Se solicitó al Concello de Santiago de Compostela información sobre el número y precio de tapas de registro de sumideros sustituidas en la rúa dos Basquiños. Tras una desestimación por silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el ciudadano acabó accediendo a la información solicitada.
Puntos clave de la argumentación
1
El transcurso del plazo de un mes sin notificación de resolución expresa implica la desestimación por silencio administrativo según el art. 27.5 de la Ley 1/2016.
2
La resolución presunta por silencio administrativo abre la vía para la interposición de reclamación ante el órgano de transparencia competente.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el art. 20.6 de la Ley 19/2013.
4
Se estima la reclamación por motivos formales al haber accedido finalmente el interesado a la información solicitada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 22 de
Marzo de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 22/03/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello de Santiago de
Compostela, de información sobre o número de tapas de rexistro de sumidoiros se
substituíron na rúa dos Basquiños e o prezo de cada tapa.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude unha vez transcorrido o prazo
dun mes dende a súa presentación.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude ao Concello de Santiago de Compostela
e copia do seu DNI
Segundo. Con data 25 de Marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de abril de 2019
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data 11 de Abril de 2019 o Concello de Santiago de Compostela contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a partir da recepción da solicitude de información o
xefe do servizo de proxectos e obras recabou información para dar resposta a esta solicitude
e con data do 4 de abril de 2019 remitiuse o informe elaborado polo xefe de servizo de
proxectos e obras dando resposta a tódalas cuestións requiridas, e unha vez que se recibe o
escrito de queixa de pola desestimación por silencio da petición de
información remitíuselle de novo o informe do xefe de servizo de proxectos e obras de data
29 de marzo de 2019 ao que se engade informe de data 19 de outubro de 2018 do arquitecto
, que amplía a información proporcionado polo xefe de servizo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
-,
::,
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A solicitude presentouse ante o Concello de Santiago de Compostela con data do 14 de
febreiro de 2019, se n que transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 obtivera
resposta por parte do Concello, polo que presentada a reclamación con data do 22 de marzo
de 2019, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente.
O Concello de Santiago de Compostela no seu informe xurídico asinado polo Técnico de
Administración Xeral, afirma que non se produciu denegación do acceso á información, dado
que se lle deu resposta con data do 4 de abril de 2019, unha vez elaborado o informe polo
Xefe do Servizo de Proxectos e Obras.
Non se pode compartir esa afirmación, por canto de conformidade co disposto no artigo 27.5
da Lei 1/2016, o transcurso do prazo dun mes sen que se notifique ao interesado resolución
expresa sobre a súa solicitude, implica a súa desestimación por silencio administrativo, de
acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas e abre a vía para a interposición de
reclamación contra a resolución presunta, de acordo co que establece o artigo 28 da Lei
1/2016.
Se ben o Concello de Santiago de Compostela resolveu, aínda que fora de prazo, conceder o
acceso á información expresamente, debe lembrárselle que segundo o disposto no artigo 20.6
da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
De acordo co anterior, ao ter acceso o interesado á información solicitada, procede a
estimación, por motivos formais, da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por
con data 22 de marzo de 2019, contra a desestimación inicial por silencio administrativo e
posterior resolución expresa concedendo aceso á súa solicitude ao Concello de Santiago de
Compostela, de información sobre o número de tapas de rexistro de sumidoiros que se
substituíron na rúa dos Basquiños e o prezo de cada tapa.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
33251717L Firmado digitalmente
por33251717L
MILAGROS MILAGROS MARIA
MARIAOTERO Fecha: 2019.05.07
OTERO (R: 56500009()
(R: 56500009C) 12:31:s6 +02·00·
Milagros Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia
¡·
)