Una ciudadana solicitó al Concello de Santiago de Compostela diversa información sobre la Comisión Asesora do Patrimonio Histórico y licencias urbanísticas. Ante el silencio administrativo, recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima parcialmente la reclamación al considerar que la mayoría de los datos son información pública, aunque desestima lo relativo a normativa y plazos medios.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión considera que la identificación de técnicos, miembros de la Comisión Asesora, presupuestos, actas y datos de licencias específicas constituyen información pública al estar en poder de la Administración y haber sido elaborada en el ejercicio de sus funciones.
2
Se desestima la solicitud de información sobre leyes o artículos del ordenamiento disciplinario urbanístico y el plazo medio de tiempo de concesión de licencias por no encajar en el concepto de información pública según el art. 24 de la Ley 1/2016.
3
Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito remitido polo
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
do 4 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito remitido polo Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o
04/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude ao Concello de Santiago de Compostela do nome e apelidos
dos Técnicos e dos Membros da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico do Concello de
Santiago de Compostela, criterios legais, de relevancia ou de recoñecido prestixio para
escóllelos, orzamento anual da Comisión, actas das sesións da Comisión desde maio de 2017
ata a actualidade, importe pecuniario pola asistencia a sesións dos membros, leis ou artigos
existentes no ordenamento disciplinaria urbanístico de Compostela que teñan como prazo de
execución 24 horas, número de licenzas outorgadas no centro histórico para obra de
acondicionamento de local de negocio desde Novembro do 2016 ata Xullo de 2018, número
de funcionarias e persoal laboral dedicado ao outorgamento desas licenzas, prazo medio de
tempo desde a solicitude desas licenzas ata o outorgamento das mesmas, data da solicitude
de licenza de obra do local situado en R/ da Senra, nº l, baixo (antigo local do Banco Santander)
así como data da solicitude de ocupación de vía pública e as datas de concesión de ambas,
data da solicitude de licenza de obra do local situado en Praza do Toural, número 8, baixo, así
como a data de concesión da mesma
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
O escrito viña acompañado da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de
Santiago de Compostela
Segundo. Con data 6 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante a Concello de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de marzo de 2019, sen que se recibise
copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.cornisiondatransparencia.gal
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
o Concello de Santiago de Compostela non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente polo que polo que debemos considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Sra solicitou do Concello de Santiago de Compostela o acceso a unha documentación
que, non cabe dúbida, debemos considerar como información pública, xa que se trata de
información sobre a identificación dos técnicos e dos membros da Comisión Asesora do
Patrimonio Histórico do Concello de Santiago de Compostela, criterios legais, de relevancia ou
de recoñecido prestixio para escóllelos, orzamento anual da Comisión, actas das sesións da
Comisión desde maio de 2017 ata a actualidade, importe pecuniario pola asistencia a sesións
dos membros, número de licenzas outorgadas no centro histórico para obra de
acondicionamento de local de negocio desde Novembro do 2016 ata Xullo de 2018, número
de funcionarias e persoal laboral dedicado ao outorgamento desas licenzas, , data da
º
solicitude de licenza de obra do local situado en R/ da Senra, n l, baixo (antigo local do Branco
Santander) así como data da solicitude de ocupación de vía pública e as datas de concesión
de ambas, data da solicitude de licenza de obra do local situado en Praza do Toural, número
8, baixo, así como a data de concesión da mesma. Trátase por tanto de información que está
en poder da Administración, que foi elaborada no exercício das súas funcións, polo que
procede a estimación da reclamación presentada respecto a estas peticións, por ter a
solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma.
Non se pode considerar, por non ter encaixe no concepto de información pública do artigo
24 da Lei 1/2016, información referida ás leis ou artigos existentes no ordenamento
disciplinaria urbanístico de Compostela que teñan como prazo de execución 24 horas, nin
información referida ao prazo medio de tempo desde a solicitude das licenzas ás que se refire
a interesada, ata o seu outorgamento, polo que procede a desestimación da reclamación no
referente a estas peticións.
O Concello de Santiago de Compostela non resolveu a solicitude de acceso á información da
Sra. polo que debe lembrárselle que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga!
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables, do réxime disciplinaria
previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Santiago de Compostela non remitiu o informe e o expediente
solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35
da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o
correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con
data 4 de marzo de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
ao Concello de Santiago de Compostela de información referente á Comisión Asesora do
Patrimonio Histórico do Concello, normativa disciplinaria urbanística e información referente
a licencias urbanísticas no casco histórico.
Segundo: Instar ao Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, se responda á petición de información solicitada de acordo co disposto no
fundamento quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada
polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
3325171 ?L Firmado digitalmente
por33251717L
MILAGROS MILAGROSMARIA
OTERO (R: 56500009()
MARIA OTERO
Fecha: 2019.05.07
(R: S6500009C) s
12:26:1 +02·00·
Milagros Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia
)