El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade datos estadísticos sobre los resultados de un facultativo específico en el tratamiento de fractura de cóndilo mandibular. Tras alegar la administración la inexistencia de los datos y la necesidad de reelaborarlos, la Comisión da Transparencia desestima la reclamación por concurrir una causa de inadmisión.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración no dispone de datos estadísticos individualizados por facultativo, solo de resultados genéricos de los servicios clínicos publicados en su web.
2
Se aplica la causa de inadmisión del art. 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que la obtención de la información requeriría una labor de reelaboración.
3
El derecho de acceso a la información no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe a medida del solicitante.
4
Se descarta el límite del art. 14.1.f) relativo a la igualdad procesal, ya que este se aplica restrictivamente a documentos creados específicamente para un proceso judicial y no a datos estadísticos generales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 4 de marzo
de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 01/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da información solicitada ante a Consellería de Sanidade, referente á
obtención dos datos estatísticos dos resultados do dun determinado facultativo de todo o seu
período traballando no SERGAS, no tratamento quirúrxico da fractura de cóndilo mandibular.
O reclamante indicaba que se lle denegou todo acceso á información requirida.
O escrito viña acompañado de copia a da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 6 de marzo de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de abril de 2019
Terceiro. Con data 14 de maio de 2019 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
¡ [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Neste informe, en resumo, indícase que o reclamante ven presentando desde hai tempo
multitude de escritos relacionados cunha intervención cirúrxica que lle foi practicada no
Hospital da Coruña, que van dirixidos a todas as unidades do SERGAS. No volume de
reclamacións, solicitudes e queixas, por un erro no envío do escrito electrónico, este
traspapelouse sen que fose atopado ata a data.
A solicitude, de atoparse, teríase que inadmitir por canto o Hospital da Coruña, como os
demais do Servizo Galego de Saúde, carece de datos estatísticos dos resultados dos actos
médicos en xeral e dos resultados de cada un dos facultativos en relación a un determinado
acto cirúrxico, en particular. O Hospital da Coruña ten publicados na súa páxina web os
resultados xenéricos das actividades dos servizos clínicos, pero en ningún caso os resultados
da actividade de cada un dos membros do servizo, o que, na práctica, supón ter que reelaborar
a información con resultados totalmente incertos xa que non existe a seguridade de que a
información dispoñible contemple os datos solicitados polo interesado.
Ademais o reclamante na exposición do escrito de solicitude presuntamente entregado, indica
que coñecer os datos estatísticos dos resultados do referido doutor no tratamento da fractura
de cóndilo mandibular, poderíalle ser útil para as reclamacións que poida ter por diante. De
ser así, non podería facilitarse a información posto que dificultaría calquera acción de defensa
xudicial polo Servizo Galego de Saúde, por lo que, nese caso podería existir a causa de
limitación ao acceso establecida no artigo 14.1 f) por canto podería afectar a igualdade das
partes nos procesos xudiciais e a tutela efectiva.
En todo caso, o Servizo Galego de Saúde non dispón da información que solicita o interesado,
polo que, para poder acceder, tería que reelaborarse a mesma, o que daría lugar á existencia
dunha causa de inadmisión establecida no artigo 18. 1 letra c), polo que solicita que se rexeite
a petición de acceso do interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
i );{ i, '! ¡ A Coruña
¡¡
''
H( i ( inío@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia,gal
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
'. ") "; H ,,_· '. ..
, ,
i info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.ga1
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente
polo que polo que, transcorrido o prazo dun mes dende a presentación da solicitude no
rexistro electrónico da Xunta de Galicia (28 de xullo de 2018, segundo figura na copia remitida
polo interesado) débese considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Consellería de Sanidade informa que nin o Hospital da Coruña, nin os demais hospitais do
Servizo Galego de Saúde, teñen datas estatísticos dos resultados dos actos médicos en xeral
nin dos resultados de cada un dos facultativos en relación a un determinado acto cirúrxico en
particular, senón que unicamente teñen datas referentes aos resultados xenéricos da
actividades dos servizos clínicos, que teñen publicados nas súas páxinas web, pero en ningún
caso os resultados da actividade de cada un dos membros do servizo. Alega que para obter os
ditos datas, sería necesario elaborar a información, con resultados totalmente incertos xa que
non existe a seguridade de que a información dispoñible contemple os datas solicitados polo
interesado.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
; (; A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia,gal
O artigo 18.lc) da Lei 19/2013, establece como unha das causas de inadmisión das solicitudes
de acceso á información pública, a necesidade de facer unha labor de reelaboración para a
obtención da información solicitada.
O concepto de reelaboración como causa de inadmisión, pode entenderse aplicable cando a
información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou
entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta,
facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade
careza dos medies técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información
concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
Neste senso, a sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o
dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un
órgano público a instancia dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de
inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e
confección. Por tanto, é indiferente que dita información obre en poder da Administración,
debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non
pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante,
procedendo no presente caso a desestimación da reclamación presentada por esta motivo.
Por outra banda, a Consellería alega que o reclamante indica o seu interese en coñecer os
dates estatísticos dos resultados do citado doutor no tratamento, dado que poderíalle ser útil
para futuras reclamacións. A Consellería considera que non podería facilitarse a información,
posto que dificultaría calquera acción de defensa xudicial polo Servizo Galego de Saúde,
considerando que podería existir a causa de limitación ao acceso establecida no artigo 14.1 f)
por canto podería afectar a igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela efectiva.
Fronte a esta alegación, debe sinalarse que é xeneralizada a interpretación restritiva do límite
establecido no artigo 14.1 f), limitándoo á información que pode prexudicar de forma
constatable á igualdade das partes nun procedemento xudicial, e de aplicación unicamente a
documentos elaborados expresamente con ocasión dun procedemento, circunstancias estas
que non se dan no presente caso.
Este límite, ten como finalidade a de protexer e asegurar a igualdade das partes nos procesos
xudiciais e o bo funcionamento da xustiza, en relación cos procesos xudiciais dos que sexa
parte. Os documentos que non son creades con vistas a procesos xudiciais como tales, non
poden por tanto ser denegados ao amparo deste límite. No presente caso non consta que se
estea a tramitar un procedemento xudicial, senón unicamente o interesado motiva a súa
solicitude na necesidade da información porque podería serlle útil en futuras reclamacións,
polo que, de ter a Consellería de Sanidade a información solicitada, o acceso non estaría
limitado polo motivo establecido no artigo 14.1.f) da Lei 19/2013.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
De acordo co anterior, e dado que a Consellería de Sanidade non dispón da información
solicitada, concorre na solicitude a causa de inadmisión establecida no artigo 18. 1 c), polo
que procede a desestimación da reclamación presentada.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información, polo que debe
lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 1 de abril
de 2019, contra a denegación da información solicitada á Consellería de Sanidade, referente
á obtención dos dates estatísticos dos resultados do , no tratamento quirúrxico da
fractura de cóndilo mandibular.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019.
Milagros Otero Parga
Preside ta da Comisión da Transparencia