Inadmitida 01/05/2019 · 51 días en resolverse

Solicitud de copia de la póliza aseguradora de las Escolas Municipais deportivas de la piscina de Riazor y resultado de inadmisión

Se solicitó al Concello da Coruña copia de la póliza aseguradora de las Escolas Municipais deportivas de la piscina de Riazor. El interesado alegó desestimación por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación debido a que no se acreditó la existencia de una solicitud previa de información ante el ayuntamiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La interposición de una reclamación ante la Comisión de Transparencia requiere la existencia de una resolución expresa o presunta derivada de una solicitud previa.
2 El derecho de acceso a la información pública se inicia mediante la presentación de la solicitud correspondiente según el artículo 26 de la Ley 1/2016.
3 En el presente caso, no se ha acreditado la existencia de una solicitud de acceso a la información, ya que no consta en el registro de entrada del Concello da Coruña.
4 Ante la inexistencia de una solicitud previa, no existe un acto administrativo (expreso o presunto) contra el cual presentar la reclamación regulada en el artículo 28 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. no seu propio nome e en representación de , mediante escrito do 11 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. no seu propio nome e en representación de presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante o Concello da Coruña de obtención de copia da póliza aseguradora das Escolas Municipais deportivas da piscina de Riazor O escrito viña acompañado de copia de xustificantes de pago para natación do Concello da Coruña. Dado que o interesado presentou a reclamación en nome propio e en representación de D. , Dna. , D. , Dna. , D. e Dna , solicitóuselle a acreditación, por calquera medio admitido en dereito, da dita representación. O interesado acreditou a representación solicitada con data do 21 de marzo de 2019. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela \' ¡t ¡ i:, A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Segundo. Con data 14 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data 27 de Marzo de 2019 o Concello da Coruña contesta a petición remitindo o informe, no que en resumo indica que o exercido do dereito ao acceso á información pública require, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016 a presentación da correspondente solicitude dirixida á persoa titular do órgano administrativo que posúa a información e no presente caso, non se produciu esa solicitude polo que non existe un acto expreso ou presunto contra o que interpoñer recurso, xa que non achegou ao formulario de reclamación a solicitude de información nin indicou a data na que solicitou a información ao Concello da Coruña. A inexistencia de solicitude xa se puxo en coñecemento da Excma. Sra. Valedora do Pobo na resposta enviada no seu día en relación coas queixas formuladas polo reclamante e seis persoas mais, onde se informaba que o Sr. non solicitara en ningún momento ningunha copia de ningún seguro de responsabilidade civil, segundo a listaxe de solicitudes presentadas polo reclamante que figuran no Rexistro de Entrada do Concello e que, a día da emisión do informe seguen sendo as mesmas. De acordo co anterior, dado que non existe solicitude, nin trámites ou alegacións considera que a reclamación interposta podería non ser admitida. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.gal A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Cuarto. Análise do expediente. Tal e como afirma o Concello da Coruña no seu informe, o artigo 26 da Lei 1/2016 establece que as solicitudes de acceso á información pública iniciaranse mediante a presentación da correspondente solicitude, é contra toda resolución expresa ou presunta da solicitude presentada, poderá, segundo establece o artigo 28 da mesma Lei, interporse reclamación ante a Comisión de Transparencia de Galicia. No presente caso se afirma polos interesados na súa reclamación que solicitaron en escritos de distintas datas, copia do seguro de responsabilidade civil que cubra aos usuarios das Escolas Deportivas Municipais e de recuperación funcional, solicitudes que non se acreditan polos interesados e que o concello afirma que non se presentaron, xa que non constan no rexistro de entrada do Concello. De acordo co anterior, dado que non se acredita a existencia dunha solicitude de acceso á información, e por tanto non existe unha resolución expresa ou presunta contra a que presentar a reclamación regulada no artigo 28 da Lei 1/2016, procede a inadmisión da reclamación presentada. ACORDA Única: lnadmitir a reclamación presentada por D. no seu propio nome e en representación de con data 11 de marzo de 2019, pola actuación do Concello da Coruña. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. 33251717L MILAGROS 33251717l Firmado digitalmente por MILAGROS MARIA OTERO (R MARIAOTERO Fecha: 2019.05.Ql 12:27:59 +02'00' 56500009() (R: S6500009C) Milagres Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia