Inadmitida 07/05/2019 · 56 días en resolverse

Denuncia por incumplimientos en materia de organización, publicidad activa y ejecución de resoluciones por parte del Concello de Triacastela

El ciudadano denunció al Concello de Triacastela por deficiencias en el tablero de anuncios, falta de publicidad activa, incumplimiento de la ordenanza de administración electrónica y falta de ejecución de resoluciones previas. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por carecer de competencia en materia de control de publicidad activa y organización de entidades locales.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión de Transparencia de Galicia carece de competencias para resolver reclamaciones sobre la inexistencia o deficiencia de tableros municipales, estando regulados por el Real Decreto 2568/1986.
2 El órgano no tiene competencia en materia de control de la publicidad activa por parte de las entidades locales, ya que su ámbito se limita a la resolución de reclamaciones contra resoluciones expresas o presuntas sobre acceso a la información.
3 La fiscalización del cumplimiento de ordenanzas locales de administración electrónica y la normativa de contratación o función pública excede las competencias de la Comisión.
4 La Comisión de Transparencia no posee potestad sancionadora ni competencia para investigar incumplimientos o deducir responsabilidades disciplinarias, funciones que corresponden al órgano competente de la entidad local según el art. 31.2 c) de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 12 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12/03/2019, un escrito de denuncia no que solicita á Comisión de Transparencia de Galicia que realice as actuacións pertinentes para a investigación dos incumprimentos e se deduzan as responsabilidades a que desen lugar, e consecuentemente se realicen as accións que procedan en relación co seguinte: (1). Taboleiro de anuncias do Concello de Triacastela Denuncia a inexistencia de taboleiro de anuncias no Concello de Triacastela para a publicación de edictos e anuncias oficiais sobre asuntos en trámite de información pública. Unicamente existe un taboleiro no hall de entrada da Casa do Concello, nun lugar de paso e onde non está ningún funcionaria ou persoa, que carece de protección, polo que decotío desaparecen documentos expostos, especialmente cando son relativos a temas conflictivos. Denuncia que as convocatorias dos Plenos Municipais, ata os últimos meses non se publicaban e na actualidade non se publican sempre coa debida antelación, dependendo dos asuntos da orde do dia para ese pleno, coincidindo a omisión da publicación ou a pouca antelación co tratamento de asuntos conflitivos. En concreto cando se van a tratar asuntos relativos á explotación mineira titularidade de Cementos Cosmos S.A., convócanse plenos (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 extraordinarios con carácter de urxencia cuxa convocatoria non se fai pública, evitando así a asistencia de público. Considera o interesado que existe un evidente problema de publicidade activa, que vulnera o dereito de información e participación nos asuntos públicos dos cidadáns. (2). Publicación de información de publicidade activa O concello omite publicar de calquera xeito (taboleiro, web, etc) calquera información relativa a orzamentos, contratacións, convocatorias de subvencións, concursos públicos, concesións, licenzas que afectan ao dominio público, convocatoria de postos de traballadores ou funcionarios, etc. (3). Convocatorias de postos de empregados e adxudicación de contratos O Concello de Triacastela unicamente publica a convocatoria de postos de empregados ou funcionarios se así o exixe un convenio con outra administración ou as bases de algunha subvención. Para todo o demais todo é oculto, especialmente a contratación de servizos ou obras públicas. Só recentemente, e logo de diversas queixas e ameazas con levar o asunto aos tribunais, se comezarán a adxudicar algunhas contratas por medio da Mesa de Contratación, sendo o habitual a asignación a contratación por decreto ou acordo da Alcaldía, xustificada logo con informes da Secretaría. (4). Ordenanza de administración electrónica O concello conta dende o ano 2011 cunha ordenanza reguladora da Administración Electrónica que foi totalmente incumprida desde a súa entrada en vigor até a actualidade, non se tendo publicado nada na sede electrónica do Concello de Triacastela (https://sede.concellotriacastela.es) nin en calquera outra web do mesmo. (5). Falla de publicidade activa A ausencia de publicidade activa sobre diversos asuntos impulsada polo propio concello implica que se vexa obrigado a estar constantemente solicitando por escrito información e documentación que xa debería ser pública sen que ninguén a tivese que solicitar, e dende a que se lle proporcionou o 23 de febreiro de 2015, ningunha máis foi atendida, polo que formulou queixa ante a Valedora do Pobo, despois da continua desatención por parte do Concello de Triacastela durante máis dun ano das reiteradas solicitudes de documentación formuladas ao longo de 2016. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 (6). Reclamacións ante a Comisión de Transparencia de Galicia O interesado formulou diversas reclamacións ante a Comisión da Transparencia de Galicia que foron estimadas: RSTG 067/2017, RSTG 068/2017, RSTG 069/2017, RSTG 020/2018, RSTG 021/2018, RSTG 022/2018, RSTG 023/2018, RSTG 035/2018, RSTG 036/2018, RSTG 037/2018,·RSTG 038/2018, RSTG 039/2018, RSTG 040/2018. Estas resolucións non foron atendidas, nin o Concello de Triacastela ten realizado ningunha comunicación sobre elas, e non consta que o Concello teña interposto recurso contencioso administrativo algún contra elas. (7). Reclamación de execución das resolucións da Comisión da Transparencia Con data do 1 de marzo de 2019 presentou ante o Concello de Triacastela a reclamación de execución das referidas resolucións da Comisión da Transparencia. Sen que teña recibido ningunha notificación ao respecto. De acordo co anterior o interesado solicita que dentro das competencias