidade considera que a información debe entenderse relacionado coa reclamación patrimonial presentada polo interesado contra o Servizo Galego de Saúde, que foi resolta e notificada o 9 de marzo de 2019, e na que ademais o reclamante presentou recurso de alzada contra trámite de alegacións que foi resolto e notificado o 5 de marzo do mesmo ano. Considera a Consellería que para dar resposta á solicitude, sería necesario revisar cada expediente de responsabilidade patrimonial para comprobar se existe unha notificación infrutuosa, realizada polo instrutor, o que supón necesariamente unha labor de reelaboración, (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l podendo resultar que non existiran notificacións infrutuosas e que polo tanto o resultado sexa negativo, no senso de que non fora necesario acudir á vía da publicación no BOE. Debemos partir da base de que o interesado esta a solicitar unha información pública, que aínda que poida estar relacionada cun expediente no que o reclamante foi interesado, trátase dun expediente que esta finalizado, e por tanto non sería de aplicación a normativa propia dese procedemento, senón a normativa en materia de transparencia. O 1 de xuño de 2015 entraron en vigor as previsións, contidas na Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa, para configurar un Taboleiro Edictal Único, a través do "Boletín Oficial do Estado". A partir desa data, os anuncios de notificación das Administracións Públicas cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio da notificación, ou ben tentada esta, non se puido practicar, deben publicarse necesariamente a través do referido taboleiro. A regulación do Taboleiro Edictal Ú nico está contida no Real Decreto 181/2008, de 8 de febreiro, de ordenación del diario oficial «Boletín Oficial del Estado» e o taboleiro conta cun sistema automatizado de remisión e xestión telemática a disposición das Administracións Públicas para a publicación dos anuncios de notificación, e conta ademais cun sistema de busca de notificacións, que permite acceder aos anuncios de notificación que incorporan o NIF da entidade remitente no que tras identificarse correctamente, o servizo devolve como resultado a lista de anuncios nos que o seu NIF estea presente. De acordo co anterior, non pode aceptarse a denegación da información solicitada baseada na necesidade de reelaboración, dado que a Consellería de Sanidade pode consultar telematicamente os anuncios remitidos e comprobar de forma sinxela si existe algunha notificación no taboleiro edictal correspondente a un expediente de responsabilidade patrimonial no que participase A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 4 de abril de 2019, contra a denegación da información referida a cantas publicacións realizou un · ·' [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 determinado instrutor, no Taboleiro Edictal Único do BOE dende 01-10-2016 ata a actualidade, en relación as notificacións infrutuosas en papel, en expedientes de reclamación patrimonial Segundo: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. Firmado digitalmente 33251717L por33251717L MILAGROS MILAGROS MARIA OTERO(R: MARIA OTERO s6soooo9c¡ (R: S6500009() 12:25:02 Fecha: 2019. 05.07 +02'00' Milagros Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia