Estimada 01/05/2019 · 33 días en resolverse

Acceso a los planos y documentación del edificio Xardín en Boiro y resultado estimatorio

El ciudadano solicitó al Concello de Boiro el acceso a los planos y documentación del edificio Xardín. Ante la denegación por silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la documentación solicitada es información pública en poder de la Administración elaborada en el ejercicio de sus funciones.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada consistente en planos y documentación de un edificio es considerada información pública al estar en poder de la Administración y haber sido elaborada en el ejercicio de sus funciones.
2 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo la solicitud de acceso a la información se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.
4 La administración reclamada tiene la obligación legal de facilitar a la Comisión la información necesaria para el cumplimiento de sus funciones de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. , mediante escrito do 29 de Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso aos planos e documentación do edifício Xardín sito na rúa Principal nº 74, diante da casa consistorial de Boiro O escrito viña acompañado de copia dunha solicitude de copia de expediente urbanístico do 23 de outubro de 2017 ao Concello de Boiro, e copia dunha solicitude (sen rexistro de entrada) de acceso aos planos e documentación do edifício da Calle Principal nº 74 asinada electronicamente o 5 de febreiro de 2018 Segundo. Con data 2 de Abril de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Boiro para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de abril de 2019, sen que o Concello remitise informe nin copia do expediente solicitado. (+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña iní[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. í (+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.gat O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 O Concello de Boiro non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente polo que polo que debemos considerar a reclamación presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O Sr. solicitou do Concello de Boiro o acceso a unha documentación que, non cabe dúbida, debemos considerar como información pública, consistente en acceso aos planos e º documentación do edifício Xardín sito na rúa Principal n 74, diante da casa consistorial de Boiro. Trátase por tanto de información que está en poder da Administración, que foi elaborada no exercício das súas funcións, polo que procede a estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma. O Concello de Boiro non resolveu a solicitude de acceso á información do , polo que debe lembrárselle que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables, do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, o Concello de Boiro non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. con data 29 de marzo de 2019, contra a denegación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso º aos planos e documentación do edifício Xardín sito na rúa Principal n 74, diante da casa consistorial de Boiro. Segundo: Instar ao Concello de Boiro, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Boiro, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada polo reclamante. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 '. u info@comisionda transparencia.ga! www.comisiondatransparencia.ga1 Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. 33251717L Firma do digitalmente por33251717L MILAGROS MILAGROS MARIA MARIA OTERO OTERO (R: 56500009() Fecha: 2019.05.Ql (R: S6500009C) 12:32:34 +02·00· Milagros Otero Parga Presidenta da Comisión da Transparencia