El ciudadano solicitó a la Consellería de Educación de Galicia los expedientes de aumento de ratio en centros educativos de Lugo. Tras una denegación presunta y posterior expresa, la Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque la información contiene datos personales de menores que no pueden anonimizarse sin comprometer su intimidad.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración argumentó que los expedientes se basan en valoraciones de circunstancias personales excepcionales de menores, lo que hace que sean fácilmente identificables incluso eliminando nombres y apellidos.
2
El derecho de acceso a la información no permite el conocimiento de datos personales que no aporten un valor fundamental para el escrutinio público y puedan perjudicar la intimidad personal y familiar.
3
Se considera que la administración realizó una ponderación adecuada al facilitar datos estadísticos de matriculación para compatibilizar el interés del solicitante con la confidencialidad de los menores.
4
La resolución de la Consellería se ajusta a lo dispuesto en el artículo 15.3.d) de la Ley 19/2013 respecto a la protección de datos personales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao
amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito que tivo entrada
no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de abril de 2019, a Comisión da Transparencia,
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 2 de abril de 2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a denegación, por
silencio administrativo, da súa solicitude de acceso ós expedientes sobre aumento de ratio en
educación infantil e primaria concedidas pola Xefatura Territorial de Educación en Lugo
durante os últimos 4 anos nos centros Josefinas, Maristas Franciscanos, María Auxiliadora, La
Milagrosa, Aneja e Rosalía de Castro.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, copia do seu DNI e copia do DNI de
.
Segundo. Con data 3 de abril de 2019, déuselle traslado da documentación presentada polo
reclamante á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de abril de 2019.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data do 3 de maio de 2019, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo copia
do expediente co seu correspondente informe no que, en síntese, a Secretaría Xeral Técnica
da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional manifesta o seguinte:
Como se indica na resolución que se remitiu ao interesado (resolución do 3 de abril de 2019,
posta a disposición do interesado o 5 de abril en Notifica.gal), a normativa educativa que
regula a materia é a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento
para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que
º
impartan ensinanzas de 2 ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación
secundaria obrigatoria e de bacharelato, que regula o procedemento de escolarización do
alumnado de xeito extraordinario atendendo a diversas circunstancias excepcionais.
O acceso aos expedientes de aumento de ratio non pode realizarse deixando a salvo os datos
persoais dos afectados, xa que todo o expediente ten como fundamento a valoración das
circunstancias persoais das persoas afectadas que fan preciso ou xustifican o aumento de
ratio, tendo sempre presente que son datos que afectan a menores. Os expedientes de
escolarización extraordinaria que conlevan un aumento de ratio implican a incorporación dun
alumno ou dunha alumna a un centro educativo fora do período ordinario, xa que se dan
circunstancias excepcionais polo que son facilmente identificables; aínda que se poida
eliminar o nome e apelidos da persoa afectada do expediente, se só un alumno ou alumna se
incorporou a metade de curso a un centro educativo, resulta claramente identificable que
todos os datos persoais reflectidos no expediente se corresponden co dito alumno ou alumna.
Polo tanto, a Consellería facilitou ao interesado os datos estatísticos de alumnado
matriculado, coa finalidade de intentar consensuar o interese de en
coñecer a información, cos dereitos das demais persoas interesadas, en concreto co respecto
á confidencialidade dos datas persoais dos menores implicados nos ditos expedientes de
aumento de ratio.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
; [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
No presente caso, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional resolveu
a solicitude de acceso á información expresamente o 3 de abril de 2019, transcorrido o prazo
dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, e dado que a reclamación presentouse o
día 2 de abril de 2019, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O interesado presentou a súa reclamación contra a denegación por silencio administrativo,
unha vez transcorrido o prazo dun mes que a Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional tiña para resolver a súa solicitude de acceso á información. A
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional resolveu fora do prazo
legalmente previsto, conceder o acceso aos datos de escolarización dos centros solicitados e
denegando o acceso aos expedientes de aumento de ratio, xustificando esa denegación na
garantía da confidencialidade dos dereitos dos alumnos por canto os datos que figuran nos
expedientes poden afectar á súa seguridade ou intimidade, e se refiren a menores de idade.
A Consellería xustifica na resolución que se remitiu ao interesado e no informe remitido a esta
Comisión, que os procedementos de escolarización do alumnado de xeito extraordinario ao
ter como orixe a existencia de circunstancias excepcionais e por tanto, ter o expediente como
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
iní[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
fundamento a valoración das circunstancias persoais das familias e alumnos afectados, que
fan preciso ou xustifican o aumento de ratio, tendo sempre presente que son datos que
afectan a menores, non é posible eliminar os datos identificativos dos alumnos sen que se
poidan facilmente identificar, dado que se refiren a alumnos que se incorporan a un centro
educativo fora do período ordinario, polo que resultan claramente identificables aínda que se
elimine o seu nome e apelidos.
Neste punto, débese lembrar que o dereito de acceso á información, tal e como se menciona
no preámbulo da Lei, debe permitir o escrutinio da acción pública, pero o obxecto da mesma
non pode ser, en ningún caso, o coñecemento de información de carácter persoal que non
achegue un valor fundamental para realizar o devandito escrutinio e que, pola contra, poida
supoñer un prexuízo no dereito á protección dos datos persoais e entre na esfera da
intimidade persoal e familiar das persoas afectadas.
A Consellería facilitou ao interesado os datos estatísticos de alumnado matriculado, coa
finalidade de facer compatible o interese do solicitante en coñecer a información, cos dereitos
dos alumnos e as súas familias, en concreto co respecto á confidencialidade dos datos persoais
dos menores implicados nos ditos expedientes de aumento de ratio.
Considerase que a ponderación realizada pola Consellería, entre o interese público na
divulgación da información e os dereitos dos afectados, neste caso os alumnos e as súas
familias, é adecuada, no senso de protexer datos que poidan afectar á intimidade ou
seguridade dos menores e as súas familias, compatibilizándoo co acceso á información
mediante acceso aos datos de escolarización nos centros solicitados, e é por tanto conforme
co disposto no artigo 15.3.d) da Lei 19/2013, polo que procede a desestimación da
reclamación presentada, ao ser a resolución da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional, aínda que ditada fora de prazo, conforme co disposto na normativa en
materia de Transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por , contra a
desestimación presunta inicialmente e resolución expresa posteriormente, da súa solicitude
de acceso aos expedientes sobre aumento de ratio en educación infantil e primaria
concedidos pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional nos últimos catro anos.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019.
Milagr s Otero Parga
Presid nta da Comisión da Transparencia
(,