El ciudadano solicitó a Augas de Galicia copia de las actuaciones derivadas de una denuncia sobre obras en zona de dominio público hidráulico. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación al considerar que se trata de información pública a la que el interesado tiene derecho de acceso.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada es considerada información pública al consistir en actuaciones administrativas derivadas de una denuncia sobre el uso del dominio público hidráulico.
2
Se determina que la reclamación fue interpuesta en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Bo Goberno.
3
La Comisión subraya que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de abril
de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 05/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante Augas de Galicia, de copia das
actuacións realizadas pola entidade ante a denuncia presentada con data do 25 de febreiro
de 2015 polo interesado ao servizo Territorial de Galicia-Centro, sobre as actuacións realizadas
no lugar de Calvoso-Chavin (Viveiro-Lugo) por la mercanti en zona
de dominio público hidráulico (zona de polida e zona de servidume), consistentes en desvío
de canle de auga, en forma de escollera e con carácter definitivo, cando a solicitude inicial era
un desvío provisional, construción de edificacións e instalación de carpas sen respectar as
distancias de dominio público hidráulico.
O escrito viña acompañado da súa solicitude e copia do DNI.
Segundo. Con data do 8 de abril de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral de Augas de Galicia para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comisiondatransparencia ga1 www.comisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de abril de 2019, sen que se remitirse a
copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
¡¡( ' [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga!
A entidade Augas de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente
polo que polo que debemos considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O Sr. solicitou do Organismo Augas de Galicia o acceso a unha documentación que
debemos considerar como información pública, xa que se trata de acceso a copia das
actuacións realizadas pola entidade ante a denuncia presentada con data do 25 de febreiro
de 2015 polo interesado ao servizo Territorial de Galicia Centro, sobre as'actuacións realizadas
no lugar de Calvoso Chavin (Viveiro Lugo) por la mercantil en zona
de dominio público hidráulico (zona de polida e zona de servidume), consistentes en desvío
de canle de auga, en forma de escollera e con carácter definitivo, cando a solicitude inicial era
un desvío provisional, construción de edificacións e instalación de carpas sen respectar as
distancias de dominio público hidráulico , e á que, de conformidade co disposto no artigo 24
da Lei 1/2016, o interesado ten dereito de acceso.
A Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á
información do Sr. , polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo
20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, Augas de Galicia non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. con data 5 de abril
de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á
información ante a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia de copia das actuacións
realizadas pola entidade ante a denuncia presentada con data do 25 de febreiro de 2015 polo
interesado ao servizo Territorial de Galicia-Centro, sobre as actuacións realizadas no lugar de
Calvoso-Chavin {Viveiro-Lugo) por la mercantil en zona de dominio
público hidráulico (zona de polida e zona de servidume), consistentes en desvío de canle de
auga, en forma de escollera e con carácter definitivo, cando a solicitude inicial era un desvío
provisional, construción de edificacións e instalación de carpas sen respectar as distancias de
dominio público hidráulico
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
\{!
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Segundo: Instar á Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Mila ros Otero Parga
Pre 1denta da Comisión da Transparencia