Inadmitida 07/05/2019 · 57 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre solicitud de acceso a información ambiental del Parque Eólico Montes de Abella

Una asociación solicitó información ambiental al Parque Eólico Montes de Abella a la Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Tras una resolución previa, se presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia, la cual decide inadmitirla por falta de competencia para resolver sobre la tramitación de expedientes de información ambiental.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia declara la falta de competencia para resolver tanto sobre la tramitación del expediente como sobre las reclamaciones contra los acuerdos producidos en el mismo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada por Dona en representación da Asociación , que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 11 de marzo de 2019, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Único. Dona en representación da Asociación , presentou con data do 2 de novembro de 2018, unha solicitude de acceso á información ambiental ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e lndustria ao abeiro da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente e demais lexislación de aplicación no procedemento específico de acceso á información ambiental. No dito procedemento, ditouse un acordo pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 16 de novembro de 2018, contra o que a interesada presentou reclamación ante a Comisión de Transparencia de Galicia, que inadmitiuse por resolución do 30 de xaneiro de 2019. Con data do 8 de febreiro de 2019, a interesada recibe notificación dunha resolución e un requirimento referidos ao dito expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Fundamentos xurídicos Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected][ www.comisiondatransparencia.ga1 O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A reclamación presentada pola Sra. en representación da Asociación diríxese contra a tramitación da súa solicitude de acceso á información ambiental de 2 de novembro de 2018, sobre a que esta Comisión xa se pronunciou con data do 30 de xaneiro de 2019, declarando expresamente a falta de competencia desta Comisión para resolver tanto sobre a tramitación do expediente, como sobre as reclamacións ou recursos que se presenten contra os acordos e resolucións que no mesmo se produzan, motivo polo que procede a inadmisión da reclamación que agora se presenta. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por Dona en representación da Asociación contra a tramitación da súa solicitude de [email protected] www.comlsiondatransparencia.gal acceso á información ambiental referida ao Parque Eólico Montes de Abella, por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e lndustria. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. 33251717L Firmado digitalmente por33251717L MILAGROS MILAGROS MARIA MARIAOTERO OTERO (R: 56500009C) Fecha: 2019.05.07 (R: S6500009C) 12:27:37 +02·00· Milagros Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia