El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre el año de residencia necesario para que un facultativo realice altas de pacientes sin supervisión en casos específicos de fractura mandibular. Tras una denegación previa y una resolución de la Comisión de Transparencia de Galicia, el ciudadano volvió a reclamar. La Comisión inadmitió la solicitud por ya haber finalizado la vía administrativa.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es inadmisible por interponerse contra un acto sobre el que ya se había dictado resolución en vía de recurso.
2
De acuerdo con el artículo 124 de la Ley 39/2015, no cabe interponer un nuevo recurso contra un acto que ya ha sido resuelto en vía de recurso.
3
La resolución previa de la Comisión de Transparencia ponía fin a la vía administrativa, quedando únicamente la vía contencioso-administrativa como cauce de impugnación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por D. , mediante escrito do 1 de
abril de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 1 de abril de 2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na que solicita coñecer a
partir de que ano de residencia un facultativo pode realizar unha determinada actuación,
que de acordo coa copia da solicitude que achega coa súa reclamación, asinada o 10 de
novembro de 2018, concrétase en que se lle informe de a partir de que ano de residencia
pode un facultativo sen supervisión de presenza física por parte de facultativo adxunto, dar
de alta a un paciente, tras tratamento aberto da fractura do cóndilo mandibular, coas secuelas
de lesión (permanente) do nervio facia!, máis mordida aberta por entender desestimada unha
solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Sanidade
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O interesado presentou, con data do 12 de decembro de 2018, unha reclamación ante a
Comisión da Transparencia contra a desestimación pola Consellería de Sanidade da mesma
solicitude de acceso á información contra a que novamente reclama con data do 1 de abril de
2019, sobre a que a Comisión de Transparencia de Galicia ditou resolución con data do 27 de
febreiro de 2019.
Tal e como se indica na resolución da Comisión da Transparencia, a dita resolución pon fin á
vía administrativa e contra ela unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer
recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á
notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do
13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen que caiba, de
conformidade co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, interporse un novo recurso contra un
acto sobre o que se ditou resolución en vía de recurso. De acordo co anterior, procede a
inadmisión da reclamación presentada, por interporse a mesma nun procedemento no que
xa se ditou resolución que pon fin á vía administrativa.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por D. do 1 de abril de 2019,
contra a resolución da súa solicitude de acceso á información que foi obxecto de resolución
pola Comisión de Transparencia de Galicia en vía de reclamación.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
,,
.::,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
33251717L Firmado digitalmente
por33251717L
MILAGROS MILAGROS MARIA
MARIAOTERO OTERO (R: 56500009()
Fecha: 2019.05.07
(R: S6500009C)12:33:16 +02'00'
Milagros Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia