El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Función Pública copia de un expediente de amortización de puesto y un expediente disciplinario de 2002. La administración denegó el acceso alegando que la solicitud era reiterativa y abusiva. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al no acreditarse la entrega de copias completas de los expedientes.
Puntos clave de la argumentación
1
Una solicitud es repetitiva o abusiva solo si coincide con anteriores y no ha habido modificación real o legal de los datos ofrecidos.
2
La administración admitió la posibilidad de que el expediente hubiera sufrido modificaciones posteriores a la consulta original, lo que excluye la calificación de solicitud repetitiva según el Criterio 3/2016 del CTBG.
3
El hecho de que el interesado tuviera acceso a la información durante procesos judiciales previos no acredita que se le haya facilitado copia completa de los expedientes administrativos.
4
Se reconoce el derecho del ciudadano a obtener copia de los expedientes solicitados conforme al artículo 24.2.b de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 11/02/2019,
a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 11/02/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución da Dirección
Xeral de Función Pública do 25 de xaneiro de 2019, pola que se resolve a súa solicitude de
acceso á información referente a documentación relativa á amortización do posto de xefe de
sección de asesoramento lingUístico e copia do expediente disciplinaria que se tramitou no
ano 2002
O reclamante indicaba que a documentación solicitada contén aspectos esenciais de dous
procedementos que entende que están vencellados nun acoso laboral.
Por unha parte, solicitou a documentación relativa a un expediente disciplinario que se lle
instruíu e por outra a relativa á amortización dunha praza que ocupaba por concurso de
méritos.
A documentación facilitóuselle por vía xudicial en 2006, polo que considera que 13 anos
despois cualificar de reiteración abusiva a súa solicitude parece totalmente fora da lóxica.
O escrito viña acompañado da contestación ao seu escrito de solicitude pola Dirección Xeral
de Función Pública e copia do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Segundo. Con data do 13 de febreiro de 2019, déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Facenda para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de febreiro de 2019
Terceiro. Con data do 21 de marzo de 2019, a Dirección Xeral de Función Pública remite copia
do expediente e informe no que en síntese manifesta que no seu escrito do 20 de novembro
de 2018 (ao que se lle deu resposta o 29 de xaneiro de 2019), o interesado reitera a solicitude
de documentación de expedientes realizada, entre outros, no seu escrito do 2 de abril de 2018
ao que se lle deu resposta o 16 de abril de 2018) , escritos nos que se xustifica o non acceso á
documentación por considerala reiterativa e abusiva.
Respecto á documentación sobre a amortización do posto de xefatura de sección, tal e como
consta no Antecedente de Feito segundo da Sentenza n º 918/07, do Xulgado Contencioso
Administrativo n º 2 de Santiago de Compostela, o expediente administrativo de referencia xa
foi reclamado á Administración demandada, non constando que se reclamara por parte da
demanda nova ou complementaria documentación non obrante no expediente remitido, polo
que o reclamante obtivo o expediente completo, sen que o expediente solicitado
experimentase ningunha modificación.
Respecto á copia do expediente disciplinaria tramitado no ano 2002 pola Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, no escrito do 16 de abril se indica que se ben dito
expediente non corresponde a esa unidade, tamén resulta aplicable a esta petición a
consideración de petición abusiva, en tanto a resolución do expediente disciplinaria foi
recorrida en vía xudicial na que, como el mesmo recoñece xa tivo acceso ao expediente.
Cuarto. Segundo o acordado na reunión do 29 de marzo de 2019 da Comisión da
Transparencia, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para que,
en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente, sen que se recibise o informe solicitado no prazo conferido.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
'l
:1
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Dirección Xeral de Función Pública resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente con data do 25 de xaneiro de 2018 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o 11 de febreiro de 2019, polo que polo que debe admitirse por estar en
prazo.
Quinto.-Análise do expediente
O interesado solicitou á Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda, que se
lle remitise copia da documentación relativa ao expediente de amortización do posto de xefe
de sección de asesoramento lingOístico e copia da documentación que obre en poder da Xunta
de Galicia do expediente disciplinaria que se lle tramitou no ano 2002.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
\ !{ f;J [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, como cita no seu informe a
Administración, considera que unha solicitude debe inadmitirse por repetitiva ou abusiva si
coincide con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes,
así como nos casos nos que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación
real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento.
No informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública xustificase a denegación do
acceso solicitado por considerar a solicitude abusiva, polo feito de que o interesado tivo
acceso á información como consecuencia dos procedementos administrativos e contencioso
administrativos que en ambos expedientes se seguiron, e que están finalizados.
No informe do Director Xeral de Función Pública do 16 de abril de 2018, que consta no
expediente remitido, e no que se denega o acceso á información, considera reiterativa a
solicitude, "agás que o expediente tivera algunha modificación posterior"; deixa aberta a
posibilidade de que ao expediente se lle engadisen novos documentos con posterioridade á
súa consulta por parte do interesado, co que de acordo co criterio 3/2016 citado, non
estaríamos ante unha solicitude repetitiva.
Por outra banda, consta no informe da Dirección Xeral de Función Pública que o interesado
tivo acceso á información no seu momento, como consecuencia dos procedementos
administrativos e contencioso administrativos tramitados, pero non se acredita que ao
interesado xa se lle facilitase en ningún momento copia completa dos expedientes, que é a
concreta solicitude realizada con data do 21 de novembro de 2018, e que é un dereito que o
artigo 24.2.b da Lei 1/2016 recoñece aos cidadáns.
De acordo co anterior, procede estimar a reclamación presentada, recoñecendo o dereito do
interesado a que a Dirección Xeral de Función Pública e a Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional lle faciliten ao interesado copia dos expedientes
solicitados.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro. Estimar a reclamación presentada por con data 11 de febreiro
de 2019, contra a resolución da Dirección Xeral de Función Pública do 25 de xaneiro de 2019,
pola que se resolve a súa solicitude de acceso á documentación relativa á amortización do
posto de xefe de sección de asesoramento lingUístico e copia do expediente disciplinaria que
se tramitou no ano 2002.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo: Instar á Dirección Xeral de Función Pública e á Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Dirección Xeral de Función Pública e á Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019
Milagres Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia
(+34i 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
i nfo@com isíond atra íl'.,pa renci a. ga ! www.cornisiondatransparencia ga1
O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, como cita no seu informe a
Administración, considera que unha solicitude debe inadmitirse por repetitiva ou abusiva si
coincide con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes,
así como nos casos nos que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación
real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento.
No informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública xustifícase a denegación do
acceso solicitado por considerar a solicitude abusiva, polo feito de que o interesado tivo
acceso á información como consecuencia dos procedementos administrativos e contencioso
administrativos que en ambos expedientes se seguiron, e que están finalizados.
No informe do Director Xeral de Función Pública do 16 de abril de 2018, que consta no
expediente remitido, e no que se denega o acceso á información, considera reiterativa a
solicitude, "agás que o expediente tivera algunha modificación posterior"; deixa aberta a
posibilidade de que ao expediente se lle engadisen novos documentos con posterioridade á
súa consulta por parte do interesado, co que de acordo co criterio 3/2016 citado, non
estaríamos ante unha solicitude repetitiva.
Por outra banda, consta no informe da Dirección Xeral de Función Pública que o interesado
tivo acceso á información no seu momento, como consecuencia dos procedementos
administrativos e contencioso-administrativos tramitados, pero non se acredita que ao
interesado xa se lle facilitase en ningún momento copia completa dos expedientes, que é a
concreta solicitude realizada con data do 21 de novembro de 2018, e que é un dereito que o
artigo 24.2.b da Lei 1/2016 recoñece aos cidadáns.
De acordo co anterior, procede estimar a reclamación presentada, recoñecendo o dereito do
interesado a que a Dirección Xeral de Función Pública e a Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional lle faciliten ao interesado copia dos expedientes
solicitados.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro. Estimar a reclamación presentada por con data 11 de febreiro
de 2019, contra a resolución da Dirección Xeral de Función Pública do 25 de xaneiro de 2019,
pola que se resolve a súa solicitude de acceso á documentación relativa á amortización do
posto de xefe de sección de asesoramento linguístico e copia do expediente disciplinario que
se tramitou no ano 2002.
""'J',
, (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comiiondatranspare-ncia.ga1
Segundo: Instar á Dirección Xeral de Función Pública e á Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Dirección Xeral de Función Pública e á Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
33251717L
Firmado digitalmente
MILAGROS por33251717L
MILAGROS MARIA
MAR 1 A ºTERº OTERO (R: 56500009()
(R: Fecha: 2019.05.07
12:23:27 +02'00'
56500009()
Milagres Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia