El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral de Emigración copia de la justificación de gastos del Centro Galego de Londres y la relación de pagos de subvenciones de 2015. Ante la falta de respuesta, alegó desestimación por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el interesado acabó recibiendo la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El transcurso del plazo de un mes sin notificación de resolución expresa implica la desestimación por silencio administrativo según el art. 27.5 de la Ley 1/2016.
2
No se acepta la justificación de la administración basada en razones de operatividad, preferencia o urgencia para justificar el retraso en la respuesta.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el art. 20.6 de la Ley 19/2013.
4
La reclamación se estima por motivos formales dado que el interesado finalmente obtuvo acceso a la información solicitada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por D. , mediante escrito do 20 de Marzo
de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 20/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información á Secretaría Xeral de Emigración
referente á obtención de copia da xustificación dos gastos aportada polo Centro Galego de
Londres en relación ás subvencións concedidas en 2015 e á relación de pagos feita pola Xunta
de Galicia
O reclamante indicaba que entende que a solicitude foi desestimada, ao non térselle
notificada resolución nin ampliación do prazo para resolver.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI
Segundo. Con data 20 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral de Emigración para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de marzo de 2019.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
ACoruna
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data 11 de Abril de 2019 a Secretaría Xeral de Emigración contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a información solicitada polo reclamante non foi
desestimada por silencio administrativo senón que se demorou a súa resposta, superándose
o prazo legalmente previsto, debido a razóns de operatividade, preferencia e urxencia por
coincidir cun período de máxima actividade nos distintos servizos da Secretaría, de
tramitación da maioría das convocatorias dos programas que executa en favor da emigración
e de presentación das respectivas solicitudes, que afectaron á tramitación e resolución desta
solicitude, tal como se lle sinalou ó interesado na resolución do 02 de abril de 2019 que se lle
enviou.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segando. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O interesado presentou a reclamación ante a Comisión da Transparencia unha vez
transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 para a resolución
dunha solicitude de acceso á información pública sen que a Secretaría Xeral de Emigración
resolvera a súa solicitude, resolución que se produciu o 4 de abril de 2019, polo que debe
admitirse a resolución por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Secretaría Xeral de Emigración indica no seu informe, que a solicitude de acceso á
información non foi desestimada por silencio administrativo, senón que se demorou a súa
resposta, superándose o prazo legalmente previsto, debido a razóns de operatividade,
preferencia e urxencia por coincidir cun período de máxima actividade nos distintos servizos
da Secretaría, de tramitación da maioría das convocatorias dos programas que executa en
favor da emigración e de presentación das respectivas solicitudes, que afectaron á tramitación
e resolución desta solicitude, tal como se lle sinalou ó interesado na resolución do 02-04-2019
que se lle enviou.
Non se pode compartir esa afirmación, por canto de conformidade co disposto no artigo 27.5
da Lei 1/2016, o transcurso do prazo dun mes sen que se notifique ao interesado resolución
expresa sobre a súa solicitude, implica a súa desestimación por silencio administrativo, de
acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas e abre a vía para a interposición de
reclamación contra a resolución presunta, de acordo co que establece o artigo 28 da Lei
1/2016.
Se ben a Secretaría Xeral de Emigración resolveu, aínda que fora de prazo, conceder o acceso
á información expresamente, debe lembrárselle que segundo o disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria
previsto na correspondente normativa reguladora.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
¡( ; l
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
De acordo co anterior, ao ter acceso o interesado á información solicitada, procede a
estimación, por motivos formais, da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar a por motivos formais reclamación presentada por D. con
data 20 de marzo de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
de acceso á información á Secretaría Xeral de Emigración referente á obtención de copia da
xustificación dos gastos aportada polo Centro Galego de Londres en relación ás subvencións
concedidas en 2015 e á relación de pagos feita pola Xunta de Galicia
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
33251717L Firmado digitalmente
por33251717L
MILAGROS MILAGROS MARIA
MARIA OTERO OTERO (R: 56500009()
Fecha: 2019.05.07
(R: S6500009C) 12:31:09+02·00·
Milagros Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia
e
•l