Desestimada 07/05/2019 · 64 días en resolverse

Solicitud de informe y certificación del expediente del Inventario municipal de caminos en Vilanova de Arousa

El ciudadano solicitó al Concello de Vilanova de Arousa un informe y certificación del expediente del Inventario municipal de caminos. Tras una denegación por silencio administrativo, la Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar que la solicitud de un informe ad hoc no es acceso a información pública y que la certificación ya había sido facilitada previamente.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe por un órgano público a instancia de un particular.
2 Se considera causa de inadmisión (art. 18.1.c Ley 19/2013) cuando la información solicitada requiere de una acción previa de elaboración y confección.
3 La solicitud es considerada repetitiva al ser un trasunto literal de una petición anterior ya contestada mediante certificación el 12 de diciembre de 2018.
4 La administración incurrió en un error procedimental al no dictar resoluciones expresas de inadmisión, aunque el fondo de la denegación es correcto.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 4 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 04/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude ao Concello de Vilanova de Arousa, de informe e certificación do expediente do lnventario municipal de camiños que no seu caso, forme parte do camiño de servidume sinalado no plano que adxunta coa súa solicitude, que esta incluído na modificación puntual número 17 das Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data 6 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vilanova de Arousa, para que en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de marzo de 2019 Terceiro. Con data do 22 de marzo de 2019, o interesado remite documentación complementaria consistente en copia de planos de situación do referido camiño, acta de pleno do Concello de Vilanova de Arousa na que se aproba inicialmente a Modificación (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] WYJW.c omisiondatransparencia.gal Puntual número 17 das NNSSPP dese Concello, para reducir a zona de retranqueo (cesión a viario) de pistas e camiños de titularidade municipal polo que o camiño de servidume, tendo en conta de que o mesmo, non constitúe un camiño de titularidade municipal e, tendo en conta que en plano das normas subsidiarias de planeamento en vigor, non figura como tal, o interesado non alegou nada ao respecto. Por todo o anterior, xustifica a necesidade de ter acceso ao expediente completo, que no seu caso, conforme o camiño de servidume, do cal é cotitular, no Inventaria municipal de camiños dese Concello, para exercitar canto en Dereito sexa procedente, á vista dos feitos, para a protección dos dereitos desta parte. Cuarto. Con data 26 de Marzo de 2019 Concello de Vilanova de Arousa contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, o concello indica que o que o interesado solicita no seu escrito do 4 de xaneiro de 2019 é, literalmente, a emisión dun informe no cal se detalle o contido e información do expediente que conforma o camiño. O concello considera que o acceso á información pública, arquivos e rexistros contempla o dereito dos interesados a acceder á devandita información e documentación, pero non o dereito para solicitar a emisión de informes ad hoc, polo que non procede elaborar o informe solicitado polo administrado. Por outra banda, a solicitude pola que se interesa esa lnstitución é un trasunto literal da previa solicitude presentada mediante escrito de data 5 de decembro de 2018, rexistrado no concello de Vilanova de Arousa o día 11 de decembro de 2018, e que foi contestada mediante a certificación de data 12 de decembro de 2018, remitida ao interesado o día 26 de decembro de 2018, polo que entende o Concello que encaixa na causa de inadmisión prevista no art. 18.1.e) da Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga! poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No presente caso, o interesado presentou a súa solicitude o día 4 de xaneiro de 2019, sen ter resposta expresa á dita solicitude, dado que o concello considera que non procede acceder ao solicitado e que a información é repetitiva, polo que debe considerarse que a reclamación está presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante, na súa solicitude presentada con data do 4 de xaneiro de 2019 ante o Concello de Vilanova de Arousa, require do Concello a emisión de informe e certificación de canta documentación obre no expediente do lnventario municipal de camiños, que no seu caso, forme parte do camiño de servidume sinalado no plano que adxunta coa súa solicitude, que esta incluído na modificación puntual número 17 das Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa De acordo co informe remitido polo concello, a certificación remitíuselle como contestación a unha solicitude idéntica á que presentou o interesado con data do 5 de decembro de 2018. [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 No referente á solicitude de emisión de informe, tal e como afirma o concello no seu escrito, non se pode considerar que sexa una solicitude de acceso á información pública, senón a solicitude de elaboración dun informe pola Administración por petición do solicitante. A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017, establece que o dereito de acceso á información pública non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancia dun particular, establecendo o artigo 18.1.c) como causa de inadmisión, os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e confección. Por tanto, é indiferente que dita información obre en poder da Administración, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante. De acordo co anterior, é correcta a remisión da certificación do inventaria municipal remitida polo Concello ao interesado con data do 26 de decembro de 2018, se ben debería de terse remitido, xunto coa certificación, unha resolución inadmitindo a solicitude de emisión do informe solicitado en base ao disposto no artigo 18.1 c) citado, e así mesmo, debería terse ditada resolución inadmitindo a solicitude do 4 de xaneiro de 2019, en base ao disposto no artigo 18.1 e) da Lei 19/2013, todo elo en cumprimento da obriga da Administración de resolver de forma expresa e notificar a resolución en todos os procedementos, calquera que sexa a súa forma de iniciación, establecida no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por D. contra a denegación, por silencio administrativo, da súa solicitude ao Concello de Vilanova de Arousa de informe e certificación do expediente do Inventaria municipal de camiños, que forme parte do camiño de servidume sinalado no plano que adxunta coa súa solicitude, que esta incluído na modificación puntual número 17 das Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vila nova de Arousa Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso [' _¡ (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comislondatransparencia.ga l administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. 33251717L Firmado digitalmente por33251717L MILAGROS MILAGROS MARIA MARIAOTERO OTERO (R: 56500009C} Fecha: 2019.05.07 (R: S6500009C) 12:2s:s7 +02·00· Milagros Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia