El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade el nombre y cargo de la persona que firmó un informe en un expediente de queja ante la Valedora do Pobo. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación considerando que, al ser un relato de hechos asumido por la administración y sin juicios de valor, la identidad del autor carece de relevancia pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La identidad del autor de una nota técnica no tiene incidencia pública cuando el contenido ha sido asumido por el órgano que remite la respuesta al interesado.
2
El derecho de acceso a la información no puede implicar el conocimiento de datos personales que no aporten un valor fundamental para el escrutinio de la acción pública.
3
Al tratarse de un relato de documentación hospitalaria sin juicios de valor, el nombre y cargo del elaborador resultan irrelevantes desde la perspectiva de la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 1 de abril de
2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos
que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 01/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación da súa
solicitude de acceso á información ante Consellería de Sanidade, sobre o nome e cargo da
persoa que asina o informe desa Consellería no expediente de queixa ante a Valedora do Pobo
nº 1.4. 0/19379/18.
O escrito viña acompañado copia da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 3 de abril de 2019, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de abril de 2019.
Terceiro. Con data 20 de maio de 2019 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo
o informe e copia da solicitude do interesado, que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de
Galicia o 31 de xaneiro de 2019.
Neste informe, en resumo, indícase que o reclamante ven presentando desde hai tempo
multitude de escritos relacionados cunha intervención cirúrxica que lle foi practicada. Neste
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
¡' A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
caso, presentou un escrito no que solicita coñecer o nome e cargo da persoa que asina o
informe da Consellería na resposta que se lle da á Valedora do Pobo na queixa 1.4.
Q/19379/18.
No referido expediente, a consellería remitiu ao Valedor do Pobo información elaborada pola
Xerencia de xestión integrada da Coruña, información que non é un informe preceptivo
requerido por unha norma, senón que se trata de información facilitada polo Hospital de
referencia do interesado, que non representa un xuízo técnico nin ten a consideración de
informe de referencia, a afectos de determinar a importancia pública da persoa que asina o
dito documento. Considera que o nome e cargo da persoa que elabora a información carece
de relevancia por canto o contido do documento non ofrece a opinión persoal senón un
resume das actuacións realizadas no hospital en relación co asunto do expediente, e
considera que é de aplicación ao caso a resolución do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno do 15 de febreiro de 2016, que establece que a identidade do autor dunha nota
técnica non ten ningunha incidencia pública desde o momento en que o contido da mesma
foi asumido polo órgano que remitiu a resposta ao interesado, polo que a identidade do autor
inicial da información carece de relevancia.
O contido da información remitida ao Valedor do Pobo procede da documentación existente
no Hospital da Coruña, estando baseada unicamente nos datas da histeria clínica e dos
escritos presentados polo interesado que superan os 200, sen que teña outra consecuencia
que o relato de feitos baseado en documentos, polo que considera que debe rexeitarse a
reclamación presentada polo interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
iní[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
(+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente
polo que polo que débese considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente.
O artigo 15 da Lei 19/2013, establece que cando a información solicitada non conteña datos
especialmente protexidos (ideoloxía, afiliación sindical, orixe racial, vida sexual etc.. ) o órgano
ao que se dirixa a solicitude concederá o acceso, previa ponderación suficientemente razoada
do interese público na divulgación da información e os dereitos dos afectados cuxos datos
aparezan na información solicitada, en particular o seu dereito fundamental á protección de
datos de carácter persoal, debendo ter en conta o menor prexuízo dos dereitos dos afectados
no caso de que os documentos unicamente contivesen datos de carácter meramente
identificativos daqueles.
Neste punto, débese lembrar que o dereito de acceso á información, tal e como se menciona
no preámbulo da Lei, debe permitir o escrutinio da acción pública, pero o obxecto da mesma
non pode ser, en ningún caso, o coñecemento de información de carácter persoal que non
achegue un valor fundamental para realizar o devandito escrutinio e que, pola contra, poida
supoñer un prexuízo no dereito á protección dos datos persoais e poida causar prexuízos,
neste caso a persoal ao servizo da Consellería de Sanidade.
De acordo co informe remitido pola Consellería de Sanidade, e dado que a información
contida no informe é un relato da documentación que consta no hospital na que non existen
xuízos de valor e que é información asumida pola Consellería, é irrelevante desde o punto de
vista de información pública o nome e cargo da persoa que elaborou a dita información, polo
que de acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información do , polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
-i info@cornisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia ga1
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 1 de abril
de 2019, contra a denegación da desestimación da súa solicitude de acceso á información ante
Consellería de Sanidade, sobre o nome e cargo da persoa que asina o informe desa Consellería
no expediente de queixa ante a Valedora do Pobo n º 1.4. 0/19379/18.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019.
Milagros Otero Parga
Preside ta da Comisión da Transparencia