Una ciudadana solicitó al Concello de Boiro copia íntegra del expediente de urbanismo 2532/2018 y de la junta XGL 20/11/2018. Ante la ausencia de respuesta expresa por parte del Ayuntamiento, la Comisión da Transparencia estima la reclamación debido al silencio administrativo y a la falta de resolución de la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso a un expediente de urbanismo y actas de junta constituye información pública accesible según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave para los responsables según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
3
La administración reclamada tiene la obligación legal de facilitar a la Comisión la información solicitada para el cumplimiento de sus funciones según el artículo 35 de la Ley 1/2016.
Texto completo
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga l
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
ACoru,ia
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O Concello de Boiro non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente polo que
polo que debemos considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.-Análise do expediente
A Sra. solicitou do Concello de Boiro o acceso a unha documentación que debemos
considerar como información pública, xa que se trata de acceso e copia íntegra do expediente
de urbanismo 2532/2018 e da xunta XGL 20/11/2018 sobre esa licencia urbanística, e ao que,
de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, o interesado ten dereito de acceso.
O Concello de Boiro non resolveu a solicitude de acceso á información da Sra , polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Boiro non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por Dna. con data 3
de abril de 2019, contra a denegación da súa e solicitude de acceso e obtención de copia
íntegra do expediente de urbanismo 2532/2018 e da xunta XGL 20/11/2018 sobre esa licencia
urbanística.
Segundo: Instar a Concello de Boiro a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Boiro a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
,,,
,, '
/ A Coruña
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Milagr s Otero Parga
Presid nta da Comisión da Transparencia