da Comisión da Transparencia, realice as actuacións pertinentes para a investigación do referido incumprimento e para que, no seu caso, se deduzan as responsabilidades ás que houbese lugar e consecuentemente se realicen as actuacións que procedan en aplicación do réxime sancionador disposto na lei 19/2013 e demais lexislación de aplicación, e que se me notifique calquera trámite ou circunstancia que se produza no marco do procedemento. O interesado entende que a Comisión da Transparencia de Galiza asume en territorio galego as competencias en réxime sancionador que no artigo 29 e sucesivos da Lei 19/2013 se lle atribúen ao Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. ACoruna [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1 O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente Dada a distinta natureza das cuestións expostas polo reclamante, analízanse a continuación por separado. (1). Taboleiro de anuncias do Concello de Triacastela O reclamante denuncia a inexistencia dun taboleiro de anuncias no Concello de Triacastela para a publicación de edictos e anuncias oficiais sobre asuntos en trámite de información pública, existindo unicamente un na entrada do concello nun lugar que carece de contrai e protección. A Comisión de Transparencia de Galicia ten competencia, como figura no fundamento xurídico primeiro desta resolución, para a resolver reclamacións contra resolucións expresas ou presuntas en materia de acceso á información pública. O que o interesado reclama é a inexistencia ou deficiencia dun taboleiro municipal e a falla de publicidade de convocatorias e ordes do día de órganos municipais. O réxime de convocatorias dos órganos municipais e a existencia de taboleiro de anuncias, están reguladas no Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e que establece un procedemento específico de recursos contra o seu incumprimento, carecendo a Comisión da Transparencia de competencias nesta materia. (2). Publicación de información de publicidade activa Alega o reclamante que o Concello omite publicar de calquera xeito calquera información relativa a orzamentos, contratacións, convocatorias de subvencións, concursos públicos, concesións, licenzas que afectan ao dominio público, convocatoria de postos de traballadores ou funcionarias, etc.. Respecto a este punto, debe manifestarse que a Comisión de Transparencia de Galicia carece de competencias en materia de contrai da publicidade activa por parte das entidades locais, ao non estar incluídas dentro do ámbito de aplicación da Lei 1/2016, sendo competente unicamente para a resolución das reclamacións contra a resolución expresa ou en materia de acceso á información, de conformidade co disposto na disposición adicional quinta da referida Lei. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga! (3). Convocatorias de postos de empregados e adxudicación de contratos ou subvencións. Respecto á denuncia de falla ou deficiencia de publicidade na convocatoria de postos de funcionarias, contratos ou subvencións por parte do concello, débese ter en conta que estas son obrigas reguladas pola súa propia normativa específica (normativa en materia de contratación pública, normativa en materia de función pública local, normativa en materia de subvencións), sobre a que a Comisión da Transparencia de Galicia carece de competencias para a súa fiscalización. Por outra banda, finalizados estes procedementos, deben ser obxecto de publicidade activa, carecendo esta Comisión, como xa se manifestou, de competencia para o control das entidades locais neste aspecto. (4). Ordenanza de administración electrónica Denuncia o reclamante que o concello incumpre a vixente ordenanza reguladora da Administración Electrónica aprobada polo Concello, desde a súa entrada en vigor ata a actualidade. Novamente é necesario manifestar que a Comisión da Transparencia carece de competencias para fiscalizar o cumprimento dunha ordenanza local. (5). Falla de publicidade activa Así mesmo denuncia a falla ou deficiencias da publicidade activa en xeral do concello, o que lle obriga a solicitar constantemente por escrito información e documentación que xa debería ser pública. Como xa se explicou no punto segundo deste fundamento de dereito, a Comisión de Transparencia de Galicia carece de competencias para o contrai da publicidade activa das Administracións Locais. (6). Reclamacións ante a Comisión de Transparencia de Galicia O interesado formulou diversas reclamacións ante a Comisión da Transparencia de Galicia que foron estimadas e das que comunica que non foron atendidas polo Concello. Fronte a esta denuncia debe informarse ao reclamante que a Lei 1/201 6, carece dunha regulación fronte as consecuencias desfavorables derivadas dos incumprimentos da normativa ou da falta de execución das resolucións emitidas carecendo a Comisión da Transparencia, ao contraio do afirmado polo reclamante, de competencia para a investigación dos incumprimentos e dedución de responsabilidades por autoridades ou funcionarias públicos, que deberá substanciarse, de conformidade co disposto no artigo 31.2 c) polo órgano que teña atribuídas as funcións de aplicación do réxime disciplinaria da entidade local. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ·¡ Sen embargo, pola presidenta d a Comisión da Transparencia remitiráselle requirimento ao Concello de Triacastela para que dea cumprimento ás resolucións estimatorias desta Comisión, presentadas polo interesado. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a denuncia presentada por con data 12 de marzo de 2019, contra a os incumprimentos en materia de organización, funcionamento, publicidade activa e incumprimento de resolucións por parte do Concello de Triacastela, por carecer a Comisión de Transparencia de Galicia de competencia nas referidas materias. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. 33251717L Firmado digitalmente por33251717L MILAGROS MILAGROS MARIA MARIA OTERO OTERO (R: 56500009() Fecha: 2019.05.07 (R: 56500009() 12:2s:4s +02·00· Milagros Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia